Fase de Ascenso a 1ª: O Sofán arrinca con forza
Ambientazo no Carral para que á SD Sofán afrontase este partido importantísimo de cara ao ascenso á 1ª Autonómica. Arrinca así unha longa fase de 6 semanas, con 4 partidos a vida ou morte.
O encontro non foi tan fácil como o reflexa o resultado final, xa que o conxunto vermello sufriu e moito para abrir o marcador ante un Sálvora, que na primeira metade se adicou a interrumpir o xogo de maneira fea e moi brusca, debido á permisividade do colexiado, en lugar de xogar ao fútbol.
Sofán - Sálvora (4-0)
- SOFÁN: Lerma, Cantudo (Rubén, min.73), Javi, Diego, Pablo, Míchel, Leilán, Martín (Jorge Calvete, min.77), Raúl, Iván Rey (Bertín, min.68) e Iván Rojo.
- SÁLVORA: Javi (Juan, min.64), Damián, Cristian, Héctor, Pardevila, Álvaro (Graña, min.76), Siño, Ramón (Isidro, min.62), Fernando, Vicente (Vidal, min.73) e Alberto.
- Goles: 1-0, min.43: Iván Rojo; 2-0, min.57: Raúl; 3-0, min.84: Raúl; 4-0, min.89: Bertín.
- Expulsión: O adestrador do Sálvora, Jesús Paz, no minuto 58 con cartón vermello directo.
- Campo: O Carral (Sofán), ao que asisitiron uns 300 espectadores aproximadamente.
Na primeira metade veríamos demasiadas entradas feas por parte dos xogadores riveirenses aos sofanistas, algunhas delas con intención de facer dano e nas que o árbitro do partido nin se molestou en sacar un só cartón. En canto ao futbolístico, teríamos que esperar ata o minuto 26 para ver a primeira ocasión de gol do Sofán e tería a Leilán como protagonista, pero o potente disparo deste vaise fóra. Respostaría o Sálvora un minuto despois, pero a volea de Fernando blócao Lerma sen dificultades. Máis tarde, Álvaro quixo sorprender ao porteiro local cun disparo lonxano, pero este envía o balón a córner cunha gran estirada. A falta de catro minutos para chegar ao descanso, chegaría a xogada polémica do partido logo dunha internada de Iván Rey por banda, este pon o centro e Iván Rojo empalma a volea que para un defensa coas mans e inexplicablemente o colexiado que estaba moi cerca da xogada non asubía a pena máxima. Pero dous minutos despois, o dianteiro local, resarciríase da xogada abrindo o marcador despois de aproveitar un rexeite de Javi tras un lanzamento de Raúl. Antes do pitido do colexiado, Leilán estrelaría unha falta no longueiro da portería do Sálvora.
Á volta do tempo de lecer, o equipo riveirense baixaría o listón tanto físicamente como nas interrupcións de xogo e as ocasións do Sofán comezarían a chegar e con elas, os goles. Comezaría avisando Diego cun lanzamento de falta que rexeita o porteiro visitante, Javi, con moitas dificultades. Logo sería Javi o que estrelaría un balón no longueiro ao cabecear un saque de banda que Leilán colga á área. E un minuto despois, tras outro saque de banda de Leilán, Raúl fai o segundo aproveitando un erro de Javi ao blocar o balón. A falta de vinte minutos para o final, o Sálvora puido recortar distanzas pero Lerma envía a córner con dificultades o cabezazo de Vicente logo de rematar o centro de Fernando. E sería nos seis últimos minutos cando chegaría a sentenza e a goleada, no 84, Raúl marca a pracer logo de que o balón se pasease por toda a área tras un córner botado por Iván Rojo. Dous minutos despois, Pablo erra no seu remate cando xa se cantaba o cuarto no Carral, pero finalmente sería Bertín o que faría o definitivo 4 a 0 ao rematar unha falta sacada por Leilán. E antes do remate, o propio Leilán puido facer o quinto pero Juan evítao cunha gran intervención.
Máis información
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Resultados e crónica dunha nova fin de semana de Fútbol costeiro.
- Fases de Ascenso Base: O XSC, o único que avanza firme cara a Liga Galega.
Artigos relacionados
- O Sofán xa ten rivais para a Fase de Ascenso á 1ª.
- Xa temos os cadros das Fases de Promoción ás Ligas Galegas Inf., Cad. e Xuv..
- A gran festa do ascenso do Seaia viviuse en autobús.
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC ([email protected]).