FSF: O Fisober quere a Copa
Ademais, o Viaxes Amarelle da muxiá Patri conseguía unha vitoria que non trouxo premio, pois vitoria do Unami CP deixou sen opcións ás herculinas de entrar nos play-off. A pesar diso, as de Pili Costa fixeron unha gran tempada coas rotacións xustas, rematando nun meritorio terceiro posto e loitando ata o último segundo por conseguir un posto en play-off.
Liga Autonómica, x.29
Inés co Fisober- Resultado: FISOBER F.S.F. – A ESTRADA FUTSAL (3-2).
- FISOBER: Leti , Nuriña, Ana, Inés, Paula Fandiño; tamén xogaron: Mai, Tamara, Myrella.
- Goles: 1-0 Inés, 1-1 Eva, 2-1 Mai , (descanso), 2-2 Mai en propia porta, 3-2 Ana.
Partido correspondente a 29 ª xornada e penúltima da Liga Autonómica Galega que enfrontou na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo ó Fisober e ó A Estrada Futsal. Chegaban os dous conxuntos igualados a puntos na clasificación, pero ca particularidade de que nos dous enfrontamentos desta tempada, tanto en Copa Xunta coma en Liga a vitoria caera do lado estradense.
O inicio do partido foi de tanteo por ambos equipos conscientes da importancia do enfrontamento. Cun lixeiro dominio visitante e poucas ocasións claras foron transcorrendo os minutos.
Non foi ata o minuto doce cando Inés de cabeza resolvía para poñer en vantaxe as locais. Pero pouco lle durou a ledicia ó Fisober xa que tan solo un minuto despois era a capitana visitante Eva a que poñía a igualada no electrónico despois dunha xogada embarullada. Volvía todo a estar coma no principio. Pero a dous minutos do fin desta primeira metade Mai cun espectacular lanzamento pola escadra devolvía a vantaxe as locais. Co resultado de dous a un chegouse o tempo de lecer.
A volta de vestiarios pouco cambiou e o guión seguía a ser o mesmo, un partido moi igualado, emocionante pero sen moitas ocasións . As máis claras foron para a local Nuriña e para deter as visitantes tivo que aparecer a porteira local Leti cunha excelente intervención. Ata que a sete do fin unha xogada visitante remataba con Mai introducindo o balón na súa propia portería co que volvían as táboas o electrónico.
Desta vez foi o Fisober o que desfixo a igualada pronto, xa que tan só un minuto despois un penalti cometido sobre Inés, foi transformado pola capitana local Ana para poñer o tres a dous no marcador.
Quedaban seis minutos de emoción sobre a pista e así foron. As visitantes cada vez arriscando máis e as locais defendendo a escasa renda, pero o marcador non se movía. Nos últimos minutos as visitantes adiantaron a súa porteira para crear superioridade en momentos puntuais o que tamén deu opcións as locais o gol, pero nin unhas nin outras foron quen de mover o tres a dous que resultou definitivo.
2ª División Femenina - Grupo IV. 26ª Xornada
- Resultado: Leis Pontevedra FSF - Viaxes Amarelle FSF (1-3)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Laura Tesouro, Lago, Dolo (cinco inicial), María Gómez, Sheila, Uxía, Xiana, Ana, Sandra (portera suplente).
- Goles: 0-1 Lago (min. 16); 0-2 Lago (min. 25); 1-2 Lara Rodríguez (min. 34); 1-3 Dolo (min. 37).
O Viaxes Amarelle FSF fixo un gran partido contra un rival que non o puxo fácil en ningún momento, e complicou a tarefa ofensiva das herculinas, aínda que finalmente con dous goles de Lago e un de Dolo supuxo unha vitoria máis ou menos cómoda por un marcador de 1-3 para as herculinas, que non conseguiron o premio do pla-off trala vitoria do Unami CP no seu enfrontamento.
Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
- Clasificación da Liga Provincial Masculina.
Crónicas da temporada
- Pechando unha liga dispar.
- Cee vibrou ca Festa do Fútbol Sala costeiro.
- O Fisober deixa escapar o ascenso mentres o Vila de Cee prepara a Festa do FS.
- As bravas Vila de Cee, campionas da Liga Provincial no seu terceiro ano de vida.
- Continúa a loita.
- Dous ascensos no forno.
- Con Pioto e a afección polo ascenso.
- Mantendo o pulso na zona alta.
- Derrotas antes do gran derbi.
- Grandes tardes de fútbol sala.
- FSF: Un xaneiro fetén.
- FSF: Vila de Cee e Ponteceso ao mando.
- A Festa do FSF: “Unha doce resaca”.
- Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF.
- FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para rematar o ano:
- Atletes, Fisober, Ponteceso e Vila de Cee pelexarán pola I Copa da Costa FSF.
- FSF: A mozas do Vila de Cee xa celebran o título invernal.
- FSF: As Atletes xa saben gañar.
- FSF: Unha xornada de paella colectiva.
- FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi.
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).