Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Heri Atán presenta o seu C2 en casa co obxectivo de gañar a Copa

Heri Atán presenta o seu C2 en casa co obxectivo de gañar a Copa
Brens Racing Motor presentase en casa

Este vindeiro sábado, ás 19.30h terá lugar a presentación do Brens Racing Club no Paseo Alcalde Pepe Sánchez. Unha cita obrigada para todos os amantes do mundo do motor da comarca fisterrá. E como non, alí estará o noso especialista Sergio Dosil, que estivo falando con Heri Atán, un dos grandes protagonistas.

Haberá de todo no paseo ceense. Unha exposición de coches, do equipo ao completo, co C2, o camión de AR Vidal… Non faltará o churrasco, empanadas e tortillas para amenizar a tarde, sorteos e venta dos polos desta temporada. Haberá tamén vídeos de rallys para darlle ambiente de motor ao asunto, entre os que estarán os míticos do Rally Mil Vistas e da Subida a Dumbría, pensando nese posible vindeio Rally Costa da Morte, como nos contaba o presidente da Federación.
E á noite fiesta con limusina e a disco móbil CDC, con cubatas a 3€… e algunha sorpresa máis. Un evento que servirá de empurrón para afrontar o orzamento deste ano.

Tamén presentarán a nova decoración aos patrocinadores, fundamentais sempre para que a tempada sexa exitosa Nese sentido, Heri quere agradecer a colaboración dos Taller Marcauto, Expomotor Compraventa, Estación de Servizo Bazarra, CDC Discomovil, Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo, Hallman Energy, Peluquería Amalia, Clínica Veterinaria Argos, Tienda erótica Tentacions, Autolunas Cee, Estetica Egos, Pinturas Carnota, e tamén ao programa Pirelli AMF Motorsport.

"A expectativa e o objetivo é gañar a Copa, pero hai que ir con calma... sempre que os resultados nos acompañen, seguiremos o campeonato ao completo”, asegura Heri.

Alí estaremos e o contaremos, e o vindeiro día 19, estaremos tamén na presentación de Juan Lojo en Muros.

O Rallymix de Santa Comba en TV

Como traballan estes técnicos do Departamento Audiovisual de Santa Comba. Quedáramos pendentes do Rallymix, que o pasado setembro colocou ao Concello de SAnta Comba como o centro neurálxico do automobilismo en Galicia. Aí está o resultado da proba, da man de Vilas, Huelvis e José María na edición:

 

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios