Venres. 29.03.2024
El tiempo

Ferroatlántica preparará a contorna do mirador do Ézaro para a Vuelta

Ferroatlántica preparará a contorna do mirador do Ézaro para a Vuelta
Carlos Oliete e Jose Manuel Pequeno asinaron onte un convenio de colaboracion Carlos Oliete e Jose Manuel Pequeño asinaron onte un convenio de colaboración O 22 de agosto a Vuelta Ciclista a España culminará no mirador do Ézaro. E de novo, tal e como sucedeu no 2012, o grupo Ferroatlántica comprométese a colaborar no acondicionamento da contorna da cascada, da subida ao mirador, dos accesos e das estradas lindantes. Así o suscribiron onte nun acordo de colaboración firmado polo director da Zona Noroeste do Grupo Ferroatlántica - Carlos Oliete - e o alcalde de Dumbría - José Manuel Pequeño -. No acto tamén estiveron presentes Raúl González, concelleiro de Deportes; María Agulleiro, tenente de alcalde de Dumbría e César Ferrío, presidente del clube Ciclista e clube de Voleibol. Carlos Oliete destacou "o enorme orgullo que supón para Ferroatlántica contribuir ao desenvolvemento da actividade". Así suliñou que a Volta Ciclista a España remate, unha vez máis, no mirador do Ézaro "pon á Costa da Morte nun punto de mira nacional e internacional, repercutindo así na promoción da zona e xerando un impacto económico importantísimo". Coa sinatura deste convenio, refórzase o compromiso de Ferroatlántica co deporte na Costa da Morte xa que o pasado 3 de xullo a compañía colaborou co Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios