Mércores. 24.04.2024
El tiempo

FSF: O Amarelle Santa Comba dá un paso chave cara o título

FSF: O Amarelle Santa Comba dá un paso chave cara o título
Amarelle Santa Comba 18-19 copia O Amarelle Santa Comba 18-19 moi preto do título xa a estas alturas O Fisober veu cortada a súa xeira de dous triunfos nesta particular Tourmalet no que entra, ca visita do segundo clasificado e tendo que visitar para a semana ao líder. En todo caso, a familia dumbriesa celebrou unha gran nova, a volta de Barca Toba vestindo a camisola branca, algo que non facía dende outubro do 2013 en partido oficial na visita as terras vascas de Ordizia. Unha fichaxe que “lle vai dar un plus a todo o equipo, tanto no futbolístico como de competitividade”, asegura o adestrador Fran Toba. En 1ª, un pouco de todo. As xalleiras do Amarelle Concello de Santa Comba pechan a primeira volta como líderes en solitario, e cunha vantaxe de cinco puntos sobre o segundo clasificado, logo de impoñerse sobre o Academia Rede Blue 5 Coruña FSF, que ocupaba a segunda posición e o único que podía impedir que as xalleiras quedasen líderes da primeira volta. Pola súa banda o Fisober B conseguía un empate mentres que o Atletes recibía unha dura goleada despois de facer unha gran primeira metade. Ademais, primeira vitoria do Viaxes Amarelle de Patri e Inés na máxima categoría do FSF estatal. Unha vitoria que tardou en chegar pero se cadra aínda hai tempo, pois ademais foi contra un rival directo por evitar o descenso.  

Preferente Galicia, xornada 11

  • Resultado: FISOBER – LEIS PONTEVEDRA SAN NARCISO (1-3)
  • FISOBER: Lía, Paula Fandiño, María Dumbría, Nuriña, Kenny; tamén xogaron: Mai, Carre, Barca, Adriana.
  • Goles: 0-1, min 2 Patri, 0-2 min 11 Lara, (descanso), 1-2 min 23 Paula Fandiño, 1-3 min 38 Lara.
Barca Toba co Fisober Barca Toba volveu vestir a camisola do Fisober, 5 anos despois Saiu moi enchufado o equipo pontevedrés e froito dese dominio chegou o gol de Patri no segundo minuto de partido. Entonouse un pouco o equipo costeiro tralo gol pero tamén chegaban as ocasións visitantes. Mediada esta primeira metade un lanzamento de Lara poñía dous goles de vantaxe para as visitantes. Tivo unha boa opción de reducir distanzas o Fisober cun lanzamento lonxano de Paula Fandiño. E a falla de catro minutos un lanzamento de falta de Paula Fandiño bicou o longueiro visitante. Tamén Barca tivo a súa opción antes de rematar a primeira metade. A volta de vestiarios saiu moi enchufado o conxunto costeiro e cambiou o guión, apretando máis o Fisober. Froito diso , un envío de Carre rematado de cabeza por Adriana parabao a porteira pero Paula Fandiño aproveitaba o rexeite para reducir diferenzas. Voltaron a apretar as visitantes tralo gol pero as costeiras xa estaban máis metidas no partido tamén, chegando as ocasións por ambas escadras. Un lanzamento de falta de Carre a piques estivo de ser o empate pero o balón foise rozando o longueiro. A resposta visitante era cunha vaselina de Lara. Logo comezou a ser protagonista Lía acadando que o partido seguira vivo, ata que unha xogada individual e fantasiosa de Lara a pouco máis dun minuto do fin que remataba con gol da mesma de vaselina poñía o un a tres definitivo. Xogadoras do Fisober celebrando Xogadoras do Fisober celebrando o tanto  

