Venres. 29.03.2024
El tiempo

Liga da Costa: ALEJría

Liga da Costa: ALEJría
Dous goles de Alejo déronlle ao Corme a vitoria no crucial derbi co Ponteceso, e non só lle permitiron manter o ritmo do Baio, senón que puxo dous puntos máis de vantaxe sobre o Mazaricos; espectacular goleada do San Lorenzo Alejo, onte no Pinguel, con Alberto Recarey ao fondo - Foto: SD Ponteceso Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com   Laxe 2-4 Cerqueda Campo: Cabo D'Area Laxe: Jaco, Martín, Bras, Jacinto, Manuel, Gora, Borja, Felipe, Simón (Iñigo m.70), Aless e Carrabete (Pedro m.56) Cerqueda: Richard, David, Velo, Athu, Uru, Dani, Cholo, Míchel, Lorenzo, Eloy (Bastón m.72), Méndez e Iván Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Gora e Carrabete do Laxe; Méndez do Cerqueda Goles: 1-0 m.3 Carrabete; 1-1 m.12 Eloy; 1-2 m.49 Uru; 1-3 m.54 Méndez; 1-2 m.82 Gora; 2-4 m.86 Iván Se lle pon moi difícil a salvación ao Laxe - Foto: UD Cerqueda Cadea perpetua para o Laxe Asinou prácticamente a sentencia de morte deportiva do Laxe un Cerqueda que vive no estado da tranquilidade e que tampouco necesitou forzar demasiado ou tirar das súas virtudes para levar os tres puntos. Non é precisamente o momento de máis fe por parte local, e nin sequera o madrugador tanto de Carrabete, nada máis comezar e tras unha indecisión defensiva do seu rival, serviu para lanzar unha mensaxe de certo optimismo. Pasou pouco o esférico polo medio do campo, e incrementouse a sensación de descontrol trala igualada de Eloy, baixo un guión similar ao anteror. Resultou demoledor e decisivo o segundo do Cerqueda, nada máis comezar o segundo acto, nun córner rematado por Uru. Méndez, cinco minutos despois, faría o terceiro á contra. Decreceu a intensidade da cita, e habería un intercambio de golpes final cos tantos de Gora para o Laxe e de Iván para o Cerqueda.   Baíñas 3-0 Porteño O Porteño tivo ocasións para máis - Foto: CF Porteño Campo: Municipal de Vimianzo Baíñas: Maikel, Jaime (Damián m.86), Braulio, Canedo, Héctor, Canay (Oreiro m.50), Chento, Felipe, David Blanco, Víctor (Roly m.70) e Pablo Muíño (Eloy García m.86) Porteño: Jimmy do Cairo, Pejo, Adrián, Piti, Jorgito (Wii m.62), Quilmes, Marcos, Jorge (Manuel m.80), Isma, Roi (Mario m.84) e Rodri (Cachi m.72) Árbitro: Núñez Fiuza (A Coruña). Amonestou a Roi e Marcos do Porteño Goles: 1-0 m.34 Jaime; 2-0 m.82 Pablo Muíño; 3-0 m.90 Oreiro A diferencia entre saber e non saber metela Goleou finalmente o Baíñas ao Porteño e acadou máis boletos para unha permanencia que parece tocar cos dedos, xusto ao contrario que o seu rival de onte, empeñado en convertir os erros clamorosos nun arte e de facer do imposible o real na materia de goles cantados e fallados. Non houbo demasiado nunha primeira metade aburrida e onde só rachou coa monotonía o gol de Jaime, tras un erro defensivo e ganar ben a posición, con remate de cabeza ao fondo da rede. Ben prantado, o cadro visitante apenas estaba a conceder ocasións, e mesmo tivo unha opción nas botas de Isma. Pero a segunda metade xa foi para acabar coa paciencia do máis fervente seguidor. Ata catro balóns prácticamente na línea de gol foi incapaz de converter o Porteño, que fixo internacional e santo á vez ao meta Maikel, quen por outra parte vive un momento pletórico de forma. Wii, Pejo, Jorgito… ningún deles acertou a simplemente empurrar máis alá da línea de gol. Co público anodadado, sentenciou Pablo Muíño, e Oreiro o terceiro tras un pase da morte de David Blanco.   