Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Liga FS Carballo: O Tasca A Cunca-Supermercado C&M proclamouse campión con moito sufrimento

Liga FS Carballo: O Tasca A Cunca-Supermercado C&M proclamouse campión con moito sufrimento
A Cunca-Troula da Liga FS Carballo-Foto-David Castro

Decidíase o título do Grupo Vermello da liga regular Alonso Moda no encontro da xornada entre o Tasca A Cunca-Supermercado C&M e o Cervecería Troula, finalmente sería o equipo oleiro quen se proclamaría campión tras vencer 4 a 3. No resto de partidos, o Dolce&Café venciu (4-2) ao Talleres Sousa-Rte.Seiruga, superándoo así na táboa clasificatoria, mentres que os outros tres partidos resolveríanse con goleadas, o Peluquería Este-Oeste golearía ao SAT Xulián (1-6), o Dluxe Carballo vencería ao colista, o Cafetería Habanos 79 (6-1), e o Bodegón Trincado caería sorprendentemente ante o Cervecería Ágora por un claro 7 a 1.

No Grupo Azul, o xa campión, o Carnicería Eusebio goleou (2-8) ao segundo clasificado, o Asesoría Suárez. O S2 Informática venciu con solvencia (7-2) ao Deportes San Remo ao igual que o Construccións Brandón ao Mesón do Pulpo (11-4). O Construccións Maracaná venciu ao Cervecería O Pazo por un axustado 5 a 3, mentres que o Brasería Caracola e o Asesoría Cervantes empataron a tres goles.

Tras este emocionante final, a competición carballesa non se reanudará ata o día 10 de marzo cando voltará o fútbol sala ao pavillón Carballo Calero coa Copa Hotel Restaurante Punta del Este.

Crónica da semana: Tasca A Cunca-Supermercado C&M - Cervecería A Troula (4-3)

Tasca A Cunca-Supermercado C_M da Liga FS Carballo-Foto-DAvid Castro
  • Tasca A Cunca-Supermercado C&M: Brais, Moscoso, David Dourado, Miguel Dourado e Richard. Tamén xogaron: Elías e Juan.
Cerveceria Troula da Liga FS Carballo_Foto_David Castro
  • Cervecería Troula: Puyol, Puñal, Javier, Martín e Marcos. Tamén xogaron: Hugo, Quillo, Chucho, Martín Fuentes e Christian.
  • Árbitros: Pablo e Luis (pista) e Juan (mesa). Expulsaron a Moscoso con cartón azul co partido xa rematado.
  • Goles: 1-0, min.18: Transición rápida do A Cunca que finaliza Juan no man a man con Puyol. 1-1, min.19: Chucho resolve cun gran lanzamento tras librarse da súa marca. 1-2, min.21: Roubo en media pista do Troula e Martín resolve no man a man con Brais. 2-2, min.33: Xogada combinativa do A Cunca que finaliza Elías cun forte disparo dende tres cuartos de pista que supera a Puyol. 2-3, min.38: Chucho aproveita un rexeite para sacar un potente lanzamento que supera a Brais. 3-3, min.38: Richard recibe de espaldas a portería e bate a Puyol á reviravolta. 4-3, min.39: Contragolpe do A Cunca que finaliza Moscoso.
Sufriu e moito o equipo oleiro para gañar esta liga regular Alonso Moda, ante un Cervecería Troula que foi campión durante doce minutos. Saíu decidido a pola victoria o equipo visitante ante un Tasca A Cunca, que botou en falta as baixas coas que contaba. Comezou o partido cun ida e volta pero sen ocasións claras ata os catro minutos cando avisaría Marcos cun lanzamneto de falta que se vai por riba do longueiro. Richard daría a réplica logo dunha xogada individual que salva Puyol con dificultades. A partir desto, o Troula iríase facendo co dominio do encontro pero os Marcos, Chucho e Quillo non foron quen de materializar as ocasións, mentres que Elías a piques estivo de sorprender a Puyol en dous contragolpes. E, cando parecía que chegabamos ao descanso con empate sin goles, Juan facía o 1-0 tras superar a Puyol no man a man logo dunha transición rápida. Un minuto despois, Chucho poñía o empate no instantáneo cun auténtico golazo. Á volta do tempo de lecer, o partido seguiría a mesma dinámica que a primeira metade xa que o Cervecería Troula só lle valía a victoria para levarse o título de liga. E cando tan só pasaban uns segundos da reanudación, Martín rouba en media pista e resolve o man a man ante Brais para poñer o 1-2 no instantáneo. O propio Martín tería o terceiro nas súas botas pero tras tocar Brais, Moscoso salva en liña de gol. Minutos despois, Puñal erra con todo ao seu favor, logo dunha contra levada por Christian. E como pasa normalmente, o que perdoa acaba pagando. Avisaría Moscoso cun lanzamento que se vai rozando o pau, pero catro minutos máis tarde, Elías cun forte disparo supera a Puyol logo dunha xogada combinativa do conxunto oleiro. A partir desto, o partido tería un período de transición ata os últimos tres minutos cando avisaría Elías, logo dun gran pase de Richard, cunha vaselina que desvían entre Puyol e o pau. Un minuto despois, Chucho aproveita un rexeite para superar a Brais cun forte disparo e facer un gol que facía campión ao seu equipo. Pero pouco duraría a alegría no bando visitante, xa que segundos despois Richard facía o empate a tres, e Moscoso facía o definitivo 4 a 3 logo dunha contra. Co tempo xa cumprido, Brais atallaría unha pena máxima lanzada por Quillo.

Trofeos da liga regular Alonso Moda

Fair play Imaxen Peluquerías

  • Grupo azul: Mesón do Pulpo-Ralarsa.
  • Grupo vermello: Bodegón Trincado.

Pichichi Mar de Menta Viaxes

Comentarios