Sábado. 26.09.2020
El tiempo

Fases Xuvenís: Xornada final non apta para cardiacos

Fases Xuvenís: Xornada final non apta para cardiacos

Xornada de infarto a vivida o sábado, que deixa ao Baio como campión da Liga, ao Malpica como 2º tamén na Fase de Ascenso á Liga Galega, e aos Zas e Cabana como finalistas da Copa da Costa. 4 equipos do norte comandando ambas competicións.

E repasando os partidos, foron 4, dos 6 disputados, os que se decidiron co tempo cumplido. Os da Copa foron verdadeiros partidos de copa, con idas e voltas no marcador nos últimos segundos. En Malpica o cadro que mellor estaba fixo quedou ás portas do título con dous nos minutos finais do Dumbría B. E que dicir do choque de San Pedro de Refoxos, a esperada finalísima da Liga, onde o cadro ceense marchaba con todo de cara, 2-0 a falta de 20 minutos, e veía como o Baio remontaba.
E houbo polémica ademais, e Malpica, Mazaricos, e o propio Cee protestaron as actuacións arbitrais por consideralas claves para as súas derrotas.

A semana que vén será a ida da Final da Copa e tamén comeza a Fase de Ascenso, unha vez que esta mesma tarde se celebra o sorteo para escoller aos equipos cos que se enfrontarán. Serán dúas eliminatorias as que terán que superar Baio e Malpica para ascender.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 14

Cee - Baio (2-3)

  • CEE: Iván, José Ramón (Cibrán, min.80), Aitor (Rubén, min.88), Iago (Martín, min.65), Tonecho (Jesús, min..75), Sergiño, Tebo, Carlos, Uri (Pablo, min.60), Lamela, Chiru.
  • BAIO: Guillermo (Poyo, min.46), Maikel, Pardo, Iago, Pablo, Lucas, Fachal, David (Vereda, min.60), Iván, Bieito, Cristian.
  • Goles: 1-0, min.20: Carlos; 2-0, min.55: Sergiño tras unha boa combinación con Carlos; 2-1, min.70: Rubio de penalti; 2-2, min.75: Cristian; 2-3, min.89: Fachal.
  • Lesión: Os ceenses Martín e Aitor.

Era o partido do ano e non defraudou. Cun gran ambiente no San Pedro de Refoxos, Cee e Baio xogábanse máis que estar na Fase de Ascenso á Liga Galega. A presión facía mella nos dous equipos, pero se cadra os novos xogadores ceenses acusaron máis a falta de experiencia e estiveron demasiado atenazados, con moita tensión, ao longo do encontro.
E a pagaron, pois tras ir case que unha hora por diante, e ter na man o ascenso, e mesmo o título de Liga, os de Jose Carlos viron como en 5 minutos o Baio lle daba a volta ao marcador.
Quedou todo o U.C. Cee moi doído, enfadado coa actitude arbitral, e tremendamente triste.

No deportivo o Baio foi superior en xogo, se ben o Cee maniatou ben ás armas baiesas durante 70 minutos e non permitiu que Iván tivese que intervir demasiado. O Baio de Nacho tocaba e o Cee de José Carlos agardaba e saía con moito perigo á contra. O dominio era visitante, pero os dous primeiros goles chegaron para o bando local.

Dous goles era unha gran renda para os ceenses, un equipo que marca pouco, pero que tamén recibe pouco, polo que a bancada frotábase ás mans co pase na man. O Baio intentábao, xogaba mellor, pero non chegaba con claridade á meta ceense.

E cando faltaban 20 minutos, un penalti por unha forte carga, e que transformaba Rubio, daba ás ao cadro visitante. Ademais, co 2-1 os ceenses protestaron tamén un posible penalti por agarrón a Pablo que o colexiado non viu. Foron 2 decisións arbitrais claves para o desenvolvemento do partido, e da Liga, moi protestadas polos locais.

Esas dúas xogadas despistaron aos ceenses que deixaron só ao cadete Cristian, que non marrou ante Iván e facía un 2-2 que xa dab ao pase ao Baio. Non se rexupo o Cee, e xa co tempo cumplido chegou unha nova xogada polémica. O gol do empate chegaba con todos os xogadores parados por unha lesión de Aitor. Cristian ía polo balón cando este marchaba cara a banda enviado polo meta ceense, cedía para Fachal, e co Cee paralizado e colexiado sen parar o partido, este anotou o definito 2-3 ante a incredulidade das bancadas locais. Un gol que non valía e que tamén fixo mella no propio xogador baiés que, a pesar da vitoria, quedou abatido. Iso si, o Cee fixera o propio na primeira metade, pero os baieses recoñecen que anotar ese gol non estivo ben.

