Venres. 19.04.2024
El tiempo

FSF: Amarelle Santa Comba e Atletes comezan o 2019 con vitorias "in extremis"

FSF: Amarelle Santa Comba e Atletes comezan o 2019 con vitorias "in extremis"
O Atletes de Esteiro no Conco O Atletes de Esteiro nun partido no Conco

Aproveitaron o parón de Nadal para disputar varios encontros atrasados. E os resultados foron moi positivos, con dúas vitorias sobre o pitido final. Por unha banda, o Amarelle Santa Comba vencía o seu compromiso, comezando no liderato destacado a segunda volta, con 5 puntos de vantaxe sobre o Troula. Precisamente esta fin de semana, o cadro betanceiro visitará Fontenla no que poderá ser un golpe case que definitivo.

Ademais, o Atletes sumaba unha importante vitoria ante o pechacancelas que deixa as de Esteiro con 8 puntos, empatadas co filial do Fisober e a só 2 puntos das 6ª, o Cruces.

1ª Galicia Senior Femenina, xornada 10

  • Resultado: A.D. Athletés - TCA Instalaciones F. S. Pontedeume (2-1)
  • A.D. Athletés FSF: Julia (P); Mari; Cris; Saray; Martina; Laura; Antía (1); Ana; Ainoa (1).
Pabellón Municipal de Esteiro (Muros)

Partido aplazado correspondente a xornada 10, con media bancada no Pavillón de Esteiro, nunha tarde fría e soleada. Ante a necesidade imperiosa dos puntos en xogo para os dous equipos, salen as locais volcadas ante a porta do Pontedeume. As visitantes moi seguras atrás, amparadas pola porteira María Vázquez (a figura do partido), impiden que as esteiranas consigan marcar. Tanto Laura coma Ainoa e Martina ven frustradas varias ocasións de marcar que son detidas, unhas veces, e enviadas a corner otras, por María Vázquez.
As visitantes consiguen pasar da media pista só os saques en largo da súa porteira, pero sen levar excesivo perigo á porta do Athletés. As locais insisten, e no minuto 14 desta primeira metade, nunha xogada embarullada na portería das de Pontedeume, Ainoa consigue inaugurar o marcador para as esteiranas.
As visitantes, por medio de María López, María Allegue e Laura intentan chegar a meta de Julia, e consiguen sacar tres saques de esquina nesta primeira metade que foron desbaratados sin perigo polas locais. No minuto 22, a xoven promesa das esteiranas, Saray, dispón dunha clara oportunidade diante da porta das visitantes, pero envía un balón o segunda poste estando a punto de marcar o segundo tanto Ainoa para as locais.

A segunda metade e un calco da primeira. María Vázquez dá un verdadeiro recital de paradas de todos os estilos, facendo imposible que as locais alteren o marcador. Ainoa por dúas veces; Laura en tres ocasións, Antía en otras dúas, e así continuamente, hasta que en un saque en largo da porteira visitante, Laura manda o balón por encima de Julia e empata o partido. Era o minuto cinco da segunda metade. Pero cando se daba o partido por empatado, Antía dun tiro impresionante dende fora da área manda o balón a escuadra dereita de María sancándolle as telarañas a escuadra, que fai imposible a estirada da porteira visitante. Resultaba evidente que só desta maneira sería posible batir a María. Este segundo gol das locais foi marcado faltando trinta segundos para o final do partido. Triunfo merecido e ganado a pulso das de Esteiro, deixando unha boa imaxen as visitantes.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 10

  • Resultado: Melide FSF - Amarelle Concello Santa Comba (1-2)
  • Melide FSF: Dores, Carla, María, Inés, Elisa (cinco inicial), Carmen, Andrea, Elvira, Xanaia. Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Elsa, Carla, Nuria (cinco inicial), Sandra, Tania, Paula, Violeta, Andrea.
  • Goles: 1-0 Nuria (propia porta) (min. 5); 1-1 Carla (min. 25); 1-2 Nuria (min. 49).
Amarelle Santa Comba 18-19 copia O Amarelle Santa Comba 18-19 O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, empeza o ano 2019 cunha nova vitoria, aínda que custou o seu, ás xalleiras, conseguir os tres puntos e non se finiquitó ata que chegou un gol de Nuria a oito segundos para o final do partido, e cando prácticamente Melide FSF e Amarelle Concello de Santa Comba estaban selando as táboas nun disputado partido. Na primeira parte, o conxunto xalleiro intentaba imprimir ritmo a un partido contra un rival directo na loita pola zona nobre da clasificación, e onde o Amarelle Concello de Santa Comba debía defender a súa liderato no inicio da segunda volta; pero aos cinco minutos de xogo, unha xogada desafortunada terminaba cun gol en propia porta de Nuria, que poñía o resultado de face para o Melide FSF. O cadro xalleiro trataría de igualar a contenda o máis axiña posible, pero o gol non chegaba e iríanse ao tempo de asueto coa vantaxe para as locais. Na reanudación, o Amarelle Concello de Santa Comba empezaba do mellor xeito posible, e aos vinte segundos de xogo Carla conseguía poñer as táboas no marcador. Aínda quedaba toda a segunda parte para poder anotar o gol que puxese por diante ás xogadoras de Suso Yanes; e malia intentalo, unha e outra vez, o gol resistíase e cando todo parecía que ía terminar con táboas no marcador, chegaría o esperado gol do equipo visitante, grazas a un gol de Nuria a oito segundos do final do tempo reglamentario, e que outorgaba os primeiros tres puntos do ano 2019 ás xalleiras.

Toda a info do Fútbol FSF costeiro

https://quepasanacosta.gal/fsf-a-piques-de-pechar-o-2018-en-clave-de-melloria/

Comentarios