1ª Galicia Feminina, xornada 9

  • Resultado: Troula Betanzos, F.S. - A.D. Athletés (8-1)
  • A.D. Atletes FSF: Julia (P); Mari; Cris; Laura; Antía (1); Ana; Sara D; Ainoa.
Julia porteira do Atletes Julia, porteira do Atletes Partido de Fútbol Sala femenino disputado en Betanzos con dúas fases ben distintas e opostas unha de outra. A primeira metade con unha actuación maxistral das esteirás, que cambiaban a súa forma habitual de xogo, e saían pechadas atrás. Esta táctica dáballes moi bo resultado, xa que as de Betanzos chocan insistentemente na muralla defensiva que utilizan as do Athletés, e mesmo sacaban algunha que outra contra. Así se adiantaban aos visitantes cun gol en propia meta. As locais intensificaban os seus ataques, pero o Athletés, con orde e disciplina, non permitía que as do Troula levar perigo á súa portería. Así transcurre, ata que no minuto 12, a Julia se lle escapan o balón das mans permitindo que Olaia consiga o empate. Un empate que se mantería ata o descanso. Na segunda metade, o panorama cambia totalmente. As de Esteiro, sen a disciplina táctica da primera parte, esfondadas fisicamente e descontroladas, permiten que o Troula en dous minutos, xa sentencie o choque con 4 tantos consecutivos.  

1ª Galicia Feminina, xornada 9

  • Resultado: 5 Coruña FSF - Amarelle Concello Santa Comba (1-4)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Ge, Carla, Nuria (cinco inicial), Sandra, Tania, Violeta, Elsa.
  • Goles: 0-1 Tania (min. 20); 0-2 Nuria (min. 38); 0-3 Alba (min. 40); 1-3 Silvia (min. 46); 1-4 Nuria (min. 48).
Na primeira parte, o partido comezaba cun partido entre dous rivais que loitaban polo liderato do grupo e empezaban a xerar ocasións en ambas porterías, pero os goles non chegaban por ningunha das dúas partes. Os minutos pasaban e o marcador permanecía en táboas, destacando unha gran actuación da nova porteira local. Cando restaban cinco minutos para o tempo de asueto unha gran xogada persoal de Nuria, termina nunha xogada combinada que finaliza Tania, para poñer o 0-1 no marcador para o conxunto xalleiro. Aínda quedaba partido por diante, pero o marcador non se moveu e mantívose a vantaxe mínima ao irse ambos conxuntos ao tempo de asueto. Na reanudación, o partido seguía unha dinámica moi similar ao da primeira parte, pero as xalleiras empezaban a xerar cada vez máis perigo, pero o 0-2 non chegou ao luminoso ata os trece minutos, e cun gran gol, de Nuria, por toda a escuadra. O partido poñíase de face para o Amarelle Concello de Santa Comba e dous minutos máis tarde Alba, nunha boa xogada combinada con Sandra conseguía poñer o 0-3 no marcador. A sete minutos para o final do encontro, as locais optaron polo xogo de cinco para recortar distancias, e conseguían facelo nunha boa xogada, finalizada por Silvia. O ARB 5 Coruña FSF seguíao intentando co xogo de cinco, mentres que as visitantes optaban por buscar sorprender cunha contra rápida, subindo a liña de presión na saída de balón, e a falta de dous minutos Nuria, con outro gran disparo que se coaba pola escuadra da portería local, poñía o 1-4 no marcador; que ao cabo resultaría definitivo para que as xalleiras sumasen tres puntos que lle deixan como líderes en solitario da primeira volta, e con 5 puntos de vantaxe sobre as segundas clasificadas. e terán que visitar ao cuarto clasificado, o Melide FSF.