Queda pois o Cee moi doído, que se ben felicitan ao Baio polo seu xogo e polo seu título, marcha moi descontento pola actuación arbitral. Así o Cee fica cos xogadores abatidos e cun José Carlos que non sabe que facer do seu futuro. Ten enriba da mesa unha oferta para coller ao equipo da Liga da Costa , pero aínda non está seguro.
Polo bando baiés, os

Camariñas - Soneira (2-3)

  • CAMARIÑAS: Álvaro; Juanchi (Carlos, min.46), Caamaño, Martín (Andrés, min.60), Santi, Gatusso, Saviola, Javi (Fran, min.75), José Carlos (Manuel, min.15), Nazo e Yuyo.
  • SONEIRA: Víctor; Pichurri, Héctor, Pichón, Curra, Cristian Cereixo, Kevin, Cristian Figueroa, Cachi, Richi e Toja (Efra, min.75).
  • Goles: 0-1, min.30: Cachi; 1-1, min.60: Yuyo; 1-2, min.70: Richi.
Último partido da tempada para dous conxuntos que parece que foron de máis a menos no devir do ano. En canto o encontro, o Soneira mereceu máis ante un Camariñas demasiado desmotivado. O conxunto vimiancés tentou xogar en todo momento un fútbol de toque, que tivo primeiro a media hora de xogo cando conseguen adiantarse no marcador. Na segunda metade melloraron os camariñáns e empataron tras un golazo de Yuyo. Pouco despós tivo unha ocasión moi clara Saviola que incombresiblemente daba no pau, e cando o Camariñas mellor estaba no campo unha contra perfectamente materializada por Richi, o mellor do campo, poñía o definitivo 1 a 2 co que remataría o encontro.

Corcubión - Santa Comba (3-2)

  • CORCUBIÓN: Abe (Martín, min.70), Adrian, Gabi, Pablo, Iván, Sergio, Mario (Iago, min.45), Javi (David, min.57), Lema, Manu, Adri.
  • SANTA COMBA: Álvaro, Christian, Jose M, Yordi, Marcos (Iván Couto min.53), Javier, Jose M Suárez, Diego, Styven, Iván Pastoriza, Luis.
  • Goles: 1-0, min.29: Adri: 1-1, min.46: Javier; 1-2min.48: Cristian; 2-2, min.79: Adri; 3-2, min.85: Manu.

Comezou o derradeiro partido desta liguilla no Novo Cubeleiro cun espléndido día de calor. As primeiras ocasións non tardaron en chegar, incluso unha moi clara de Adri que solo ante o porteiro manda o pau. Pero despois de ocasións de ambos equipos chegaría o primer gol, un balón en largo de Sergio a espalda da defensa o collería Adri que, desta vez si, marcaría no 1 para 1. Nos últimos minutos da primeira metade, os 2 equipos pesían sendos penaltis nas diferentes áreas.

Comezou moi forte esta segunda metade, o Santa Comba en 3 minutiños adiantábase no marcador con xogadas embarulladas dentro da área por parte de Javier e Christian. Costoulle o Corcubión entrar no encontro e non foi ata os intantes finales demostrando a forte pegada que ten con tantas ocasións pero que lle falta definir. Outro balón ás costas da defensa deixa a Adri so ante o porteiro e volvería facer o seu segundo gol, un Adri que empezou frouxo tras un ano parado por unha lesión na sua rodilla pero que colleu confianza e está a marcar últimamente en tódolos encontros. Quedaban 5 minutos para o final e a pillería de Adri e Manu foi o detonante do 3-2 final, nun corner sacado moi rápido Manu encara hacia a porteria e de tiro cruzado bate o porteiro.

Acabou este Corcubión que chegaba tras 2 renuncias a esta fase e que mellorou moito, gañándolle a equipos teóricamente superiores. Tanto foi esta bo final que a maior parte dos xogadores chegaron a ser convocados nun encontro co primeiro equipo cando se xogaba o descenso, mesmo algún xogador como Lema ía a todos os partidos dos dous equipos tendo que xogar o sábado cos xuvenís e o domingo de titular cos maiores sen descansar nin un segundo.

Unha vez finalizada a tempada, a directiva premiou cunha cea os rapaces (como fixera co primer equipo unha vez acadada a salvación) para agradecerlles todo o que fan polo equipo que moitos dos xogadores non son do mesmo pobo, senón que teñen que desprazarse todas as semanas dende localidades como Fisterra, Muxía e ata Carnota.

Malpica - Dumbría B (2-3)

  • MALPICA: Jesús; Martín Uruguaio, Jorge, Pereira, Pepis, Joro, Juny, (Víctor Novo, min.56), Eme, Martín Maradona, (Luísma, min.69), Adra, (Quintas, min.92), Camilo.
  • DUMBRÍA B: Santi; Cabana, Antelo, Adrián, Toja, Maikel, (Ramón, min.46), Jóse, Josiño, Rodrigo, Roberto, Mario.
  • Goles: 0-1, min.25: Josiño a pase de Jose; 1-1, min.49: Juny remata de cabeza unha falta de Eme; 2-1, min.50: Camilo tras un roubo a Roberto; 2-2, min.87: Roberto de penalti; 2-3, min.94: Antelo de volea nunha contra.
  • Expulsión: o adestrador dumbriés Angel Canosa.

