Mércores. 24.04.2024
El tiempo

FSF: O filial do Fisober e o Atletes asinaron un empate no derbi costeiro de 1ª

FSF: O filial do Fisober e o Atletes asinaron un empate no derbi costeiro de 1ª
Filial Fisober contra o Atletes de Esteiro Intenso choque entre o filial do Fisober contra o Atletes de Esteiro O Fisober acadaba a súa terceira vitoria consecutiva e a cuarta xornada sumando cun triunfo ante un debutante na categoría como era o Tui Valença Futsal. Dous goles o inicio de cada tempo encauzaron o partido. En 1ª, as xalleiras do Amarelle Concello de Santa Comba continúan con paso firme sumando vitoria tras vitoria e manténdose líderes do grupo herculino. Pero a atención da semana centrábase no Conco, onde o filial do Fisober e o Atletes de Esteiro disputaban un vivido derbi. Ao final, un empate que permite ao Fisober sumar o seu primeiro punto do curso. O Viaxes Amarelle segue sen marcar, tras 6 xornadas, na máxima división do fútbol sala feminino estatal, a Primera División Liga Foro 16 Feminismo, tras caer por 4-0 ante o potente AD Alcorcón FSF.  

Preferente Galicia, xornada 7

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – TUI VALENÇA FUTSAL (5-0).
  • FISBER: Lía, Adriana, Ana, Paula Fandiño, Kenny ; tamén xogaron : Carre, Laura, Nuriña, Mai, Noe.
  • Goles: 1-0 min 3 Kenny, (descanso) , 2-0 min 22 Nuriña, 3-0 min 28 Noe, 4-0 min 28 Laura, 5-0 min 36 Ana.
Keeny chuta co Fisoer Keeny chuta co Fisoer Non podían comezar mellor as cousas para o Fisober xa que un gol de Kenny aos tres minutos poñía as costeiras en vantaxe. A cadete Kenny facía así o seu primeiro gol na categoría e tamén co primeiro equipo do Fisober en partido oficial. No resto da primeira metade xa non se moveu máis o electrónico. Ao inicio da segunda metade foi outra das xovenciñas como é Nuriña a que marcou o segundo e puxo o partido en clara franquicia para o Fisober. O partido partiuse definitivamente con dous goles no minuto 28. Laura co Fisober Laura co Fisober  

1ª Galicia Feminina, xornada 5

  • Resultado: Fisober B - Atletes (1-1)
  • FISOBER B: Naira, Uxía, Saray, Lucía Canosa, Sharay, tamén xogaron : Andrea, María Maroñas, Lucía Rodríguez.
  • ATLETES: Julia (P); Mari; Cris; Sara C; Saray; Martina; Laura (1); Antía; Ana; Sara D; Ainoa.
  • Goles: 1-0 min 16 Lucía Canosa, (descanso), 1-1 min 37 Laura.
Marcos Perez arbitrou o Fisober B-Atletes 2 Marcos Perez arbitrou o Fisober B-Atletes Derbi da costa xogado no Conco de Dumbría cunha boa expectación como previa do partido da Preferente.O Atletes chegaba ao Conco, con dúas novidades, o debut na competición federada de Saray Rama, a infantil que debuta con competición de Fútbol Sala, e Sara Caamaño que volve a participar na competición despous de dous anos fora da mesma. Comezaba o partido coas visitantes intentando presionar, pero algo desordenadas, o que aproveitaban as locais para facer varias ocasións de gol, pero Julia salvaba de xeito espectacular. O Atletes tamén chega á meta de Naira, que tamén lle fai varias paradas, sobre todo un rito de Martina que desvía co pé e outro de Laura a media altura. Foi a infantil Lucía Canosa a que abría, nunha contra, o marcador. A muxiá vai a gol por partido dende que debutou no filial do Fisober. Co 1-0 arrincaba a segunda metade, pero co novo panorama. As de Paco aséntase na pista, presionan dun xeito máis ordenado, cunha Laura que comeza a facer máis dano á defensa local. Naira convertíase na protagonista parando balñons de Martina ou Cris, pero non puido cun golazo de cabeza de Laura. Co empate, o Atletes seguía dominando pero o Fisober mantíñase ordenado arredor de Naura, e así vai rematando un intenso partido. Fisober B-Atletes Fisober B-Atletes  

1ª Galicia Feminina, xornada 5

  • Resultado: CA Instalaciones Pontedeume FS - Amarelle Concello Santa Comba (0-6)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Violeta, Carla, Elsa (cinco inicial), Tania, Paula, Leticia.
  • Goles: 0-1 Violeta (min. 7); 0-2 Leticia (min. 13); 0-3 Carla (min. 21); 0-4 Elsa (min. 22); 0-5 Carla (min. 23); 0-6 Carla (min. 43).
Xa o mércores se disputaba o choque do Amarelle, que segue imparable. Saíron moi fortes as laranxas, a pesar das baixas, pero pronto se adiantaban por medio de Violeta. Sen un dominio claro, o Amarelle facía o segundo, e o partido se rompía pouco antes de chegar ao descanso, con tres goles consecutivos de Elsa e Carla, por partida doble. A segunda foi máis igualada, e as xalleiras acusaban o cansanzo. Aínda así a portería se mantivo a cero.  

Toda a info do Fútbol FSF costeiro

https://quepasanacosta.gal/fsf-o-atletes-non-puido-co-potente-amarelle-santa-comba/  

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

 

Comentarios