Venres. 19.04.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: Co Cances máis líder, o Brea asalta o 2º posto

Liga Intermunicipios: Co Cances máis líder, o Brea asalta o 2º posto
Sp Brea-Foto-David Castro O Cances FC é máis líder logo da xornada de descanso do ADCR Baldaio, que deixa ao Sporting Brea como 2º clasificado a sete puntos do equipo da parroquia de San Campio a falta de catro xornadas para o remate da liga de Intermunicipios de Bergantiños. O Sporting Seaia caiu ante o líder por un claro 0 a 5, nun encontro dominado de principio a fin polos visitantes, que puideron aumentar a súa renta si foran quen de materializar as cuantiosas ocasións que crearon. O outro Sporting da liga, o Sp. Brea, é agora segundo na clasificación tras vencer ao Xornes nun partido que lle costou abrir, chegando cun 2 a 0 ao descanso. Á volta do tempo de lecer, o equipo carballés dominou e creou varias ocasións de gol, das cales só materializaría tres para finalizar co definitivo 5-0. No partido da xornada, o Cereo venciu ao CD Rus tras remontar o tanto inicial dos carballeses. Na primeira metade, o conxunto que dirixe José Manuel Mancebo comezou dominando contando ata con tres claras ocasións de gol, das cales só transformaron unha. O encontro foise igualando pero non sería ata a volta dos vestiarios cando os coristanqueses remontarían o encontro con tres tantos casi consecutivos. Os carballeses farían un último gol para poñer o definitivo 3 a 2, pero xa sería demasiado tarde. O CD Rus protestaría aireadamente un posible penalti que o colexiado non pitou cando o partido estaba a punto de rematar. O Laxe venciu a domicilio ao Peña Galicia por un claro 1-4 nun partido que dominaron en case toda a súa totalidade. Sentenciaron os laxenses na primeira parte con tres goles que fixeron moito daño aos verdes. Á volta de tempo de lecer, os dous equipos farían cadanseu gol que poñerían no instantáneo o resultado definitivo. No outro partido da xornada, o ADC A Piña ascende posicións e colócase na sexta plaza por detrás de CD Rus e Cereo, tras golear 3 a 0 ao Valenza, que segue baixando posicións na táboa calsificatoria.

Goleadores

  • Iván García, do Cereo CF, con 21 goles.
  • Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 20 tantos.
  • Edgar Rey, do Cances FC, con 19 dianas.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da Liga Intermunicipios

Fonte

Comentarios