Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Ferven as Ligas dos pequenos grandes futbolistas

Ferven as Ligas dos pequenos grandes futbolistas
Queda menos para o remate da primeira competición das Ligas Comarcais de Fútbol Sala (LCFs). As ligas, que artella o Clube Deportivo Costa da Morte, e que enfrontan a equipos de 8 concellos da bisbarra nas categorías alevín, infantil e benxamín. E ademais de que as Ligas de Fútbol Sala están a piques de rematar (seguiranlle durante a segunda parte da tempada as de F-7), temos unha boa nova.

Pequenos carnotáns crecerán en Carballo

I é que dous benxamíns de primeiro ano de Carnota veñen de fichar polas Escolas Deportivas Luis Calvo Sanz. Eles son Martín García e Brais Fernández de la Iglesia. Ambos poderán formarse dende Carballo nunha categoría superior, a 1ª Benxamín da zona de A Coruña, e competir con equipos como o Arteixo, o Betanzos, o Laracha ou o Cerceda. Ademais, o clube carballés ten un convenio co Deportivo da Coruña, que non ten equipo nesta categoría. Pero os pequenos de Lombáns poderán adestrar un día á semana cos cores branquiazuis.

Preto das finais das LCF

E repasamos xa a actualidade das LCFs. I é que as 3 ligas están que ferven. Esta fin de semana se decide a máis curta, a de Infantís, onde as EFB Concello de Carnota e As Baleas se disputan o título. O encontro será o sábado ás 16:00h no campo de Lombáns. Precisamente, os equipos carnotáns, que dirixe Alfredo Cambeiro, manteñen o pulso en todas as categorías, que rematarán o día 21 de xaneiro. En Benxamíns, tamén son As Baleas e Carnota os que mandan. Ambos teñen 15 puntos, 3 máis que o Dumbría. Este sábado, despois dos infantís, xogarán unha final anticipada a falta da última xornada. Ademais, en Alevíns, os carnotáns avantaxan ás EMF Vimianzo, Concello de Cee e C. Fisterra en 3 puntos a falta de 2 xornadas.

Máis información

Novas relacionadas

Máis información

Comentarios