Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FSF: O Atletes non puido co potente Amarelle Santa Comba

FSF: O Atletes non puido co potente Amarelle Santa Comba
Imaxe do Amarelle Santa Comba-Atletes Esteiro Imaxe do Amarelle Santa Comba-Atletes Esteiro

A xornada do Fútbol Sala Feminino costeiro tiña o ollo posto na Baña, onde se celebraba o derbi comarcal da 1ª Galicia. Un derbi que deixou ás claras as dúas ligas nas que compiten o Amarelle Santa Comba, que busca o título e o ascenso, e un Atletes de Esteiro que segue intentando competir con maior dignidade. Os puntos sérvenlles ás de Suso Yanes para colocarse líderes en solitario da táboa, gracias á derrota do Cruces FSF ante o Academia Rede Blue 5 Coruña FSF.
Na mesma categoría o Fisober B segue sen estrear o taboleiro de puntos pero alomenos marcou o seu primeiro tanto cun tanto de Lucía Canosa

As que si sumaban o seu primeiro triunfo, por fin, eran as do primeiro equipo do Fisober, nun choque non exento de sufrimento pero no que puideron vencer ao filial do Fervenza.

Ademais, na máxima categoría do FSF estatal, non puideron as de Patri e Inés sacar nada positivo da visita a Majadahona e seguen as herculinas sen estrear o taboleiro de puntos.

 

Preferente Galicia, xornada 5

  • Resultado: FISOBER – FERVENZA B (2-0).
  • FISOBER: Adriana, Paula Fandiño, Ana, Nuriña, Kenny; Tamén xogaron: Mai, María Dumbría, Uxía.
  • Goles: 1-0 min. 9 Paula Fandiño, (descanso), 2-0 min 37 Mai.
O Fisober celebrando un gol no Conco O Fisober celebrando un gol no Conco

Comezou o partido co dominio local aínda que as visitantes non pasaban moitos apuros. Foron chegando as ocasións por medio de Nuriña e Kenny, ata que Paula Fandiño abriu o marcador cunha falta lonxana. Abriuse o partido e tocaron moitos minutos de protagonismo para as porteiras, cunha Adriana espectacular na meta local.

Adriana meta do Fisober Adriana meta do Fisober

Na segunda saíron aprentando as fa Fervenza, pero pronto volveron chegar á meta rival. O último cuarto do partido volveu incrementar o ritmo sobre todo cando as locais xogaron ca espada de damocles da quinta falta. Ana enviaba un disparo ao pau novamente e Sofía tiña para as visitantes.E chegaron os minutos das ocasións de Mai pero o gol non quería entrarlle. Ata que a pouco máis de dous minutos para o fin chegou o seu gol e o segundo do Fisober.

Saíron entón as visitantes co xogo de cinco que puxo en moitas complicacións ás locais pero que non logrou o seu obxectivo quedando os puntos en Dumbría.

Con esta vitoria ascenden á 11ª praza, con 4 puntos. A vindeira semana toca visita a Bertamiráns fronte ao Meigas, que ten un punto menos que as costeiras.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 3

  • Resultado: Amarelle Santa Comba - AD Atletes Esteiro (10-0)
Amarelle Santa Comba 18-19 copia O Amarelle Santa Comba 18-19
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Ge, Carla, Nuria (cinco inicial), Tania, Paula, Leticia, Andrea, Elsa.
  • AD Atletes: Julia (p); Mari; Cris; Martina; Laura; Antía; Ana; Sara.
  • Goles: 1-0 Nuria (min.4); 2-0 Tania (min. 9); 3-0 Ge (min. 18); 4-0 Carla (min. 19); 5-0 Carla (min. 22); 6-0 Carla (min. 22); 7-0 Carla (min. 26); 8-0 Nuria (min. 40); 9-0 Carla (min. 44); 10-0 Elsa (min. 44).
  • Atletes de Esteiro 2018-2019 O Atletes de Esteiro 2018-2019

    Partido con moi pouca historia, e con un só protagonista, o cal foi o equipo local Amarelle. O Atletes amosouse moi frouxo e foi superado en todo polo conxunto local. Apenas aguantaron as de Paco os primeiros 5 minutos, pero un erro arbitral que non sinalou un claro de banda, deixou ás esteiranas paralizadas vendo como Nuria abría o marcador.

    O partido tiña unha clara cor laranxa, que coa súa superioridade no xogo non daban opcións ao seu rival, e deixaba de feito o 6-0 ao descanso, cunha Carla como figura do encontro marcando ao final 5 tantos. Polo Atletes, destacaría a segunda metade de Mari nas súas tareas defensivas, e Sara que destacou sobre as súas compañeiras.

     

    1ª Galicia Feminina, xornada 3

    • Resultado: FISOBER B – MELIDE (1-5)
    • FISOBER B: Naira, María Maroñas, Nuriña, Laura, Serena ; tamén xogaron : Sharay, Kenny, Saray, Lucía Canosa.
    • Goles: 1-0 min 8 Lucía Canosa, 1-1 min 8 Elisa, 1-2 min 14 Elvira, (descanso) 1-3 min 28 Elisa, 1-4 min 38 Elvira, 1-5 min 43 María.

    O filial do Fisober atopouse cun gran equipo e a pesar de iniciar por diante no electrónico tan só puido facer frente na primeira metade. Aos oito minutos a debutante na categoría Lucía Canosa non podía facelo de mellor xeito que cun gol. Pouco lle durou a ledicia as costeiras xa que nese mesmo minuto Elisa facía o gol da igualada. Que lles durara tan pouco o resultado as locais foi unha xerra de auga fría sobre a súa fráxil moral esta tempada. Aos 14 minutos colocábanse por diante as visitantes, e as locais aguantaron a primeira metade, pero na segunda, un tempraneiro gol acababa coas súas esperanzas.

    Ademais, en infantís, as do Fisober vencían por 11-5 ao Adarve Lugo na Liga Galega, nun choque de tolas, no que se colocaban 4-0 ao principio, pero que as lucenses eran quen de remontar e colocarse 4-5 antes do descanso. Un arreón despois do descanso das locais fixo que se levaran o partido e sigan como líderes nesta liga asimétrica xa que unha terceira retirada por parte dun equipo fai complicado o calendario.
    A vindeira semana a retirada a última hora do Talleres Abc de Vigo fai que as costeiras descansen, co cal esta liga asimétrica fai que non volten a ter partido ata ala polo once de novembro en Coruña fronte ao Viaxes Amarelle.

    Alexia porteira infantil do Fisober Alexia porteira infantil do Fisober  

    1ª División Estatal, xornada 4

    • Resultado: Majadahonda FSF / Afar4 - Viaxes Amarelle FSF (4-0)
    • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Patri, Reneé, María Gómez, Irune (cinco inicial), Iraia, María Romeu, Inés, Martita, Zaida.
    • Goles: 1-0 Andrea (min. 7); 2-0 Irune (propia porta) (min. 9); 3-0 Marta Elena (min. 15); 4-0 Coral (min. 19); 5-0 Marta (min. 36).

    As herculinas, dirixidas por Jorge Basanta, sufriron un tempranero gol das locais, o que unido aos nervios e imprecisións pola falta de experiencia na categoría, terminaron nunha primeira parte moi pouco positiva para as herculinas que terminou cun 4-0 en contra; que ao finalizar o segundo tempo, terminaría nun 5-0.

    Patri volveu caer co seu Viaxes Amarelle Patri volveu caer co seu Viaxes Amarelle  

    Toda a info do Fútbol FSF costeiro

    https://quepasanacosta.gal/fsf-boas-sensacions-non-tan-bos-resultados/  

    Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

     

    Comentarios