Venres. 18.10.2019
El tiempo

Fases Xuvenís: Todos pendentes da finalísima entre Cee e Baio

Fases Xuvenís: Todos pendentes da finalísima entre Cee e Baio

O sábado o #futboldacosta vivirá a súa particular final xuvenil. I é que a categoría non pode ter unha final en condicións por mor das complexas competicións desta tempada. E curiosamente o mellor equipo da Liga non a xogará, o Malpica que con 51 puntos foi o Campión da Liga Norte.
I é que esta "final" é o último partida da Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Co Malpica xa clasificado matematicamente, e o Dumbría B fóra, Baio e Cee xogaranse o todo polo todo a unha soa carta no San Pedro de Refoxos, se ben o empate sérvelle en todo caso ao Baio.
E todo trala gran vitoria do Baio ao líder, o Malpica, e a abultada vitoria do Cee en Vimianzo.

I é que tralo empate entre ambos na ida, en caso de empate e sempre que non perda o Malpica, clasificaríase o Baio por golaverage xeral. Pero sí o Dumbría B gaña ao Malpica, e Baio e Cee empatan, quedaría o alto da táboa en triple empate.
Nese caso habería que mirar os puntos nos enfrontamentos entre os tres equipos implicados. Desta maneira o Malpica tería 6 puntos, mentres que Cee e Baio terían cinco puntos cada un. Para desfacer este empate hai que mirar o golaverage dos enfrontamentos entre os tres implicados e neste caso, por un gol, o Baio sería segundo e o Cee quedaría fóra dos postos de promoción.

Na Copa, o Mazaricos sorprendeu a todo un Cabana e se mete cunha seria vantaxe de cara á volta destas semifinais. Polo outro lado, Ponteceso e Zas, con dous claros e enfrontados tipos de xogos, demostráronse un tremendo respeto mantendo o 0-0 inicial.

E antes das crónicas, deixamos constancia das homenaxes que xa rinden os seus siareiros ao CD Baio, i é que faga o que faga o sábado a tempada que están a realizar os de Nacho é encomiable.

Baio - Malpica (4-0)

  • BAIO: Guillermo; (Pollo, min.46), Maikel, Pablo (Cachopo, min.56), Pardo, David (Valentín, min.85), Fachal, Rubio, Cristian, Iago (Silvariño, min.87), Bieito, Lucas (Vereda, min.80).
  • MALPICA: Jesús; Víctor Novo, Jorge (Adra, min.46), Pereira, Pepis, Joro (Diego, min.70), Juny (Almeida, min.59), Eme, Martín Maradona (Luísma, min.64), Martín Uruguaio, Camilo (Quintas, min.79).
  • Goles: 1-0, min.25: Cristian tras revolverse dentro da área e chutar a media altura; 2-0, min.55: Cristian aproveita un despexe que o deixa só diante de Jesús; 3-0, min.65: David de cabeza a un córner de Rubio; 4-0, min.87: Cachopo de cabeza nun novo córner.
  • Lesión: o baiés David cunha leve torcedura no nocello.

Partidazo nun Platas Reinoso cunha gran entrada e co céspede feito unha piscina tralas constantes chuvias. E o cadro local adaptouse mellor ás inclemencias, malia que non era o máis axeitado para o seu xogo combinativo. Así e todo propinou unha contundente vitoria (a 3ª derrota do Malpica non que vai de temporada) que os coloca moi preto da Fase de Ascenso.

Saíu a por todo o Baio e comeu ao potente Malpica. Embotellounos no primeiro tercio de partido e se puxo por diante no ecuador da primeira parte. Antes xa avisaron os Cristian e Bieito con varios avisos. Remaban mal as cousas para o lider, que non soubo repoñerse, e só a balón parado fixeron dano. Curiosamente a sentencia chegaba na segunda metade, con dous goles a balón parado, logo de que Cristian anotase o seu segundo aproveitando un despexe da defensa que o deixaba só para remachar.
Importantísima, como vén sendo habitual nas últimas xornadas, a actuación do cadete baiés, que marcaba os dous primeiros tantos e daba moito xogo.

Así, todo queda para o choque do San Pedro de Refoxos, choque para o que Nacho poderá contar con todos os seus homes.

Soneira - Cee (0-8)

  • SONEIRA: Juan, Rubén (Kevin, min.55), Curra, Pichon, Héctor, Capote, Figueroa, Cachi (Rodrigo, min.65), Canosa (Toja, min.60), Richi, Picachu (Efrein, min.70).
  • CEE: Iván, José Ramón (Raper, min.55), Aitor (Lamela, min.46), Tonecho (Martín, min.70), Jesús, Tebo, Sergio, Carlos (Abraham, min.50), Uri (Rubén, min.80), Chiru, Pablo.
  • Goles: 0-1, min.3: Sergiño; 0-2, min.10: Chiru; 0-3, min.20: Carlos; 0-4, min.30: Pablo; 0-5, min.35: Uri de penalti; 0-6, min.40: Chiru; 0-7, min.55: Pablo; 0-8, min.70: Pablo.

