Xoves. 25.04.2024
El tiempo

FSF: O derbi provincial quedou en Santa Comba

FSF: O derbi provincial quedou en Santa Comba

A atención desta xornada estaba centrada no derbi da 1ª Galicia (antiga Provincial) entre Amarelle Santa Comba e o Concello de Ponteceso. Un choque na zona alta que rematou con vitoria xalleira e que deixa as de Suso Yanes e as de Curro empatadas na táboa e con opcións de pelexar polo ascenso.
Na mesma 1ª Galicia, Atletes e Fisiober B non tiveron sorte cos rivais.

Xa na 2ª Estatal, o Fisober sufríu unha nova derrota, ao igual que o Viaxes Amarelle das Patri e Inés.

Unha das boas novas goi o merecido empate das Centolas do Semáforo ante o Castro, que demostra a súa melloría nas últimas semanas. Os que non tiveron sorte foron os seus compañeiros, que deixaron escapar os puntos nos últimos 3 minutos.

 

2ª División Estatal, xornada 10

  • Resultado: Fisober - Universidad Valladolid (1-6)

Non puido o cadro costeiro ante o Universidad de Valladolid nun choque que demostra o sufrimento que está vivindo este ano para sumar. O cadro castelán foi superior sobre todo na definición. Comezou ben o cadro costeiro, pero un gol en propia meta obrigou a remar, outra vez, contra corrente. Tiveron ocasións para empatar, pero chegaría o 0-2 antes de Ana marcase o 1-2. Eran os mellores momentos das dumbriesas que puideron empatar, pero nunca contra chegou o 1-3 que fixo mella. Co 1-4 chegaríase ao descanso, e xa na segunda non houbo opción de vitoria.

Co 5 puntos quedan as de Fran Toba na penúltima posición da táboa.

 

1ª División Autonómica, xornada 10

  • Resultado: FSF Castro - Hotel Semáforo Villa de Cee (3-3)
  • Hotel Semáforo Villa de Cee: Adriana, Alba Cambeiro, Andrea, María Lijó e Tamara García. Tamén; Tamara de Vimianzo, Alba.

Co equipo xustiño foron as Centoliñas a terras de Lugo, e dende o primeiro minuto foron a polo partido e a seguir mostrando a súa melloría no xogo. Nos primeiros minutos xa conseguiran poñerse cun 0-2 o seu favor, con goles de Tamara García e de Andrea. Dominaron totalmente a primeira parte, sen sufrir case perigo na súa portería e dispoñendo de varias ocasións para aumentar o marcador.

Xa na segunda parte as forzas o case non dispor de cambios fixeron que as ceesas se pecharan atrás a defender a súa vantaxe, pero nos 5 primeiros minutos conseguen marcar as locais e recortar diferencias. Seguiron igual as Centoliñas, defendéndose ben e intentando saír á contra, pero o rival cada vez apretaba máis e dominaba o xogo, conseguindo empatar o minuto 36 e no 37 adiantarse no marcador 2-3. Pero as costeiras xa coma están a demostrar, dano todo e cun esforzo físico ata o último minuto saíndo de 5 crearon algunha ocasión e dispuxeron dunha falta no último minuto preto do medio campo que Adriana tira e logra marcar o definitivo 3-3.
As estreliñas son: 3* Adriana, o seu na porteria e doutro planeta; 2* Andrea, a pesar de xogar cun resfriado enorme a fisterrana vovleu a dalo todo conseguindo marcar de novo; 1* Tamara García, partido que xoga, gol que marca.

 

3ª División Galega, xornada 11

  • Resultado: FSF Villa de Cee Clinica Xunqueira - A Estrada (4-5)
  • FSF Villa de Cee: Pose, Aitor, Hidalgo, Dudo, Marroco. Tamén: Bruno, Pelada, Mixi e Angel.

Saíron moi enchufados os costeiros ante un bo equipo que chegaba 2º na táboa. A este equipo mentres que as forzas non lle fallan, non é inferior a ninguén, e así o volveu demostrar, a pesar que estar na parte baixa.

Os primeiros 5 min foron de dominio alterno, pero os costeiros pouco a pouco foron facéndose co control do encontro. Malia que se adiantaron os da Estrada, non tardaron en empatar o encontro por mediacion de Dudo, e pouco despois Marroco facía xustiza no marcador marcando o 2º. Aitor, Angel, Dudo, Pelada marraron infinidade de ocasións, como o míster contrario reconocia o marcador ò descanso debia ser 5/6:1. Quedaron cun menos os visitantes nos minutos finais da primeira parte e aproveitaron os locais para que Aitor marcara o 3-1 para ir así cun resultado cómodo ó descanso.

Na segunda parte os rivais saíron apretando moito máis, e os nosos achicaban cada vez máis. Mazazo foi a rigurosa expulsion de Aitor no 32, e eles aproveitaron a superioridade para marcar o 3:2 e recortar distancias. Nunha falta Mixi anotaba o 4:2, pero no mismo minuto con xogo de 5 os visitantes recurtaban. Creaban moitos problemas co porteiro xogador e no 37 empataban, e no 38 consiguiron meterse por diante e conseguindo gañar o partido os da Estrada.
As estrelas son 3* Marroco; 2* Aitor; 1* Pose.

Con esta derrota os ceeses caen á antepenúltima praza (14ª), con 7 puntos, só co Santiago Futsal B e o Carballiño por debaixo.

 

1ª Galicia, xornada 7

Amarelle-Concello-SantaComba O Amarelle Concello de Santa Comba superou ao Ponteceso FSF
  • Resultado: Amarelle Concello de Santa Comba - Concello de Ponteceso FSF (8-3)
  • VIAXES AMARELLE CONCELLO DE SANTA COMBA: Nerea, Rita, María Eugenia, Tatiana e Nuria - tamén xogaron - Lucía, Tania, Paula, Violeta, Gemma, Vanesa e Leticia.
  • AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Uxía, Ana, Alba, Nuria, Saray - tamén xogaron - Martina, Verónica e Aroa.
  • Goles: 1-0 Rita (min. 0); 2-0 Nuria (min. 1); 2-1 Ana (min. 5); 3-1 Saray (propia puerta) (min. 6); 4-1 Nuria (min. 6); 4-2 Uxía (min. 12); 5-2 Tati (min. 15); 6-2 Nuria (min. 24); 7-2 Rita (min. 29); 8-2 Tania (min. 36); 8-3 Alba (min. 38).
Ponteceso FSF O Ponteceso FSF non puido co Amarelle

Quedou o derbi costeiro, disputado no alto da táboa, en Santa Comba, nun choque no que o equipo de Suso Yanes conseguía a primeira vitoria como local ante un Ponteceso que non fixo, para nada un bo partido.

Saíron as xalleiras moi metidas e en apenas 1 minuto marcaban dous goles. Respostaba pronto o equipo de Curro, cada vez estaban máis cómodas as xogadoras dirixidas por Suso Yanes, pero o empezar a relaxarse, acaboulle custando ver nuevamente achegarse ao seu rival no marcador aos doce minutos de xogo, grazas a un gol de Uxía, que levaba o 4-2 ao marcador. Tati ampliaba a renda ata o 5-2, co que ambos equipos iríanse ao tempo de asueto.

Na volta dos vestiarios parecían máis centradas as pondalianas, que protestaron a actuacoçom arbitral. Nuria culminaba o seu triplete, ante un Ponteceso que non cedeu ata os últimos instantes.

Ambos equipos quedan preto dos postos de arriba, igualados agora con 12 puntos, a 9 do implacable líder e a 6 do Troula.

 

1ª Galicia, xornada 7

  • Resultado: Fisober B - Troula (3-6)

Nova derrota do filial do Fisober.

As dumbriesas quedan con 3 puntos, empatadas co Atletes nas últimas prazas da clasificación.

 

1ª Galicia, xornada 7

  • Resultado: Culleredo - Atletes Esteiro (13-0)

Nada puideron facer as esteiranas ante o poderoso líder da competición que suma partidos por vitorias.

As esteiranas quedan con 3 puntos, empatadas co Fisober B nas últimas prazas da clasificación.

 

2ª División Nacional, G.IV. xornada 10

  • Resultado: CD Chiloeches - Viaxes Amarelle FSF (4-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Patri, Inés, María Gómez, Sheila (cinco inicial), Martita, Mónica, Marta Hermo, Mariña.
  • Goles: 1-0 Eli (min. 6); 2-0 Eli (min. 20); 3-0 Laura (min. 26); 4-0 Jessi (min. 36); 4-1 Mónica (min. 38).

Perdoaron as herculinas do Viaxes Amarelle das costeiras Patri e Inés (xa afianzada a segunda no 5 inicial), e acabaron pagándoo cunha derrota.

 

Máis información

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios