Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fútbol base, ensinanza ou negocio

Fútbol base, ensinanza ou negocio
O deporte base e necesario para que os rapaces aprendan uns valores de traballo, compromiso, amizade e respeto. No tema futbolístico a Xunta de Galicia ten un plan para poñer en valor esos ideais fomentando o deporte e saindo gratis as fichas para poder disputar as competicions federadas baixo a sua tutela, quedando só a cargo do club o gasto de arbitraxe e por suposto o de adestrador. Ese último detalle e moi importante, actualmente para desenvolver esa función, mínimo teñen que sacar un certificado para poder adestrar sabendo uns criterios básicos de fútbol e de preparación física. Destacados estos parámetros entramos na materia do negocio, anteriormente para adestrar esas categorías o único que facía falta era ter tempo, e aí é onde os directivos puñan ó mellor xogador do seu plantel sénior a facer esa función e ter así a posibilidade de darlle un soldo sin que afectase o conxunto da plantilla, dando por feito que se pagaba por ese traballo e non por xogar no equipo. Os rapaces nesa idade necesitan unha enseñanza de xogo e formación táctica, pensar, controlar e realizar a tarea e non alguén que os coloque no campo e mande correr sen sentido. Tema importante do negocio no fútbol base son os equipos, que en vez de axudar e ofrecer os mismos recursos que os maiores, son casi unha peza fundamental para a supervivencia de ambos, o tema económico e o que os directivos teñen que lograr en venta de rifas, conseguir socios, cantina e entradas nos partidos, pero todo cambia na base, obrigando que paguen unha cantidade ou na venta de roupa deportiva con escudo e publicidade e decindo unha cantidade mínima que ten que lograr o rapaz en facer socios, detalles que non se lle ocurre pedir os xogadores senior e iso que as fichas para xogar si que hai que pagalas. Iso afecta o tema deportivo, poñendo de exemplo as escolas de fútbol, esos equipos representan o concello, que pagan os seus pais como deporte extraescolar pero teñen unha seguridade de que todos xogaran un mesmo tempo e quizais por eso soen estar nunha zona baixa da clasificación pero sen críticas. Non ocurre o mesmo en equipos que fan o anteriormente comentado, aunque todos paguen e teñan o mesmo dereito non teñen os mesmos minutos dentro do encontro e quizais tamén máis temor a ocupar a zona baixa, porque desde que existe unha clasificación último non quere quedar nadie e menos cando tes que convencer a uns pais para que fagan un desembolso económico. Unha gran maioría os rapaces con máis calidade co tempo van subindo categorías e teñen sitio para xogar no senior, pero tamén moitas veces desde que non son rentables desenténdese dese xogador. Eu rompo unha lanza en favor deses clubs que dedican o mismo esforzo e traballo a base como os seniors tratandos da misma maneira e concedéndolle en igualdade todos os privilexios de formar parte da entidade e defender o escudo, e non tratar como unha mercancía necesaria para lograr máis cartos e gastalos no senior. Pode haber controversia pero todos sabemos que existe esa forma de ver e actuar co fútbol base.
  • Ángel Garrido.

Comentarios