Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Importante reunión do Fútbol da Costa para analizar a situación das 2ª e 3ª Autonómicas

Importante reunión do Fútbol da Costa para analizar a situación das 2ª e 3ª Autonómicas
Reunion do Futbol da Costa Reunion do Futbol da Costa

A semana pasada xa houbo unha importante reunión en Baio, convocada pola Federación Galega de Fútbol, para ir preparando a vindeira temporada. Apenas o 50% dos equipos acodiron á cita.

Estas citas, previas ao comezo de temporada, son as máis importantes. Son as necesarias para que o Fútbol da Costa poidamos influir de verdade nas decisións dos comités, e as que nos permitirán ter dereito a protestar. Son fermosas as reunións do Sorteo da Copa da Costa, pero nestas é moito máis necesarias que participemos.

Por iso invitamos a todos os clubs a que acepten a invitación da Federación a participar na reunión convocada para o vindeiro luns 11 de xullo, 11 ás 20:00 horas no Auditorio de Baio.

O tema máis importante será a proposta de ascensos e descensos da 2ª Autonómica e 3ª, isto é, a realidade da 3ª Autonómica. A Federación propón que os ascensos de 2ª se manteñan igual (1 directo e 1 promoción), pero aumentar un desceso ata os 3 de 2ª a 3ª. Pola contra, a Federación propón que sexa só 1 ascenso directo dende a 3ª, e unha promoción do 2º ao 5º, quedando 16 equipos na Liga da Costa (2ª) para a tempada 2017/2018.

Se estades dacordo, ou non, é o momento de acodir, propoñer e votar. Despois falar e protestar é moi sinxelo pero non vale para nada.

Fonte

Comentarios