Martes. 23.04.2024
El tiempo

Historias da Costa: o Mazaricos do 94, gloria e dor

Historias da Costa: o Mazaricos do 94, gloria e dor
O plantel do campión. Torreira é o cuarto arriba pola esquerda. Acompáñanos na vida a dor e o placer, a veces entremezclados ata non saber distinguir cal e cal. O fútbol é disfrute, paixón, amizade, campos verdes co resío da mañán. Pero tamén é pérdida, amigos que nunca volven, xente que se vai, sobre todo cando nos imos facendo maiores. Borgonovo, autor de goles inolvidables, víctima da ELA Stefano Borgonovo foi un xogador de élite italiano, no Milán e Fiorentina entre outros nos anos 80 e 90. Faleceu ós 49 anos víctima da esclerosis lateral amiotrófica, a temida ELA. O drama deste rapaz conmocionou a toda Italia e ensinounos o que esta terrible enfermidade fai, a destrucción paulatina das células nerviosas que acaba cunha persoa en pouco tempo, deixando un cerebro dentro dun corpo inservible, esperando o final. As bagoas de xente como Ancelotti ou Roberto Baggio fixéronnos estremecer e aprender esta terrible plaga. Pero á xente do fútbol costeiro non nos fixo falta Borgonovo. Xa tíñamos a Torreira. Resulta difícil escribir estas liñas sin tremer, contar como un volcán de paixón futbolística se foi apagando pouco a pouco. Pero o que si vou a decir, é que nos dou a toda a xente cercana unha lección vital impagable: a do eterno sorriso na traxedia. Nunca o vin deixar de ser optimista, e sobre todo de disfrutar co fútbol da Costa, e co seu Atlético de Madrid. Acordámonos moito de ti, amigo. Torreira foi campión da liga da Costa. Un gran campión na vida, pero tamén levantou a copa no campo. Saboreou a gloria. Esa gloria que será o noso único recordo, ó lado das persoas queridas, nos últimos intres. Foi nunha inesperada competición, na que un sorprendente Mazaricos se levou o título arrebatándollo ó todopoderoso Baio. Era o Baio dos fisterráns Isidro, Bareta ou Velay, estrelas costeiras naqueles tempos, sobre todo o goleador Isidro, todavía home record entre os pichichis da Costa. En Coristanco, todo Mazaricos celebrou o título. As catro últimas xornadas foron emocionantísimas. Ambos equipos estiveron igualados a puntos prácticamente ata a última data. O partido clave foi en Buño. Visitou o Baio a terra oleira, e non foi quen de vencer: igualada a 1 tanto con un Buño con 5 xogadores xuvenís. Ó Mazaricos chegáballe un empate na última xornada en Coristanco para ser campión. A última data foi un clásico costeiro: festa en Coristanco, e decepción en Baio, nun encontro contra o Xallas que os xogadores do Baio se tomaron a broma, indo xogar un maratón de fútbol sala o día anterior, e sendo sancionados pola directiva do clube por tal feito. O Mazaricos tería sido campión ainda perdendo, pero venceu 2-0 con goles de Lema e Toja, e a festa foi inenarrable. O gardameta Victor incluso detivo un penalti co 0-0 no marcador. Dous anos despois da súa fundación o Mazaricos era campión da Costa. O cava correu polos vestiarios. A festa na Picota, con queimada incluida, foi das que fan época. Era aquel Mazaricos un equipo rocoso, non exento de calidade. O gardameta Víctor, presidente do Outes posteriormente, era unha garantía baixo paos. Un clásico, Nito, ocupaba o lateral dereito. Raúl Periscal, actual adestrador do Cerqueda, xa mostraba as cualidades que o levaron a divisións superiores sendo ainda xuvenil. Moro mandaba no mediocampo, co seu despliegue e calidade, e Lema poñía a clase, dando recitales de fútbol ali onde ía. O gol era cousa de Moreno, acompañado do capitán Sanchiño, que dando os seus últimos coletazos era unha peza clave. Moreno con 18 tantos, 4 de falta directa e Moro con 15 foron os goleadores do equipo. O adestrador era Celso Villar, que declaraba ó ser campión que ... a constancia da plantilla para acudir ós entrenos, a ilusión e a disciplina foron as claves..., e tamén que ...as victorias en Muros e en Baio fixéronnos creer no título... Éxito total, cunha soa derrota en todo o ano, no derbi co Xallas. O equipo quería tamén a Copa da Costa, pero foi apeado en cuartos de final polo Laxe, posterior subcampión, nunha eliminatoria agónica, onde o Laxe remontou un 2-0 da ida gañando 4-1 na volta. Era o Laxe dos Tinolos, que tantas boas tardes tivo na Copa da Costa. Que equipazos había daquela¡¡¡ Días de gloria en Mazaricos, de amizades interminables ainda nos momentos mais tristes. O fútbol axúdanos a levar cun sorriso a traxedia que é a vida. O día da entrega do trofeo, Torreira levantou a copa, mirando ó ceo, no que está agora contándolle a todos que unha vez foi campión da Liga da Costa.  

Fonte

  • Redacción de Fútbol da Costa.
  • Hemeroteca de La Voz de Galicia.

Comentarios