San Lorenzo 9-2 Corcubión Campo: As Pedreiras San Lorenzo: Javi Souto, Ángel, Samuel, Rudi, Juanjo, Pablo, Diego Varela, Álex Taibo, Juni, Fuentefría e Kevin (Dani Rey m.60) Corcubión: Abel, Mario, Jose, Antón Lestón (Lojo m.40), Rama (Mario Atán m.70), Lema, Toja, Samuel (Toni m.50), Adrián, Tito e Nes Árbitro: Casanova Vázquez (A Coruña). Amonestou a Antón Lestón e Toja do Corcubión Goles: 1-0 m.7 Rudi, de penalti; 2-0 m.9 Juni; 2-1 m.43 Tito; 3-1 m.51 Rudi; 4-1 m.65 Dani Rey; 5-1 m.68 Fuentefría; 5-2 m.70 Toja; 6-2 m.77 Juni; 7-2 m.81 Fuentefría; 8-2 m.86 Fuentefría; 9-2 m.89 Juni Case unha afrenta O San Lorenzo pasoulle literalmente por enriba ao Corcubión, nun encontro que lle valeu aos carballeses para acadar a terceira praza. No caso da UD as cousas póñense en chino nunha loita pola permanencia cada vez máis cara. Tentou agardar atrás a un rival superior, pero demasiado cedo cometeu un penalti convertido por Rudi, e pouco despois sufriría o segundo, nun cabezazo de Juni nun saque de curruncho. Pode que polo factor relaxación, ou porque acumulou homes máis arriba, o Corcubión comezou chegar con algo máis de presencia, aínda que en todo momento os locais tiveron o xogo onde querían. Un pase a Javi Souto que quedou demasiado curto foi aproveitado por e recollido por Tito, que acurtou distancias e deixou un resultado decoroso antes do intermedio. E na segunda metade a madre de tódalas tormentas futbolísticas. Rudi asinou o tanto da tarde, nun cabezazo desde fóra do área que supuxo toda unha demostración de potencia do canteirán do Bergantiños. Toja asinaría outro para os visitantes nunha boa acción de Nes, pero o San Lorenzou asinou unha goleada de tódalas cores, con tantos de xogada colectiva, volea, testarazo…   Ponteceso 0-2 Corme Formación do Ponteceso no día de onte - Foto: SD Ponteceso Campo: O Pinguel Ponteceso: Xurxo, Martín Puente (Aday m.80), Ismail, Cotelo (Samuel m.82), Matías, Nando, Alberto Recarey, Dieguito (Iván m.80), Yago (Luca m.86), Mendieta e Charly Corme: Susiño, Jesús, Alejandro, Pandi, Sergio (Brais Torrado m.73), Eloy, Martín (Dani m.68), Adrián Doldán, Alejo, Lucas (Samuel m.86), e Brais Árbitro: Casanova Vázquez (A Coruña). Amonestou a Xurxo, Cotelo e Charly do Ponteceso; Eloy, Martín e Sergio do Corme Goles: 0-1 m.18 Alejo; 0-2 m.54 Alejo, de penalti Formación do Corme no día de onte - Foto: SD Ponteceso Bodas de Oro no matrimonio co gol O de sempre, como sempre, e co resultado de case sempre. Dous goles de Alejo decantaron do lado do Corme un derbi con cartel de alerta vermella para o segundo clasificado da competición. Viñan os locais de dicir adeus a tódalas súas opcións de título, o que se cabe se convertía aínda nun factor máis de perigosidade por iso do nada que perder. A tarde foi absolutamente fiel ao guión habitual de calquera enfrontamento de rivalidade municipal, con moita intensidade, moi poucas ganas de caer derrotado e unha reducida presencia nas áreas. Axudoulle e moito aos visitantes o feito de terse adiantado no marcador relativamente cedo, nunha acción de oportunista de Alejo, máis rápido e listo que ninguén para enviar ao fondo da rede un rexeite do meta Xurxo. Os factores de igualdade típicos de derbis tiñan unha lectura superior: parecía ter controlado o panorama o Corme, que pese a non ser o conxunto máis defensivo do mundo apenas tiña sobresaltos en contra. A sentencia chegaría con algo máis de media hora para o final, nunha acción na que Lucas encaraba a Xurxo e este acababa por barrerlle. Alejo, executor habitual, convertía e pechaba unha tarde con efeméride especial tamén a nivel persoal: era o tanto número cincuenta que asinaba no que vai de curso, nunha media que lle permite tamén seguir ameazando o récord histórico do fisterrán Isidro.   