Venres. 29.03.2024
El tiempo

Jorge Calvete, goles en familia

Jorge Calvete, goles en familia
Dende logo se hai unha familia que sinte as cores do Buño, eses son os Calvete. O pai preside o club, o irmán maior dirixe o equipo senior e o fútbol base e o pequeno brega no centro do campo todos os domingos. É o Buño un club cheo de sagas familiares que fixeron grande ó equipo oleiro ó longo da historia, sempre dende a modestia para chegar a triunfos soñados. As épocas de gloria son do pasado e agora mesmo o club vive do traballo denodado duns poucos, con moito mérito, e este ano están a ser unha sorpresa moi positiva, polo nivel de competitividade que lle dou Dani Calvete dende o banquillo. Veñen de vencer ó Malpica nun derbi dos de sempre por 0-3 a domicilio, e Jorge Calvete foi o autor dos dous primeiros goles, tarefa pouco habitual no centrocampista, pero que o outro día na Pedra Queimada explotou como ninguén. Falamos con el para que nos contara sobre como foi ese feito e sobre a actualidade do Buño. QPC - Non eres un habitual goleador, pola posición na que xogas. Canto facía que non metías dous goles nun encontro? O ano pasado metinlle dous tantos ó Louro aló, pero perdemos 3-2. Este ano souberon mellor pois foi con vitoria. O meu último gol foi contra o Baíñas, era o empate e puxemos contra as cordas a un dos equipos importantes da liga, aínda que despois perdemos. QPC - Cóntanos como foron os dous goles do domingo. O primeiro foi un pase de Anxo moi preciso que quedou cerca dun defensa, disputámola e saín ben parado, quedei man a man co porteiro e cando este estaba saíndo púxena ó segundo pau e entrou. O segundo foi un centro de Miguel que o porteiro despexa cara o punto de penalti, eu estaba acompañando a xogada e según me veu o balón rematei con forza e entrou. QPC - O marcador reflexa unha gran superioridade vosa. Foi así o partido? A primeira parte foi moi igualada debido ó plantexamento de ambos equipos, con moita xente no medio para parar a Dani Casal, non deixándolle xogar fácil. O míster creía que esa era a súa mellora baza. Solo houbo unha ocasión do Malpica na que deixamos ben a Vituco en fora de xogo. Nos ítivemos unha de Zinho que diante do porteiro non dou tirado. Na segunda parte o míster foi polo partido abrindo mas a Anxo e a Zinho e fixemos moito mas dano, metemos rápido o primeiro gol e defendemos ben. QPC - Como está o equipo ante o treito final de tempada? Ben, adestrando casi todos, cun grupo unido e creo que a volta de Dourado e a chegada de Anxo dan esa pausa no medio do campo que precisaba o equipo. QPC - Estades metidos na loita por salvar a categoría, que este ano vai a ser moi intensa. A verdade é que si, este ano vai a estar moi dura, co resultado do domingo métese o Malpica, que en teoría non debería estar ahí, e despois ben se ve que estamos un lote de equipos nuns poucos puntos, que calquera pode descender. QPC - Os derbis Malpica - Buño son un clásico costeiro. Foi especial para vos a vitoria? Especial? Para nada. Foi un derbi descafeinado porque o Malpica non ten xogadores da zona, únicamente por xogar contra amigos e ex compañeiros que saíron do Buño para ir para alí. QPC - Como levas que teu propio irmán sexa o adestrador? Non penso niso, son un xogador disciplinado que creo que son fácil de adestrar. Despois podría afectar porque por traballo este ano non adestro todo o que me gustaría, pero Dani ten un grupo de amigos do pobo e ó remar todos cara un obxectivo ímolo levando ben, aínda que el sufre un montón. QPC - Lograredes a salvación? Ese e o noso obxectivo, esperemos que si, e loitaremos para que iso suceda, esperemos que sexa antes da última xornada, que o ano pasado foi un último partido de infarto cun final feliz, con gol do capitán Emilio nos últimos intres.

Comentarios