Xoves. 25.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober comeza tirando de canteira

FSF: O Fisober comeza tirando de canteira
kenny-sharay-saray-naira caras novas do Fisober Kenny, Sharay, Sharay e Naira foron as caras novas do Fisober

Comezou a temporada do Fútbol Sala Feminino, e foi o Fisober o único que fixo rodar o balón. Pero con mal resultado na súa volta á liga autonómica, pois caeu na casa do Bemvibre.

As baixas de xogadoras veteranas como Ana, Mai, Lía ou María de Dumbría fixo que as máis novas fosen máis protagonistas que nunca.

De feito, na convocatoria había dúas xuvenis, dúas cadetes e dúas infantís, na que Kenny, Naira, Saray e Sharay Caamaño aparecían por primeira vez nun partido de liga co primeiro equipo, o que dá conta da importancia que vai ter a canteira e a base esta tempada no conxunto costeiro.

Preferente Galicia, xornada 1

  • RESULTADO : BEMBRIVE F.S. – FISOBER F.S.F. (2-0)
  • FISOBER: Adriana, Nuriña, Paula, Noe, Kenny; tamén xogaron: Saray, Laura, Sharay Caamaño.
  • Goles: 1-0 min. 9 Antía Ribeiro, (descanso) , 2-0 min. 33 Laura.
paula-nuriña capis do fisober Paula e Nuriña si que estiveron en terras olívicas

As costeiras ben colocadas sobre a pista e cunha boa actuación de Adriana que pasou da pista a portería nesta ocasión, aguantaron o empurre local ata que os nove minutos Antía Ribeiro poñía en vantaxe as locais. Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.

Nunha segunda metade igualada e na que Adriana seguía a ter protagonismo, o segundo cartón amarelo a Noe e a conseguinte inferioridade matou ao Fisober xa que perdía unha xogadora na curta rotación e vía como cando ía rematar dita inferioridade Laura facía o segundo gol local. Un dous a cero que resultou ser definitivo a postre.

A vindeira semana chega un derbi fronte ao filial do Viaxes Amarelle en Dumbría.

Toda a actualidade do FSF

https://quepasanacosta.gal/fsf-desaparecen-os-equipos-do-villa-de-cee-e-do-ponteceso-fsf/

Toda a actualidade do Fútbol Feminino

Comentarios