Xoves. 25.04.2024
El tiempo

FSF: Pechando unha liga dispar

FSF: Pechando unha liga dispar

Se o Fisober aínda ten dous partidos por diante, sen nada en xogo, para rematar a Liga Galega, os 4 equipos costeiros da Liga Provincial disputaban esta fin de semana a última xornada. Unha tempada dispar para unhas e outras, pois temos unhas campionas, un 5º posto e dous equipos na zona baixa.

Cómpre destacar a gran campaña do Vila de Cee, que a pesar da derrota do sábado ante as subcampionas, celebran o título cunha diferencia de 8 puntos, con 109 goles a favor e 32 en contra. O ano que vén, as de Juan Jesús disputarán a Liga Galega xunto co Fisober.

Arriba tamén estivo ata o final o Concello de Ponteceso, que tivo moitas xornadas nas que pelexou polo ascenso. Finalmente un moi bo 5º posto que deixará ás de Curro unha tempada máis no alto da Liga Provincial.

Na zona baixa quedan as Roxiñas de Lira e as Atletes de Esteiro. As muradanas, na súa primeira tempada, deixaron un mal sabor de boca nos seus afeccionados, pero esperan que, a base de autocrítica e traballo (técnico e sobre todo físico), poidan saír adiante e amosar un camiño de esperanza para o curso vindeiro.

Polo de agora, os 4 equipos esperan xa pola Copa Provincial.

Liga Autonómica, xornada 28

Fisober co Viaxes AmarelleFisober co Viaxes Amarelle Choque do Fisober co Viaxes Amarelle
  • Resultado: VIAXES AMARELLE “B” F.S.F. – FISOBER F.S.F. (2-4).
  • FISOBER: Leti, Nuriña, Mai, Ana, Inés; tamén xogaron: Noe, Paula Fandiño, Tamara, Ale, Andrea Piroja, Myrella.
  • Goles: 1-0 Martita, 1-1 Leti, 1-2 Paula Fandiño, 2-2 Martita, (descanso), 2-3 Inés, 2-4 Mai.

Antepenúltima xornada para un Fisober que xa non se xoga nada. Así e todo, as de Fran Toba conseguiron rachar por fin a mala xeira de resultados de abril o conxunto costeiro e despois de tres derrotas consecutivas volveu a senda da vitoria nun partido igualado que se decidiu na segunda metade.

O partido non puido arrancar peor para o Fisober xa que no primeiro minuto se adiantaban as locais cun gol de Martita. Pero pouco tardaron en responder as visitantes e nun lanzamento longo de Leti tan solo un minuto máis tarde igualaban o electrónico. A intensa calor que se vivía no pavillón marcaba o ritmo dun partido do que ningún dos dous equipos era dono e no que as ocasións escaseaban. Ata que mediada esta primeira metade a nove para o fin, as visitantes se adiantaban no marcador cun gol de Paula Fandiño. A pesar do gol o guión do partido non cambiou e o ritmo do xogo tampouco, moi mediatizado pola calor. O que si cambiou foi o electrónico cando a tres para o fin desta primeira metade Martita facía o segundo gol local igualando novamente o partido. Co resultado de 2 a 2 chegouse o tempo de lecer.

No comezo da segunda metade o Fisober saíu con outro ritmo con gañas de reencontrarse novamente ca vitoria. Así encadeou boas ocasións por mediación de Noe e despois de Tamara. E os sete minutos desta segunda metade unha boa combinación das visitantes remataba co gol de Inés para poñer novamente ó Fisober por diante no electrónico. As locais puideron igualar mediada a segunda metade cando Ana levantou por encima de Leti e esta última enviou in extremis a saque de esquina. Tamén puido pechar o partido Myrella cando a seis para o fin mandaba un balón ó pau. A falta de catro minutos para o fin as locais decidiron arriscar co xogo de cinco. Pero o Fisober respondeu ben a tal situación. Ana marcaba despois dun roubo aínda que o colexiado anulaba o gol por unha posible falta previa. Quen volveu a roubar foi Mai quen marcaba dende medio campo para poñer o catro a dous que finalmente foi definitivo. Dende aquí ata o final as locais tentárono e as visitantes defendéronse con solvencia para levarse a vitoria.

A vindeira semana haberá parón na Liga co que a competición volverá dentro de quince días fronte ó Estrada Fustsal.

Dende o Fisober F.S.F. queren mandarlle todo o noso ánimo, forzas e mostrar as nosas condolencias e trasladar o noso máis sincero pésame á familia de Abdoulalle Fall Seck , como tamén a tódolos seus compañeiros, adestradores, directivos e a familia do Muxía C.F. nestes difíciles momentos que están a pasar, D.E.P. “Abdou” .

Celebracion do Fisober  

Liga Provincial, xornada 26

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Ártabras Fene FSF (7-1)
  • A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, Carla, Noa, Carmen - tamén xogaron- Sandra, Chus, Zeltia, Salomé, Martina e Isabel.
  • Goles: Carmen (3), Carla, Martina, Chus, Zeltia para o Ponteceso; Noa (p.p.) para o Fene
Ponteceso FSF 15-16-Foto-DC Ponteceso FSF 15-16-Foto-DC

Comezaba ben o Ponteceso, movendo o balón e presionando arriba. No primeiro minuto xa se adiantada no marcador cun gol de Carmen. Seguían co mesmo ritmo as pontecesanas, tendo o control do xogo e coas de Fene que apenas tocaban o balón. No minuto 5, Carmen faría o segundo rematando no segundo pau tras xogada de córner. Un minuto despois, Carla poñía o terceiro no luminoso tras unha boa xogada combinativa do equipo. Aínda co resultado a favor, non se relaxaban as de Ponteceso, que seguían dominando o encontro e chegando con claridade á portería rival, mandando incluso un bhshalón ó pau.
Co paso dos minutos iría tocando máis o balón o Ártabras, conseguindo facer algunha xogada, pero sen xerar ocasións de gol. Melani só tivo que intervir unha vez cortando unha contra. Nos últimos 3 minutos terían un par de ocasións máis, pero Martina e Salomé mandarían os balóns rozando o pau. Irían cara os vestiarios co 3-0 no luminoso.

No segundo período comezarían relaxadas as xogadoras de Curro e tendo un par de erros nas saídas do balón. Nun destes chegaría o primeiro tanto do Fene. Despois do gol volverían centrarse as pondalianas, que farían dous goles en 1 minuto. Carmen facía o 4° tras unha xogada con Chus e Martina remataba no segundo pau un pase de Ana para poñer o 5° no marcador. Seguiría o encontro na mesma liña, e Chus marcaba o sexto tras unha contra empezada por ela mesma cunha boa saída do balón. Zeltia facía o 7° cun pase que acababa en gol entrabdo polo pau da porteira.

Liga Provincial, xornada 25

  • Resultado: Troula - FSF Vila de Cee (3-1)
  • FSF Vila de Cee: Carla, Adriana, Alba, Marta e Andrea. Tamén María Lijó, Paula Trinidad, Tati, Lucía e Vanesa.
Ultimo partido do FSF Vila de Cee Último partido do FSF Vila de Cee

Ultimo partido da tempada, onde as Ceenses sendo xa gañadoras de Liga, non puxeron a intensidade necesaria contra un equipo que se xogaba o subcampeonato na súa casa e que loitaron e conseguiron merecidamente.

Comezaron moi despistadas as Ceenses, esperando en media pista e deixando o balón o Troula, sendo o equipo local o que poñía intensidade o partido, as Ceenses limitábanse a defender e intentar saír a contra. Non tardaron en marcar as rapazas do Troula, e no minuto 15 da primeira parte lograron poñerse cun 3-0. Intentaron corrixir seus erros as Ceenses, melloraron en defensa pero sen aportar case nada en ataque.
Xa na segunda parte saíron algo mais motivadas as Ceenses, mentres o Troula defendía perfectamente a súa vantaxe, xa cara final do partido Andrea consegue recortar o marcador 3-1, pero xa non daría tempo a mais.

As estrelas nesta último xornada son 3* para Vanesa, a cal estivo fantástica na portería, 2* para Lucia xenial a infantil do equipo, 1* para Paula Trinidad.

 

Liga Provincial, xornada 25

  • Resultado: A. D. Atletes, FSF. - S.D. A Baña (0-7)
  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Cris; Sara; Marta; Bárbara; Alba; Antía; Ana; Sandra.
Atletes de Esteiro Remata unha temporada frouxa do Atletes de Esteiro

Partido xogado no Pavillón Municipal de Esteiro (Muros), o cal acudiron sobre úns 250 espectadores, onde destacaban afeccionados da Baña, que se desplazaron a Esteiro, acompañados por unha soleada tarde. Saíu o equipo da Baña con moitas precaucións, atacando tímidamente á portería das esteiranas. Estas defendíanse con orden, pero sen poder saír da metade do campo cara a territorio das da Baña. Froito do dominio das da Baña, no minuto 13, Ainoa cun tiro desde o medio campo, consegue o un a cero para Baña. Con este resultado finalizou a primeira parte.

A partires de aquí e, como xa ven sendo costumbre nos últimos partidos do Atletes, a Baña fíxose dona do partido nesta segunda metade. O dominio foi absoluto, e as esteiranas asfixiadas, non conseguiron crear unha soa ocasión de perigo durante esta segunda metade.

 

Liga Provincial, xornada 25

  • Resultado: Redblue 5 Coruña - Concello Carnota Lira (4-0)

Derrota das Roxiñas na Coruña ante un dos equipos da zona alta.

 

2ª División Femenina – Grupo IV. 24ª Xornada.

  • Resultado: Unami CP - Viaxes Amarelle FSF (4-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Dolo, Lago, Sheila (cinco inicial), Laura Tesouro, María Gómez, Uxía, Xiana, Sandra (portera suplente).
  • Goles: 1-0 Laura Llorente (min. 3); 2-0 Martita (min. 11); 2-1 Laura Tesouro (min. 23); 3-1 Laura Llorente (min. 26); 4-1 Patri (min. 40).

Complícase e moito a clasificación para os play-off as herculinas trala súa primeira derrota a domicilio. As de Patri non acertaron cara a meta local e sucumbrion ante un rival directo. Quedan agora as Pili Costa a 5 puntos do líder a a 4 das 2ª clasificadas, con só 6 puntos en xogo. Así e todo, se vence os dous partidos aínda ten opcións de quedar na segunda praza e acceder ao Play-off.

 

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios