Martes. 12.11.2019
El tiempo

Importante vitoria das cadetes do Voleibol Dumbría

Importante vitoria das cadetes do Voleibol Dumbría

O conxunto cadete feminino do Voleibol Dumbría conseguiu unha importante vitoria na cancha do Voleibol Boiro, un dos seus rivais directos na Liga Galega de voleibol, por un contundente 0-3 con parciais de 22-25, 9-25 e 17-25.
Segundo o seu adestrador Gurutz Larrañaga "o partido estivo controlado en todo momento e tan só na metade do primeiro set as locais conseguiron achegarse no marcador". A partir de aí as dumbriesas conseguiron mellorar a súa recepción, o que lles permitiu combinar con maior facilidade en ataque e facer prevalecer a superioridade das súas centrais. Destacar tamén o acerto no saque desde a liña de 9 metros, que dificultou o ataque das xogadoras de Boiro.

Este sábado a partir das 10:00 h. recibirán ao Voleibol Pontevedra en lle Pavillón Municipal de Dumbría e sen dúbida que esta importante vitoria dará confianza ao novo equipo dumbriés para afrontar este choque contra outro dos equipos que serán rivais directos ao final de tempada.

Outros resultados

  • Infantil masculino: Boiro - Manuela Rial: 0-3 (19-25, 15-25, 11-25).
  • Infantil feminino: Boiro - Manuela Rial: 2-3 (22-25, 25-22, 21-25, 25-18, 11-15)
    Voleibol Pontevedra .- Manuela Rial: 3-0 (25-21, 25-16, 25-11)
  • Xuvenil maculino: Boiro- Voleibol Dumbría 3-1 ( 25-14, 25-19, 23-25, 25-17)

Vindeira xornada

Sabado 17:
- 10:00: Cadete feminino: Voleibol Dumbría- Pontevedra;
- 11.30: Infantil feminino: Manuela Rial-Noia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios