Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fútbol Base: emoción nas categorías de fútbol 11

Fútbol Base: emoción nas categorías de fútbol 11
Pasado o primeiro tercio de competición, xa é hora de botar un ollo a como van as ligas de fútbol base, viveiro de xogadores de futuro para o deporte costeiro, e sobre todo, criadeiro de persoas, as que van a rexir os nosos destinos nos próximos anos. Debemos darlle a importancia que realmente ten a esta formación, básica na vida da maioría dos rapaces que andan polos nosos campos. Esteirana Xuvenil 17-18 A Esteirana, un dos claros outsiders da liga xuvenil En XUVENÍS,  a cousa está que arde. A pelexa polos dous postos que dan acceso á fase final, onde se dirimirán os ascensos a Liga Galega, vai gañando interese a medida que pasan as xornadas. Os tres equipos de cabeza teñen demostrado potencial para pelexar polo título. O resultado da pasada fin de semana en Fisterra, onde o San Lorenzo gañou con solvencia por 0-3 pon ós carballeses, actuais campións, como candidato a todo. O Corme, cunha xeración de xuvenís espléndida comandada polos Eloy, Samu Costa, Manu Bermúdez e compañía, encabeza a tabla clasificatoria. O Fisterra dos Ezequiel, Isaac, Aarón ou Gabri é segundo. O San Lorenzo, que mantén rapaces importantes do ano pasado como o gardameta Benja, ou o medio Jose, segue a ter un equipo moi forte. Esteirana, Cabana, Puenteceso e Soneira están a facer unha gran campaña e son equipos que todavía teñen tempo de chegar ós postos cabeceiros, e senón, de dar importantes sustos ós de arriba. O Puenteceso xuv., en clara progresión En CADETES, o feito de que a competición sexa tan curta, con xo 12 equipos, fai que cada partido se convirta nunha final. E espectacular ver os partidos entre os equipos fortes desta liga, a cara de can, con evidente calidade e emoción. Tamén temos 2 postos dispoñibles para a fase final de ascenso, e agora mesmo Outes e Esteirana son os equipos que as ocupan. O Outes estase mostrando intratable, con un so pinchazo en Muros contra Os Miudos nunha tarde moi extraña. Os Miudos, Puenteceso, Zas e Sofán estanse mostrando tamén fortes e seguro que teñen moito que decir de aquí ó final. Os cadetes do Sofán, un rival duro de roer En INFANTÍS, estase a reeditar o duelo dos últimos anos en diferentes categorías entre Outes e U.C.Cee, que van imparables na cabeza da tabla, e parece que loitarán entre eles pola plaza que da acceso á fase de ascenso. O Outes todavía non coñece a derrota, e o Cee so perdeu na primeira xornada contra o Sofán, e dende ahí encadena vitoria tras vitoria. O propio Sofán, Cabana, Muxía, Esteirana ou Cerqueda están a facer moi boas campañas pero andan un pouco lonxe do ritmo de cabeza, aínda así todavía nos quedan xornadas e partidos emocionantísimos que seguro darán de que falar nesta preciosa liga da costa. O Cee unha vez mais candidato ó título infantil Para a semana que ven repasaremos as ligas de fútbol 8, e recordemos que estamos a falar de fútbol base, deporte de formación, no que é tan importante ou mais o comportamento que teñamos os adultos nas gradas, ensinándolle co exemplo ós nosos rapaces, como marcar un gol no desconto ou gañar un título.

Comentarios