Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Fin de semana de Carrilanas e Motocross en Trasouteiro

Fin de semana de Carrilanas e Motocross en Trasouteiro
Baixada de Carrilanas de Trasouteiro

Faltaron as de Esteiro (excepto ás míticas do Gerente), pero a Baixada de Carrilanas de Trasouteiro foi ben fermosa. As boas condicións climatolóxicas invitaron a que o público que ateigaron as cunetas dos 1,5 km de baixada nunha fin de semana na que Vimianzo tamén estreou o seu campo de motocross.

Houbo 6 escuderías competindo, de Vimianzo, Laxe e Ferrol, máis as dúas de Gerente e un tricicle. Ao igual que o ano pasado a loita entre os vimianceses de Tajeas Team e os ferroláns de Ardelle o Eixo foi moi emocionante e as diferenzas foron mínimas entre os dous. Na primeira baixada cronometrada tan só un segundo de diferenza a favor dos vimianceses, ata aquí o guión foi idéntico que o ano pasado, pero na baixada final os do Val de Soneira non desproveitaron a vantaxe de saír primeiros e conseguiron unha vitoria moi apretada. Deste xeito recuperan o trono que lle roubaran os de Ferrol o ano pasado.

Si na baixada cronometrada non houbo ningunha saída de pista, na baixada final unha carrilana non deu chegado a meta, Palcos Vimianzo, saíndose na primeira curva, a máis complicada de todo o trazado.

Carrilanas_ArdelleoEixo

Clasificación da Baixada de Carrilanas

  • 1º Tajeas Team (Vimianzo)-
  • 2º Ardello Eixo II (Ferrol)
  • 3º Reventavalados (Vimianzo)
  • 4º Ardello Eixo I (Ferrol).
  • 5º Damian & JuanGimel (Vimianzo)
  • 6º Bici (Traba)
  • 7º Gerente (Esteiro)
  • 8º Brincadeira (Traba).

I Trofeo Motocross Fray Diego

Motocross en VImianzo

Vimianzo acoollía a rimeira edición dun trofeo que naceu con moi boa acollida, un total de 11 pilotos que fixeron as delicias do público asistente no recén construído circuíto do coronoda, no antigo basureiro.

Disputáronse un total de 6 mangas, tres iniciais, da que se clasificaron 8 pilotos, para as dúas mangas de semifinais, das que se clasificaron 6 pilotos para a final. O gañador foi Pablo Torrado (Soesto), Nicolás Varela e Adrián Pazos foron segundo e terceiro respectivamente.

Motocross en VImianzo Motocross en VImianzo

Fonte

Comentarios