Malpica 2-0 Unión Club Cee Campo: A Pedra Queimada Malpica: Brais, Cristian (Rubén m.46), Pensado, Alberto, Leilán, Mario, Laye, Brais Lado (Álex m.70), Cololo, Eloy e Iván (Brais Ortíz m.86) Unión Club Cee: Paulo, Nico, Noé, Carlos Leis (Leo m.60), Aitor (Andrés Trillo m.74), Esteban, Martín, Carlos (Alexandro m.78), Javi, Juan Bello e Uri Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Amonestou a Eloy Cabeza e Laye do Malpica; Alexandro do Cee Goles: 1-0 m.56 Brais Lado; 2-0 m.86 Iván Un momento insospeitado Vive o Malpica unha xeira espectacular e que confirma que Repi ten dado coa tecla, que os futbolistas responden mellor que nunca e que o mellor momento do curso ten chegado demasiado tarde, cando xa non lle queda tempo para mirar máis arriba na táboa. Iso si, exerce de xuiz en xornadas como a de onte, na que derrotou a un Unión Club Cee que chegaba xogándose todo na carreira pola salvación, e que levou un pequeno pau. Faltábanlle homes aos visitantes, que cederon a iniciativa de saída e agardaron pode que demasiado atrás a un rival que nunca eludiu ese dominio. Houbo animosidade nas áreas e boas opcións para cada un. Javi a tivo para o Cee nun man a man, e Mario Casal estrelou no pau un cabezazo que tería adiantado ao Malpica. Desapareceu na reanudación o Unión, que rápidamente se vería abaixo no marcador, tras un tremendo desprazamento de Eloy Cabeza que recolleu Brais Lado. O corcubionés tirou de recurso de extremo puro: recurtou, orientou e asinou o golazo da tarde. No houbo reacción ceense, e si unha administración da vantaxe por parte malpicán. Iván, tras pase da morte, pechou a tarde co segundo.   Baio 2-0 Coristanco Campo: Platas Reinoso Baio: Diego, Isaac, Norberto, Yago (Porto m.73), Rubio (Mario m.78), Fachal, Martín (Costiña m.80), Moreno (Luis m.57), Bieito, Javi Suárez e Martín MC Coristanco: Brais, Mato, Gustavo (Añón m.80), Javi (Villajos m.83), Iván, Jorge (Sergio m.62), Damián (Pazos m.50), Samuel, Marcos Corral, Rubén e Cristian (Samuel m.54) Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Amonestou a Norberto do Baio Goles: 1-0 m.35 Bieito; 2-0 m.41 Isaac Trámite superado Venceu un encontro ineludible o Baio na casa ante un Coristanco que apenas tivo opcións de dar a sorpresa, e que bastante tivo con que non se repetira a desfeita da pasada semana ante o Malpica. Pouco antes do intermedio deixou solucionado o compromiso un equipo que estreaba condición de líder. Dous dos menos habituais na labor rematadora, Bieito e Isaac, , puxeron terra de por medio. Anteriormente, un único achegamento de perigo fora un remate de MC que sacou con certas dificultades Brais. Xa na segunda metade, Javi Suárez e Bieito tiveron nas súas botas mandar o resultado camino da goleada, pero ambos disparos saíron demasiado desviados. A piques de chegar a hora de encontro Marcos Corral tivo a dos visitantes,e tampouco acertou a mandar o balón entre os tres paus. Unha das cousas que lle quedaba á tarde era o case ceremonial tanto de MC, pero esta vez chocou contra o pau eontra un defensa.
