Venres. 29.03.2024
El tiempo

FSF: A familia costeira ao completo en competición

FSF: A familia costeira ao completo en competición

Co comezo da 1ª Galicia, xa temos os 4 equipos costeiros nas competicións do Fútbol Sala Feminino galego. Ademais, seguiremos a actualidade do Viaxes Amarelle da máxima categoría estatal, do que a muxiá Patri Romaní é capitana e a camellá Inés é peza fundamental.

E coma sempre, facemos o repaso dende arriba, coa terceira derrota do Fisober neste comezo de temporada da antiga Liga Autonómica, pero o cadro de Fran segue notando a melloría, e fixo en Pontevedra o seu mellor partido do que levamos de curso. Os pequenos detalles, e a falta de acerto, decantaron o partido para as do Cidade.

Ademais, na 1ª Galicia, Amarelle Santa Comba e Atletes Esteiro comezaron a temporada con vitoria, mentres que o filial do Fisober caía na casa por mor dos nervos. Importante o debut do cadro xalleiro, con remontada incluída, para demostrar que vai polo título. Ademais, bo comenzo, como dicimos, para as esteiranas, que esperando a rivales máis consistentes para poder medirse e coñecer con máis certeza as súas posibilidade para esta tempada que comenza.

Ademais, debutaba na máxima categoría do fútbol sala feminino estatal o Viaxes Amarelle de Patri e Inés, e facíao pagando a novadata e caendo con rotundidade no derbi galego ante o Burela Peixes Rubén FSF.

 

Preferente Galicia, xornada 3

  • Resultado: CIDADE DE PONTEVEDRA – FISOBER F.S.F. (4-2)
  • FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Adriana, Nuriña; tamén xogaron: Kenny, Noe, Saray.
  • Goles: 0-1 min 7 Ana, 1-1 min 18 Nair, (descanso), 2-1 min 23 Allyson, 2-2 min 28 Ana, 3-2 min 31 Heba, 4-2 min 39 Nair.
Lia Porteira do Fisober Lía, porteira do Fisober

Tres goles de falta foron demasiado castigo para as costeiras que mereceron máis, e que non souberon aproveitar as súas ocasións. Na primeira metade o conxunto costeiro foi superior e creou moitas superioridades, pero solo acertou cun gol de Ana aos sete minutos. Tiveron aí boas ocasións para ampliar a vantaxe o equipo costeiro, pero fallaron e fallaron e xusto antes do descanso o cadro local empataba o choque, gol que supuña un mazazo.

As locais subiron a presión á volta dos vestiarios e pronto se adiantaron. Non se descompuxeron as de Fran Toba, e a capitana tomaba o mando e volvía marcar e poñer o resultado en táboas. Chegaron bos momentos das costeiras, pero de novo non acertaron cara gol, e nunha falta, as locais adiantábase de novo a falta de 9 para o final. O definitivo catro a dous chegou a pouco máis dun minuto do final desta vez de dobre penalti por mediación novamente de Nair.

A vindeira semana chega a Dumbría o Terra de Celanova.

 

1ª Galicia, xornada 1

  • Resultado: Amarelle Concello de Santa Comba - Melide FSF (5-1)-
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Ge, Carla, Nuria (cinco inicial), Andrea, Elsa, Tania, Violeta, Leticia, Paula.
  • Goles: 0-1 Andrea (min. 7); 1-1 Alba (min. 8); 2-1 Nuria (min. 17); 3-1 Nuria (min. 21); 4-1 Andrea (min. 24); 5-1 Alba (min. 35).
Amarelle-ConcelloSantaComba17-18

O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, daba o pistoletazo de saída á competición de Primeira Galicia Feminina cun partido adiantado contra un dos aspirantes á zona alta da táboa. Na primeira parte, o partido comezaba con dous equipos que se mantiñan o respecto, e as visitantes conseguían adiantarse no marcador cun tanto de Andrea aos sete minutos de xogo; pero o conxunto xalleiro conseguía reaccionar rápido e antes de que pasase un minuto Alba volvía poñer a igualada no marcador. A igualdade volvía ser a nota dominante no encontro, pero a oito minutos do tempo de asueto Nuria conseguía dar a volta ao partido; e uns minutos máis tarde repetía para levar o marcador ata o 3-1.
Aínda quedaba tempo para o descanso, e o Amarelle Concello de Santa Comba poñía o 4-1 no marcador a falta dun minuto para o tempo de asueto.

Na reanudación, o partido xa tiña un claro dominante no marcador e as xalleiras fixeron valer o seu maior rotación.