Outro partido decidido nos últimos instantes, que deixa aos malpicáns sen o título de campións da Liga Xuvenil. E iso que os malpicáns durante moitos minutos a un Dumbría B que chegaba con moitas baixas. Pero os locais non estiveron todo o fino que outras veces.

Comezou o Dumbría poñéndose por diante na primeira metade. Pero nada máis volver dos vestiarios, un enchufadísimo Malpica dáballe a volta ao marcador. Parecía que a festa quedaría en Malpica pero un penalti, moi protestado polos locais, por unhas supostas mans e sinalado tras unha incomprensible lei da vantaxe, igualou a contienda a falta de 3 minutos. Co Malpica volcado buscando a vitoria, unha contra, xa con 4 sobre os 90, significou a vitoria dumbriesa.

Un ano máis terá que agardar este Dumbría para conseguir un ansiado ascenso á Liga Galega, mentres que o Malpica ten unha oportunidade única con esta xeración de futbolistas para facelo.

Copa da Costa

Zas - Ponteceso (2-1)

  • ZAS: Miki, Josito, Amado, Ramón, Óliver, Quintáns, Ismael, Iago, Rony, Víctor, Pablo. Tamén: Gonchi, Busto, Adrián.
  • PONTECESO: Xurxo, Dani Valle, Jorge, Guille, Fabián, Lorenzo, Alberto Recarey, Borja, Martín Puente, Cristian (Sergio), Iago (Jonnie).
  • Goles: 1-0, min.75: Víctor de tiro cruzado; 1-1, min.83: Jorge; 2-1, min.90: Ismael.

Partido de auténtica Copa, con gran ambiente, que se resolveu nos últimos segundos cun gol in extremis de Ismael tralo 0-0 da ida. O choque transcorreo como se esperaba, co Ponteceso dominado a posesión, tocando e xogando moi ben ao fútbol por momentos, que puxo a eliminatoria moi complicada ao Zas. Pola súa banda, o cadro local, sabedor das súas armas, esperou atrás e buscou as contras.

Así chegou o gol de Víctor, tras un balón roubado no medio campo. So faltaban 15 minutos para o final e o Ponteceso estirou, se cadra máis, as liñas. E chegou o premio cun tanto de Jorge. E cando o cadro pontecesán xa saboreaba o pase á final, Ismael asinou un tanto que mete aos de Corredoira na finalísima.

De cara a vindeira tempada, Mato seguirá a vindeira a fronte dos xuvenís, pero deixa a Presidencia.

Cabana - Mazaricos (3-1)

  • CABANA: Sergio, Alex García, Duda (Román), Alex Mato, Dani Mato, Laik (Francés), Alessandro (Eliseo) (Ismael), Pablo, Iván Mato, Moreno, Miki.
  • MAZARICOS: Rubén, Fran, Oreiro, Mipadre, Sandelo, José Angel, Ferreiro, José (Cristian, min.60), Mario (Esteban, min.90), Molinos, Alex.
  • Goles: 1-0, min.50: Miki; 2-0, min.75: Moreno; 2-1, min.90: Sandelo; 3-1, min.93: Pablo.
  • Lesión: Ismael cun problema muscular.

Partidazo non apto para os que padecen do corazón, decidido tamén nos últimos segundos. Chegaba o Mazaricos con moitos problemas, 11 xustos e só dous cambios que chegaron, in extremis, dende Lalín e Santiago. Polo que se metou atrás o cadro de Kevin e Brais, a manter a renda do 4-2 da ida.

Non permitiu pois moitas florituras, e o partido estivo máis ben soso, con moito medo polo dous lados e sen apenas ocasións. Na primeira só houbo un par do Cabana en xogadas de estratexia.
A segunda comezou cun gol local, que espertou ao Mazaricos, que tivo varias ocasións para empatar. Pero chegou o 2º cabanés nun despiste visitante.

Quedaban 15 minutos e o Mazaricos, tirou de fe, e marcaba xa no min.91, un tanto de Sandelo que o metía na final. pero sen tempo a degustalo, unha falta dende o medio campo no min.93 era colgada dentro da área e Pablo remataba a gol o pase á final.
Os mazaricáns protestaron que o gol derradeiro foi en fóra de xogo e puido haber ademais falta ao porteiro do Mazaricos, o que propicio unha bronca co colexiado, ao que consideraron "non preparado para unha semifinal de Copa".

Nova patrocinada

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

comentarios