  Esteirana 1-2 Monte Louro Raúl celebra o primeiro tanto do seu equipo - Foto: Edu Olveira Campo: José Luis Vara Esteirana: Ponte, Eloy, Dani Rama, Damián Suizo (David Pais m.68), Jose (Campos m.46), Pablo Rama, Álex, Manu (Eloy m.76), Codesido, Xian e Tobío Monte Louro: Fernando, Pablo, David, Manolo Chouza, César, Yeray (Gelo m.50), Riki (Adrián m.87), Miguel, Raúl, Geiko e Gabri (Juan de Selia m.86) Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Amonestou a Josiño e Álex da Esteirana; Dani de Sahorta e Juan de Selia do Monte Louro Goles: 0-1 m.31 Raúl; 0-2 m.40 Miguel; 1-2 m.90 Tobío Un derbi moi puñetero Semellaba que viña de atopar algo de luz ao final do túnel a Esteirana, pero topouse de morros co derbi ante á Unión Deportiva Monte Louro, que prantexou argumentos moi semellantes tanto no concepto de alineación como de xogo, e acabou por marcar a mesma diferencia que indica a táboa. Os visitantes, que levaron unha vantaxe de dous tantos ao intermedio, non sufriron demasiado ante un rival moito máis necesitado. Abreu o marcador Raúl, nun centro Yeray rexeitado por Ponte e no que o dianteiro fixo gala de oportunismo. O segundo chegaría tras unha presión alta, con recuperación e asistencia de Gabri para Miguel. O balón parado foi arma máis perigosa para unha Esteirana que non foi quen de atopar o camiño ata o tempo de prolongación, cun balón de Tobío á escuadra. Os loureáns aguantaron ben protexidos atrás.   Camariñas 2-1 Castriz Campo: Hermanas Patiño Camariñas: Pablo, Gabri (Javi Antelo m.63), Sergi (Pablo m.46), De la Sierra, Rodri, Brais (David m.46), Maikol, Maikel, Nazo, Yuyo e Luigi Castriz: David, Herrera, Rubén, Alejandro, Carlos, Steven, Iván, Nakata (Martín m.70), Adrián, Matías, Alberto Mata e Sebas Árbitro: Sabio Sánchez (A Coruña). Amonestou a Gabri, Luigi, Nazo e De la Sierra do Camariñas; Matías, Rubén Alejandro e Alberto do Castriz Goles: 0-1 m.14 Alberto; 1-1 m.41 Luigi; 2-1 m.50 Nazo Cando falan os cracks… Remontou o Camariñas, que de paso recuperou a senda da vitoria, ante un Castriz que desde que non se xoga nada non é o equipo de comezo de curso. E iso que os xalleiros saíron a nivel moi alto, con presión en campo contrario, recuperando e dominando o esférico. Froito desa acción chegou o tanto visitante, antes do primeiro cuarto de hora, ao aproveitar o motor Alberto Mata un balón morto no área (con resolución ao pau longo). Pareceu ser un madrugador punto e aparte no devenir da tarde, co Castriz recuando un número considerable de metros e os locais asumindo o control. De momento os combeses mantiñan, iso si, unha presión longa que evitaba demasiados sobresaltos no área. O esquema era sinxelo: un dinámico Luigi facendo de eventual Messi, recollendo na medular e poñendo o seu talento como lanzador e asistente para a incorporación de Yuyo e Nazo. Así chegou o primeiro, pouco antes do intermedio, precisamente nunha acción finiquitada polo taxista de Meicende. Nada máis comezar o segundo tempo sería 'talentino' o que aproveitaría o pase do seu novo compañeiro para superar ao seu par e deixar cravado a David cunha gran vaselina. Non apretou de aí ao final demasiado o Castriz, aínda que Pablo estivo salvador na última acción, ante Sebas.   Buño 0-0 Mazaricos Campo: Xaviña Buño: Toni, Miguel Dourado, Manuel, Dimitri, Jorge Calvete, Dani Calvete, Fran, Juan Antelo (Alexander m.81), Richard (Jordan m.85), Emilio e Adrián (Martín m.65) Mazaricos: Miguel, Xabi, Estéfano, Martín, Matías, Oreiro (Tuco m.70), David (Manuel Luis m.30), Ricardo, Chenel, Molinos (Ramón m.70) e Brais Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Amonestou a Martín do Buño e Martín do Mazaricos E pudo ser sorpresón! O Buño mereceu máis, polo menos no tramo final, ante un Mazaricos que perdeu un round importante xusto na recta final. O que era terceiro clasificado da Liga da Costa non estivo á altura dos últimos compromisos e deixou unha imaxe irregular, cun dominio estéril e que non creou demasiado perigo. Na primeira metade, os oleiros aguantaron con veteranía no seu campo, ante un rival que non se sentía demasiado cómodo coa posesión de balón. Algo semellante sucedeu no segundo acto, aínda que con paso adiante dos de Mauro. Só o balón parado parecía ser unha ameaza para a porta de Toni, moi seguro toda a tarde. E no último suspiro, cos dous necesitando o triunfo, foron ata tres as opcións claras seguidas que desperdiciou o imprevisible Buño.

Comentarios