1ª Galicia Feminina, xornada 9

  • Resultado: FISOBER B – TCA INSTALACIONES PONTEDEUME (4-4).
  • FISOBER B: Naira, Kenny, Andrea, Serena, Myre ; tamén xogaron : María Maroñas, Paula Fandiño, Nuriña.
  • Goles: 0-1 min 4 Laura, 1-1 min 12 Paula Fandiño 1-2 min 12 Laura, 1-3 min 19 Laura, 1-4 min 21 María Vázquez, (descanso), 2-4 min 29 Kenny, 3-4 min 36 Andrea, 4-4 min 40 Serena.
Fran Toba vixia as rapazas do filial do Fisober Fran Toba vixia as rapazas do filial do Fisober Saíran os dous equipos tanteándose. No primeiro saque de esquina a favor do filial costeiro un lanzamento de Kenny e o seu rexeite en Andrea a piques estivo de ser o primeiro gol. Pero na contra adiantábanse as visitantes con gol de Laura. Co gol as de Pontedeume sentíronse cómodas e dominaban o partido con ocasións. Aínda así o filial costeiro tiña ocasións e Kenny mandaba un balón ao pau. Quen si igualaba era Paula mediada esta primeira metade cun lanzamento lonxano. Pero pouco lle durou a ledicia ao filial xa que na seguinte xogada de novo Laura adiantaba as visitantes. Que noutra contra de novo por mediación de Laura poñían o terceiro ao seu favor. Que noutra contra antes de chegar ao tempo de lecer facían o cuarto co que se chegaba a vestiarios. A volta dos mesmos o filial costeiro saiu doutra forma e apretando máis co cal chegaban as ocasións. E foi Kenny a que marcou aos catro minutos desta segunda metade. Chegaban as ocasións primeiro de Myre e despois de María Maroñas aínda que o disparo desta chegaba no rexeite a Andrea para marcar o terceiro gol do filial e poñer a tiro o seu equipo, era por certo o primeiro gol de Andrea na categoría. Seguía apretando o filial e novamente Myre e Paula tiñan boas ocasións para igualar. Unha igualada que chegou a catro do fin cun gol de Serena que poñía as táboas no electrónico. Nese últimos minutos Myre e Kenny tiveron ocasións para deixar os tres puntos na Costa pero non puido ser. Filial do Fisober no Conco Filial do Fisober no Conco  

1ª División Foro 16 Feminismo. xornada. 9

  • Resultado: CFS Femisport Palau Nou Escorial - Viaxes Amarelle FSF (1-3)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Martita, María Gómez, Irune (cinco inicial), Reneé, Iraia, Zaira, Marta Hermo, Inés.
  • Goles: 1-0 Anna (min. 16); 1-1 Inés (min. 30); 1-2 Irune (min. 33); 1-3 María Gómez (min. 34).
Primeira vitoria para o equipo de Jorge Basanta, na máxima competición. Foi ademais contra un rival directo, e con tanto da camellá Inés, noutro choque no que a muxiá Patri foi peza fundamental para as herculinas. O choque decidiuse nos últimos 10 minutos. Cando as locais estaban moi preto do 2-0, o Viaxes Amarelle FSF conseguía poñer a igualada no marcador tras unha rápida contra, que finalizaría co primeiro tanto laranxa, anotado por Inés. O gol pareceu dar alento ás herculinas que se sentían cada vez máis confiadas e uns minutos máis tarde Irune poñía ás galegas por diante no marcador, co 1-2, aproveitando o rexeite dun balón repelido en primeira instancia por Raquel. As locais optaron polo xogo de cinco para volver meterse no partido, e as galegas cun bo traballo defensivo conseguían roubar en primeira liña ao CFS Femisport Palau Nou Escorial, e María Gómez case sentenciaba o partido co 1-3, cando aínda restaban seis minutos para o final do encontro.  

Toda a info do Fútbol FSF costeiro

https://quepasanacosta.gal/fsf-unha-nova-vitoria-pola-minima-para-celebrar-o-25n/ “FSF: O filial do Fisober reacciona e endosa a primeira derrota ao Amarelle Santa Comba no derbi costeiro” — Que pasa na costa  

Toda a actualidade do Fútbol Feminino

 

Comentarios