Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Geno, un estratega buscando soluccións en Esteiro

Geno, un estratega buscando soluccións en Esteiro
Iván non parece moi contento do que lle conta Geno o ano pasado - FOTO DAVID CASTRO Foi un futbolista de alto nivel. Naquel Fisterra dos anos 80 que chegou á 3ª División, Geno, xunto con outros grandes xogadores de Louro, ocupaba o centro do campo. Aquel equipo fixo historia e todavía é recordado na vila do Cristo. Leva Geno xa bastantes anos de adestrador, os últimos ó lado de Iván Cancela no Xallas e no Sofán. E este ano aceptou a oferta dunha Esteirana ilusionante, que volveu tras ganar a Liga da Costa á 1ª Galicia. O reto é grande. Manter un equipo basado na canteira, ante conxuntos económicamente moi potentes. A Esteirana é un deses equipos que se fai querer, pola súa filosofía e ética de traballo, e como non, por ese Xosé Luis Vara sempre cheo apoiando ó seu equipo. Isto nos contou Geno sobre a situación do equipo: QPC - Míster, estades a facer bos partidos pero os resultados non acaban de chegar. A que cres que é debido? Creo que a mala racha non é de xogo, os resultados non son acorde ao que facemos no campo. As causas son que non convertimos en gol as ocasións que creamos e sin embargo recibimos goles inexplicables. QPC - Que teclas hai que tocar para buscar saír desta mala xeira? A solución é gañar. Gañar un partido nos daría moral para o seguinte. Seguiremos traballando igual. QPC - A semana pasada tocouvos sufrir ó líder, o Sigüeiro. Que che pareceu, ten tanto equipo como di a clasificación? Dos equipos cos que xogamos paréceme o mellor con diferencia. Ten xogadores de outra categoría e un ritmo de xogo alto para esta categoría. En Preferente pelexaría, sin máis. QPC - Que sensación te estás a levar da categoría co que viches ata agora? Sorprendeume para mal. Creo que hai moita diferencia con respecto a Preferente. QPC - Despois de varios anos ó lado de Iván Cancela, como está a ser a  túa experiencia como primeiro adestrador? A única diferenza e o tempo. Eu, a parte do fútbol teño outro hobby, viaxar. De segundo tiña máis liberdade para facelo. Agora non teño esa liberdade. Anteriormente, nos equipos que estiven, sempre o fixen de primeiro. Xa tiña experiencia. Non me pesa ser primeiro. Iván e meu amigo, incluso algo máis, e ademais nos une o fútbol. Me chamou para ir con el ao Xallas e estivemos xuntos tres tempadas, vivimos moitas experiencias, unha mellores e outras peores, eso nós uniu máis. A min non me obsesiona adestrar, pásome tempadas si facelo, adícome ao meu outro hobby. QPC- Como estás a ver ós outros equipos da Costa na categoría? O máis firme parece o Fisterra, do cal me ledo moito, tanto por Ángel como polo equipo, estiven alí oito anos. Os demais véxoos, incluido nós, dando bandazos. Con altos e baixos. Sacan adiante partidos complicados e ceden puntos noutros que non son tanto. Bastante irregulares. Estalle costando sumar á Esteirana nas últimas xornada

Comentarios