Partido sen tensión, cun Cee que saíu a sentenciar rápido, e así o fixo. O Soneira respondeu con par de ocasións ao principio pero a partir do terceiro gol visitante xa baixou os brazos. 6 caeron na primeira metade e na segunda o Cee levantou o pedal.

Así José Carlos xa prepara o choque do sábado, para o que só conta coa dúbida de Rubén, que tivo un corte e pode que non estea para xogar de partida.

Dumbría B - Corcubión (5-2)

  • DUMBRIA B: Santi, José, Roberto, Denís, Toja, Pereira, Josiño (Samuel), Yerai, Adrián, Kevin (Maikel), Rodrigo.
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Chema (David de Rama, min,46), Antonio, Pablo, Adrián, Iván, Sergio, Gabriel, Javi (Mario, min.60), Adri, Lema.
  • Goles: Rodrigo (3), Josiño e Yerai para os dumbrieses; e Lema e David de Rama para os corcubioneses.

Partido máis igualado do que sinala o marcador no que os corcubioneses volveron protestar unha mala actuación arbitral. Comezaba pegando o Dumbría pero pronto respondía o Corcubion. No segundo e terceiro tantos locais chegaron as protestas visitantes por supostos foras de xogo, e ademais pediron un penalti.

Chegouse co 3-1 ao descanso e o 4º dos locais foi letal. A partir de aí os corcubioneses se viñeron abaixo e aínda puido caer algún máis.

Con todo, a vitoria non lle serviu ao Dumbría B para nada tralas vitorias do Cee e do Baio. Terá que esperar un ano máis o cadro dumbriés para conseguir meter un equipo na Liga Galega Xuvenil, unha das bases que se prantexaron hai un par de anos cando comezaron este novo proxecto, pero o Corme do ano pasado e estes Malpica, Cee e Baio tiraron abaixo un ano as intencións dumbriesas.

Mazaricos - Cabana (4-2)

  • MAZARICOS: Rubén, Fran, Mipadre, Oreiro, Javier (José, min.85), Cristian (Alberto, min.60), Ferreiro, Mario, Carreira (Alex, min.80), Sandelo, Molinos.
  • CABANA: Sergio, Ismael Pazos (Alex García), Francés (Miki Pose), Alex Mato, Dani Mato, Laik, Alessandro (Lu), Pablo, Román (Redondo), Moreno, Iván.
  • Goles: 1-0, min.5: Ferreiro; 1-1, min.7: en propia meta tras unha falta de Moreno: 2-1, min.16: Molinos dende moi lonxe; 3-1, min.28: Fran; 4-1, min.70: Mario; 4-2, min.83: Iván Mato.

Partidazo de máis intensidade e nerviosismo que xogo. O Mazaricos tivo algo máis de posesión, e foi superior ao cadro cabanés en gañas, que non tanto en xogo. I é que o Cabana se presentaba como favorito, pero o Mazaricos estivo máis metido no partido e aproveitou as súas ocasións con maior eficacia, se ben o resultado pode que sexa demasiado abultado.

Foi un comezo tolo, con gol do Mazaricos, resposta rápida do Cabana, e un novo tanto dos locais. O Cabana tivo boas opcións aí para poñerse por diante, como dúas de Pablo ou unha de Román diante do porteiro Rubén. Pero fallou arriba, e fallou atrás permitindo que os de Brais e Kevin se meteran cun claro 3-1 antes do descanso.

Á volta do descanso o cadro local se meteu con 4-1 e controlou algo máis o balón, pero non sentenciou cando puido e o Cabana asinou un tanto contra o final que deixa a eliminatoria aberta.

Deste xeito, a volta será un partidazo nas Redondas cun Mazaricos que tentantará contemporizar e un Cabana que na súa casa sairá a por todas, como nos aseguraba Carracedo.

Ponteceso - Zas (0-0)

  • PONTECESO: Xurxo, Dani, Fabián, Guille (Eloy Álvarez, min.55), Jorge, Dani Cotelo, Alberto Recarey, Puente, Borja, Iago (Cristian, min.10) (Eloy Campo, min.65), Lorenzo.
  • ZAS: Tívoli, Gonchi, Amado, Ramón, Quintáns, Óliver, Adrián, Ismael, Kevin, Rony (Iago, min.60), Víctor (Busto, min.65).
  • Expulsión: O zaense Kevin (min.84)
  • Lesión: O pontecesán Iago cun golpe tras unha entrada aos 10 minutos; e Eloy Álvarez.

Partido moi igualado, intenso con moito respeto entre dous xogos moi diferenciados, pero moi parellos. O Ponteceso de Mato sempre intentando saír tocando, ante un Zas de Corredoira máis forte, aguerrido e veterán, que non permitiu nin un oco e asfixiou aos pontecesáns, que acabaron tendo que sacrificar a saída do balón para reforzar a liña traseira. I é que os zaenses sacaron perigosas contras na primeira metade tras varios roubos no medio campo que puxeron en perigo a eliminatoria.
Así, a segunda metade transcorreu igual de intensa, pero sen apenas ocasións de gol.

Todo que para o sábado ás 12:00h en San Andrés.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios