Luns. 09.12.2019
El tiempo

FSF: Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión

FSF: Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión
Fisober Celebrando un gol de Paula O Fisober celebrando un gol de Paula na súa estrea no Conco 6 equipos temos este ano en competición nas Ligas de Fútbol Sala Feminino, o que demostra que a Costa da Morte xa é un referente nesta disciplina. O Fisober Dumbría volveu á 2ª Nacional; o Vila de Cee FSF estreou a Liga Galega despois do seu ascenso do ano pasado, igual que os seus compañeiros na Liga Galega Masculina. E na Liga Provincial quedan o Ponteceso FSF (que renunciou ao ascenso), o Atletes de Esteiro e o Vila de Cee B, este pendente aínda de estrearse. Os outros 5 equipos comezaron as súas andainas oficiais, con malos resultados, iso si, pero moita ilusión. Só sumou o Ponteceso FSF, no seu 6º ano na Liga Provincial, sumando un punto que non sabe nada mal en Betanzos. O resto contaron derrotas.  

2ª Nacional, Gr.1, xornada 2

Barbara co Fisober en Dumbria Bárbara co Fisober en Dumbría
  • Resultado: Fisober FSF - Bilbo F.S. (1-3).
  • FISOBER: Lía, Ana, Mai, Paula Fandiño, Noe; tamén xogaron: Bárbara, Inés, Tamara, Myre, Leti.
  • Goles: 1-0 Paula Fandiño min.3; 1-1 Elena min.9, 1-2 Jessi min. 15, 1-3 Jessi min.20. Todos os goles na primeira metade.
Ana co Fisober en Dumbria ante o Bilbo FS Ana ante o Bilbo FS Estreaba novo fogar o Fisober no pavillón do Conco nesta volta á 2ª División Nacional. O Fisober mostrou unha gran imaxe fronte un dos favoritos o título na categoría, actual campión e que fai dúas tempadas estaba na División de Honra, incluso se adiantou no electrónico pero non foi quen de aguantalo. Non podían iniciarse mellor as cousas para o Fisober xa que os tres minutos un rexeite en Paula Fandiño collía unha parábola que sorprendía a porteira visitante e supoñía o primeiro gol local. Tan só un minuto despois Ana tiña unha gran ocasión para o cero a dous. As visitantes esperaban a media pista para saír en perigosas contras cando recuperaban. Así foron pasando os minutos ata que no minuto nove Elena aproveitaba unha perda para igualar o electrónico. Seguiu o partido ca mesma tónica pero sen demasiadas ocasións. E foi cando a cinco para o fin do primeiro periodo Jessi poñía as súas en vantaxe despois dunha contra. Peor foi cando a poucos segundos do fin da primeira metade de novo Jessi poñía o un a tres que a postre resultou definitivo. Na segunda metade o partido saiu co mesmo guión e con escasas ocasións por ambas partes. Os minutos ían pasando pero o electrónico xa non se movía. Ata que nos últimos seis minutos o Fisober se sentiu máis cómodo , apretando e tendo ocasións claras. A falla de seis minutos Inés tiña unha moi boa ocasión. Nos últimos dous Bárbara, Inés e de novo Bárbara poideron acurtar diferencias. A falta de un minuto e medio, Leti adiantou a súa posición a campo contrario. Pero o curioso foi que a piques estivo de marcar pero dende a propia area, nunha ocasión que se foi lambendo o trabe, pero o marcador xa non se moveu. Lia debutou co Fisober en Liga Galega Lía debutou na portería do Fisober en 2ª Nacional  

Liga Galega Feminina, xornada 1

Vila de Cee o Semaforo
  • Resultado: FSF Villa de Cee "O Semáforo" - Club Bembibre FSF (5-7)
  • FSF Villa de Cee: Carla; Adriana, Alba, Goreti e Tati. Participando tamén: Paula, María Lijó, Lucia, Marta e Vanesa.
Ante 150 dos seus afeccionados estreábase este Vila de Cee O Semáforo na Liga Galega. Comenzaron as locais moi despistadas, moi nerviosas, cometendo unha infinidade de erros, sen ser capaces de sacar o balón e moi inseguras en defensa o cal ocasionou que nos primeiros 10 minutos o rival, moi experimentado na categoría e chamado a ser uns dos líderes, non perdoara e conseguiría meterse cun 0-5 o seu favor. Todo apuntaba a unha goleada de escándalo, pero a partires do 5º gol en contra as rapazas de Juan Jesús, cambiaron totalmente e empezaron a centrarse no seu xogo e a perder o medo o rival, conseguindo marcar en tres ocasións e índose o descanso cun 3-5. Xa na segunda parte e xa lonxe dos nervios iniciais as ceenses intentaron ir polo partido, e os poucos minutos conseguiron marcar o 4-5, e meterse de novo dentro do partido. Por varias ocasións tiveron a tiro o empate pero a boa labor da porteira do Bembibre evitábao unha e outra vez. E nunha contra do contrario conseguen marcar o 4-6. As ceenses insistían e trataban de ir o ataque, aínda arriscando e sufrindo contras moi perigosas do rival que volverían marcar de novo o 4-7, aínda así as locais seguían a intentalo conseguindo finalmente marcar o definitivo 5-7. As Estrelas nesta ocasión serán 3* para Alba , un partidazo, 2* Tati, e 1* Goreti. A vindeira sema toca saír fora da casa e visitar o Viaxes Amarelle, outro veterano da categoría. Ás 20:00 horas tocoulle o turno o masculino onde o FSF Villa de Cee "Clínica a Xunqueira" enfrontase o Troula Betanzos FS.

Liga Galega Norte Masculina, xornada 3

  • Resultado: Vila de Cee - Troula Betanzos (4-5)
  • Vila de Cee: Pose, Hidalgo, Jose Antonio, Juanjo e Miguelon. Participando tamén: Mario, Rober, Gabi, Aitor, Pablo e Santi.
Non comenzaron ben os Cceenses, con moitas dúbidas onde se puido adiantar os betanceiros que erraron un penalti. Centráronse mais no partido e conseguiron marca por obra de Aitor o 1-0 que levarían o descanso. Xa na segunda parte o FSf Villa de Cee mostraría outra cara, aínda empatando o Troula os ceenses dominaban o partido e faltando 4 minutos levaban, un marcado favorable de 4-1. Pero nese intre, unha “páxara” total dos locais, e o bo facer xogando de 5 do Troula, para sorpresa de todos perderon o partido cun 4-5. As estrelas nesta ocasión son 3* Jose Antonio, 2* Pose, e 1 Aitor. A vindeira sema toca viaxar a Guitiriz contra Autos Muiño. Vila de Cee masculino en Cee O Vila de Cee masculino en Cee  

Liga Provincial Feminina, xornada 1

  • Resultado: Troula Betanzos - Ponteceso FSF (3-3)
  • A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, María, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Verónica, Nuria e Noa.
  • Goles: Silvia, Carla e Mayra para as locais. María (2) e Noa para as visitantes.
Comezaba o primeiro partido de liga para ambos conxuntos no municipal de Betanzos. O Ponteceso chegaba con poucos efectivos e algunhas xogadoras tocadas, pero non por iso llo iba poñer fácil ó Troula. Saían serias en defensa, intentando que as locais non chegasen á portería defendida por Melani. Eran as de Betanzos as que tiñan o control do balón durante toda a primeira metade, pero sen conseguir xerar oportunidades de gol. Si as terían as pontecesás, que tras varios roubos de balón no medio campo conseguiron chegar con perigo á meta rival, pero Carmen e María erraban diante da porteira, chegando así ó descanso co empate a 0 no luminoso. Non sería igual no segundo período, no que as xogadoras de Curro subiron as liñas e comezaron a ter máis a posesión do balón. Ían chegando as ocasións e María sería a que estrease o marcador no partido e na liga para as pondalianas. Levaba bo ritmo o encontro das visitantes, pero nun erro defensivo lograrían empatar as rapazas do Troula. Non baixarían os brazos as da vila de Pondal e Noa volvería a poñer ó seu equipo por diante no luminoso. Chegarían aí os mellores minutos do Ponteceso no partido e con eles o terceiro tanto, obra de María tras unha magnífica xogada individual. Poñeríanse así con dous goles de vantaxe a falta de 5 minutos para o final, gozando aínda de máis ocasións coas que poder ampliar esa vantaxe, pero a porteira local impediría que máis balóns cruzasen a liña de meta cunha boa actuación. Pasaban os minutos e intentábano as locais que, tras un erro defensivo, facían o 2-3 e pouco despois, volvían poñer as táboas no luminoso tras outro erro defensivo das de Ponteceso. O último minuto foi de idas e vidas, con ambos equipos indo a pola vitoria, pero ningún dos dous conxuntos conseguía levarse os 3 puntos.  

Liga Provincial Feminina, xornada 1

  • Resultado: Cruces - Atletes (10-1)
  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Manola (PS); Julia; Marta (1); Alba; Antía; Ana; Sara.
Non comezou con bo pé este Atletes de Esteiro no seu segundo ano de competición. Mostrou a súa superioridade o Vila de Cruces, sobre todo, por parte da súa xogadora: Laura. Poderíamos dicir que esta xogadora se bastou ela soa para derrotar as de Esteiro. O Atletes, volveu amosar a súa bisoñez do campionato pasado, sendo un equipo demasiado novo e inocente. As de Cruces sempre collían ás de Esteiro en contraataques demasiado rápidos para as esteirás. Como resultado, o balón mallaba na rede tan dócil como efectivo. A primeira parte o resultado acabou de 3-0, demostrando que non o cadro costeiro non o fixo mal. O empezar a segunda metade, produceuse un acontecemento que, polas novas que temos, xa foi incrustado no libro: Guinness World Records. Na historia do fútbol mundial, foi marcado o gol máis rápido hasta ahora de que se ten noticia. E xa é decir, porque o Atletes, xa conta con una experiencia muy amplia en estes casos especiales. Tan pronto sacan de centro as de Cruces, en un solo pase, tiran e marcan. 2 segundos figuraban no marcador. 4-0. Centran as de Esteiro, e sin saber cómo, volve a marcar o Cruces. Volven a centrar, e volve a marcar. Así ata 7 goles. O Aletes cambia de porteira, e a partir de aquí, o Cruces encontra un pouco máis de resistencia. Sin embargo marcaría tres goles máis. Polo Atletes, marcou Marta o seu segundo gol na historia do equipo. Gol que lle supo a gloria. Ademais de Marta, sobresaíron no cadro esteirán Antía e Sara, cadete de moita calidade. Cómpre sinala que o equipo de Paco viuse moi mermado. Tres xogadoras lesionadas, que co plantel tan curto, e os adestramentos demasiado recentes, fan que aínda necesite rodaxe. Un Atletes que ten algunha cara nova, e sobre todo, moitas caras cun pouco máis de experiencia. Pola outra banda, conta cunha grande ausencia: Bárbara, que foi fichada polo Fisober. Todo equipo lle desexa moitos éxitos, e que deixe o pavillón de Esteiro en bo lugar.  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios