Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: Os favoritos comezan gañando con sufrimento

Liga Intermunicipios: Os favoritos comezan gañando con sufrimento
Imaxe do A Pina-Sp Brea da Liga Intermunicipios-Foto-David Castro

Comezou a Liga de Intermunicipios de Bergantiños, e fíxoo sen sorpresas aínda que algún dos favoritos sufriu para vencer os seus encontros.

O primeiro líder da competición é o Baldaio ao solventar cunha goleada o seu partido ante o Laxe (7-2), coa actuación destacable de Gonzalo que foi o autor de catro dos goles do seu equipo, ante un equipo laxense que se viu mermado coa expulsión do seu porteiro, tras tocar o esférico coa man fóra da área.

O segundo clasificado é o Clube Deportivo Rus que venciu ao Valenza por 4-0 nun encontro que dominaron de inicio a fin, xa que os coristanqueses apenas tiveron ocasións de gol. Partido fácil para Isidro, que foi o designado para este enfrontamento e no que estivo perfecto.

Outro dos que non deixou escapar os tres puntos do seu campo foi o Cereo, que venciu ao Peña Galicia por un axustado e enganoso 2 a 1. Partido dominado polo equipo de Cereo, que contaría con dúas ocasións claras de gol nos cinco primeiros minutos, pero serían os carballeses quen se adiantaría no encontro cando corría o minuto 6 cun gol de Iago. Logo deste tanto rexurdiría o eterno goleador coristanqués Iván que anotaría os dous goles (minutos 17 e 37) do seu equipo, presentando, de novo, a súa candidatura ao pichichi. A Peña Galicia apretou por momentos, pero mereciu levarse a casa un resultado máis abultado pero os xogadores amarelos estaban pouco finos de cara ao gol.

O Cances foi un dos equipos que gañou en campo rival. O equipo da parroquia carballesa foi quen de vencer ao Xornes no municipal do Pinguel (Ponteceso). Iván Rama, Adrián Rey e Eloy foron os encargados de facer os goles dos da parroquia de San Campio para darlle a vitoria ao seu equipo e sumar os primeiros tres puntos da tempada.

Aquí vos deixamos a crónica desta semana nun encontro que enfrontou ao ADC A Piña e o Sporting Brea.

ADC A Piña - Sp. Brea (2-3)

Liga Intermunicipios de Bergantiños - A Piña-Foto-David Castro
  • ADC A PIÑA: Cambón, Iván, Jesús, Juan, Landeira, Javier, Dani, Lista, Agustín, Iván Bello e Robin Mallo. Tamén xogaron: Taxista, Lorenzo, José Manuel, Puñal e Ángel.
Liga Intermunicipios de Bergantiños - Sp Brea-Foto-David Castro
  • SP. BREA: Upi, Hugo, Miguel, Fariña, Marcos, Diego, Javi, Ivi, Javi Zas, Álex e Jorge. Tamén xogaron: Hacker, Tino, Christian, Pi e Ángel.
  • Goles: 0-1, min.1: Recuperación de Ivi en mediocampo, e éste é capaz de sacar un lanzamento espectacular que se cola pola escuadra da portería defendida por Cambón. 1-1, min.10: Apertura a banda para Agustín que lle rouba a carteira a Marcos para poñer o esférico na mesmísima escuadra. 1-2, min.29: Falta colgada á area por Fariña que Javi Zas remata a gol. 1-3, min.65: Falta lanzada por Ivi que rexeita Cambón, o esférico cáelle a Toni, que empurra ao fondo das mallas en boca de gol. 2-3, min.94: Falta lanzada por Lista que rexeita Upi e Taxista empurra a gol.
  • Expulsións: Jorge, do Sporting Brea, no minuto 40 da primeira metade.
Bo ambiente na Liga intermunicipios de Bergantiños-Foto-David Castro

Partido moi bronco e con demasiadas entradas feas como foi o que se viviu en A Piña na tarde do domingo. Difícil tarea tivo o colexiado para dirixir este enfrontamento no que tanto o público coma os dous conxuntos non axudaron nada.
O encontro estivo dominado en case toda a súa totalidade polo equipo visitante, que se adiantou no marcador cando aínda non se cumprira o primeiro minuto de xogo. Tras un recuperación de Ivi en mediocampo, o propio xogador do Sporting Brea sácase un lanzamento desde esa posición que se cola pola escadra dereita da portería defendida por Cambón. Aos dez minutos empataría o equipo local, logo dunha apertura á banda para Agustín, que se anticipa a Marcos para poñer o esférico na escadra da portería defendida por Upi.

O Sporting seguiría dominando o partido e crearía varias ocasións de gol para poñerse por diante no marcador, pero primeiro Ivi e logo Jorge e Javi Zas non serían quen de bater a Cambón. Pero, como di o refrán, tanto vai o cántaro a fonte que acaba rompendo. Logo dunha falta que colga Fariña á área, Javi Zas, esta vez sí, bate ao porteiro de A Piña. A punto estaría de empatar Agustín, tras un centro de Dani, pero o seu remate vaise rozando o pau.
No minuto 40, chegaría a expulsión de Jorge logo dun manotazo a un contrario, polo que o Sporting Brea xogaría con dez xogadores. Cun partido dominado polos visitantes e o 1-2 no marcador chegaríamos ao tempo de lecer.

Na segunda metade, a pesar de que o equipo de A Brea estaba xogando cun xogador menos soupo recompoñerse moi ben sobre o tapete e incluso foi capaz de dominar a un equipo que non tiña claro nin as ideas nin a maneira de xogar. Nos primeiros vinte minutos, os visitantes crearon varias ocasións de gol e incluso puxeron terra de por medio tras un falta lanzada por Ivi que rexeita Cambón e Toni empurra ao fondo das mallas en boca de gol, para facer o terceiro do seu equipo. Ata o final do partido o conxunto verde seguiu estando moi ben plantado sobre o terreo de xogo e tan só Lista, cun gran lanzamento dende a frontal da área, foi que de poñer en apuros a Upi que despexou con dificultades.
Cando xa pasaban catro minutos do tempo reglamentario, Taxista aproveitaba un rexeite de Upi tras unha falta lanzada por Lista, que supoñería o 2-3 definitivo. Vitoria merecida do Sporting Brea, que comeza ganando na súa defensa polo título.

Outros datos

  • Sancionados:
    - Jorge Abelenda Pensado, do Sporting Brea, con tres partidos.
    - Javier Santiago Miñones, do Laxe, con un partido.
  • Goleadores:
    - Gonzalo Zas, do ACRD Baldaio, con 4 goles.
    - Daniel Pose, do Laxe, con 2 goles.
    - Iván García, do CF Cereo, con 2 goles.
    - Hai un total de 18 xogadores que anotaron 1 gol.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios