Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Fisterra, Corcubión e Manuela Rial, campións das LCFS

Fisterra, Corcubión e Manuela Rial, campións das LCFS

Remataron as Ligas Comarcais de Fútbol Sala organizadas polo Club Deportivo Costa da Morte. Un ateigado Pavillón do Conco, en Dumbría acollías as finalísimas, e nin un só pai quixo perder aos seus cativos en acción.

O Fisterra, que se prantaba con dous equipos nas Finais, alzou un dos títulos. Tamén gañaron Corcubión e Manuela Ria, sendo o equipo camariñán das Baleas o que quedou sen premio. Bueno, sen premio non quedou ningún que a estas idades o premio é participar.

O Fisterra campió en Alevíns

O Fisterra campion en Alevins das LCFS O Fisterra campion en Alevins das LCFS

Puido o equipo verde de Fran coas Baleas. Álex Marcote, xa pichichi no F8, foi o máximo golador da noite con 4 tantos, unmáis que o seu compañeiro Mauro. Man García completou o 8-5. Por banco camariñán marcaron Sergio, Iván Lema, Paolo e Alfredo por partida doble.

As Baleas quedou sen premio nas LCFS As Baleas quedou sen premio nas LCFS

O Corcubión, campión en Benxamíns

O Corcubión campións Benxamín das LCFS O Corcubion campions Benxamin das LCFS

Puideron os “paparucheiros” cos “pescos”. Unha marea repartida de goles dos de Carlos Lojo e Ka, para facer o definitivo 2-9. Marcaron Joel, Fran Garea, Carla, Mauro, Aitor e Gabri e Carlos Trinidad dous tantos cada un. Polo bando fisterrán, marcaron Paulo, Alex Trillo, Enrique Benlloch, Elian e Guille.

O Fisterra subcampion en Alevins das LCFS O Fisterra subcampión en Benxamíns

O Manuela Rial, campión en Infantís

A máis igualada foi a final infantil, na que o equipo ceense, co doble de Alex Sendón, superou tamén ao equipo camariñán por 2-1, gol de Hugo.

 

Crónicas das LCFs

Fonte

Comentarios