 

1ª Galicia, xornada 1

  • Resultado: TCA Instalaciones F. S. Pontedeume - A.D. Atletes (0-5)
  • A.D. Atletes FSF: Julia (P); Mari; Cris; Martina (1); Laura (3); Antía; Ana (1); Sara.
  • Goles: 0-1, m.14: Laura; 0-2, m.23: Ana; 0-3, m.30: Laura; 0-4, m.38: Laura; 0-5, m.40: Martina desvía a gol un disparo de Cris.
Atletes de Esteiro 2018-2019 Ilusionante comezo do Atletes de Esteiro 2018-2019Mari debutaba co Atletes de Esteiro Mari debutaba co Atletes de Esteiro

Mellor estrea imposible para o cadro esteirán nesta temporada, que se presentaba neste partido inicial coa novidade de Mari, que volvía a xogar o fútbol sala despois de varios anos sen facelo. A súa actuación pódese significar como notable, facendo unha gran primeira metade e acusando o evidente cansanzo ante a falta de competitición na segunda.

O partido da comenzo con presión alta do Atletes que lles impedía ás de Pontedeume chegar con facilidade a portería das esteirás. A porteira Julia mantíñase como mera espectadora se limitaba a sacar de portería algún tímidos ataques das locales. As costeiras convertían á meta local Marta na mellor do partido, ata que aparecía Laura, a figura do encontro, que mediante unha extraordinaria xogada individual consiguía abrir fenda na defensa do Pontedeume e logra o primeiro gol das esteiranas.

Antes do descanso Ana faría o segundo e Antía lanzaría un fabuloso tiro dende 15 metros estrellando o balón no ángulo da portería de Marta. Co resultado de 2 a 0 da por concluida a primeira metade. T

Na segunda parte, o Atletes seguía incidindo na súa presión sobres as locais, e estas, ante o cansancio da súa mellor xogadora, María Vázquez, non podían conter o contínuo dominio do Atletes. Chegado o minuto 30 desta segunda parte, comenza o festival de Laura. Desmelenada, faise irresistible para as xogadoras locales, marcando dous tantos máis, acompañada por unha Sara tamén espectacular.

 

1ª Galicia, xornada 1

  • Resultado: Fisober B - Vila de Cruces (0-6)
  • FISOBER B: Naira, Andrea, Sharay, Uxía, Gisela; tamén xogaron : Serena, Lucía Rodríguez, Ruth.
  • Goles : 0-1 min 10 Begoña, 0-2 min 21 Tania; (descanso) 0-3 min 36 Cruz, 0-4 min 39 Sharay en p.p. , 0-5 min 49 Clara, 0-6 min 49 Clara de penalti.
Gisela do Fisober B Gisela

Arrancaban a liga as xogadoras do filial costeiro e acusaron os nervios do debut con tres xogadoras que debutaban xogando contra un equipo senior como eran Andrea, Lucía Rodríguez e Ruth. Un gol en propia porta e dous tras rexeites en xogadoras locais mataron o un partido que estivo máis igualado do que mostra o electrónico, no que as de Cruces máis veteranas foron máis efectivas e estiveron atentas aos erros locais para irse cun cero a dous ao tempo de lecer.

Na segunda metade intentarono as locais pero nos últimos minutos foiselles definitivamente o partido cun resultado demasiado abultado para o que se viu sobre o campo, no que mereceron gañar as visitantes pero cun resultado máis axustado.

As mellores ocasións locais foron por parte de Sharay e Uxía, aínda que todas o intentaron e tiveron ocasións durante todo o encontro. Gañar minutos en categoría senior vai ser o máis importante para as xovenes costeiras para axudar en calquer momento a calquer equipo do club costeiro.
A vindeira semana visitan ao 5 Coruña.

 

1ª División Estatal, xornada 1

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Burela Peixes Rubén FSF (0-6)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Martita, Patri, María Gómez, Iraia (cinco inicial), Zaida, Renee, Mónica, Inés, Irune, Marta Hermo, Carmen.
Patri Romani no amarelle-burela_11 Patri Romaní, a capitana do Amarelle na máxima categoría do FSF estatal O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, debutaba na élite do fútbol sala feminino este sábado cun duelo fronte a un dos aspirantes favoritos a loitar polo título de liga, o Burela Peixes Rubén FSF. O partido empezou cun tempranero gol para as visitantes e as locais intentaron resistir constantes ataques visitantes, pero o conxunto herculino terminou pagando o seu primeiro duelo cunha dura derrota por un marcador de 0-6.  

Toda a info do Fútbol FSF costeiro

   

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

 

Comentarios