Venres. 29.03.2024
El tiempo

FSF: Dúas costeiras de Viaxe á máxima categoría

FSF: Dúas costeiras de Viaxe á máxima categoría
Patri abraza a Maria con Ines detras no Viaxes Patri abraza a María nun partido do Viaxes con Inés detrás Incrible a fazaza do Viaxes Amarelle de conseguir o ascenso á máxima categoría do Fútbol Sala Feminino Estatal. Este sábado viaxaba a Almagro a disputar o partido de volta do play-off polo ascenso tralo 0-0 colleitando na Coruña, e o equipo deuno todo e acadou un tremendo 1-4 que o devolve á Primeira División, tres temporadas despois. Unh alegría tamén para toda a Costa da Morte pois no cadro herculino teremos dúas representantes na categoria de ouro do FSF, como son a muxiá Patri Romaní (a capi do cadro herculino) e a camellá Inés Suárez, fundamental tamén neste ascenso. De feito, ambas foron fundamentais na finalísima, pois Patri conseguía marcar o primeiro tanto ao comezo da segunda metade, e Inés facía o terceiro gol, a pase de Patri, co que o Viaxes que sentenciaba a eliminatoria. O cadro laranxa completa así unha inesquecible temporada despois da Copa do Amarelle Santa Comba, e o equipo A xogará na Primeira División Nacional Feminina, competindo con outros equipos galegos como o Burela Peixes Rubén FSF, Poio Pontevedra FSF e Ourense Envialia FSF, na élite do futsal feminino.

Play Off Ascenso Primera División. Volta

  • Resultado: Almagro FSF - Viaxes Amarelle FSF (1-4)
    • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Martita, Dolo, Patri, María Gómez (cinco inicial), Inés, María Romero, Mónica, Marta Hermo, Sandra, Pau.
    • Goles: 1-0 Isa (min. 21); 1-1 Patri (min. 22); 1-2 María Gómez (min. 33); 1-3 Inés (min. 38); 1-4 María Gómez (min. 38).
    Plantel do Viaxes Amarelle FSF que conseguiu o ascenso á Primeira Nacional Plantel do Viaxes Amarelle FSF que conseguiu o ascenso á Primeira Nacional
As de Pili Costa aguantaron o 0-0 ata o descanso, e ao comezar o último tempo as locais adiantáronse, facendo vibrar ás preto de mil persoas que enchían o pabellón. Pero o cadro galego foi capaz de manterse con calma sobre a cancha. As guerreiras herculinas, en apenas un minuto empataban tras unha boa xogada combinativa que finaliza Patri a pase de Dolo. O empate a un tanto, poñía ao Viaxes Amarelle FSF no partido e ademais deixábao en como o que conseguía o posto de ascenso á Primeira División Feminina. En teoría tocáballe traballar ás locais para marcar un gol, e conseguir eles o ascenso; pero as herculinas non se centraron na defensa e seguiron presionando ao seu rival ata que a falta de sete minutos chegou a genialidad do partido; unha xogada de María Gómez por banda que se leva ao seu defensa e no un para un coa porteira local, Ceci, executa unha vaselina perfecta que leva ao luminoso o 1-2, e obrigaba ao cadro almagreño a facer dous goles para poder conseguir o ascenso. Este gol espoleou ao cadro local que tivo que saír co xogo de cinco; pero as galegas aguantaron as embestidas, e a falta de dous minutos, Inés Suarez recibía dentro do área pequena un pase espectacular de Patri, e subía o 1-3 ao marcador. Patri co Viaxes Amarellefsf-almagrofsf Patri co Viaxes Amarelle FSF ante o Almagro

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/fsf-o-amarelle-santa-comba-alcanzou-unha-apretada-copa-primeira-na-casa/

Comentarios