domingo. 15.12.2024
El tiempo

Ligas Autonómicas: Líderes e internacionais

Ligas Autonómicas: Líderes e internacionais
Juan de Dora coa Seleccion Galega Juan de Dora volverá vestir a elástica da Selección Galega como o ano pasado

Colócase o cadro xuvenil do Dumbría líder da Liga Galega con 16 puntos, iso si, empatados con Lalín e Conxo. Unha gran nova deste equipo chamado a grandes cousas.

Non sacou tan bo resultado o cadro cadete na máxima categoría, pero si que demostra que segue competindo con todos.

A nota máis positiva da semana foi a convocatoria de 3 xogadores dumbrieses á Selección Galega. Juan de Dora volverá lucir a elástica da franxa ao ser convocado ca sub-18, mentres os cadetes Adrián Canosa e Fabio González tamén participarán no adestramento da Selección Galega sub 16, que terá lugar hoxe martes pola tarde no complexo deportivo da Torre, na cidade da Coruña, e que afianza o bo traballo que tanto eles como o resto dos seus compañeiros están a facer nesta temporada na División de Honor.

Liga Galega Xuvenil, xornada 7

Dumbría - Victoria (3-1)

  • Dumbría: Bruno. Jacobo. Canario. Pablo. Yeray. Mauro. Edu. Maikel. Marcos mouro. Juan de Dora e Javi.
  • Goles: 0-1, m.20; 1-1, m.50: Juan de Dora; 2-1, m.65: Juan de Dora; 3-1, m.91: Isma.

Partido tolo onde o Victoria foi mellor no primeiro tempo e adiantouse á saída dun corner. O Dumbría chegaba pero non tiña a puntería afinada, mentres Bruno estivo espectacular e salvou varias accións que puideron ter case sentenciado o choque.

Cambiou o guión na segunda, e pouco a pouco o equipo de Leis e Lobelos foi impoñendo o seu ritmo. Apareceu Juan de Dora marcando dous goles, un deles de gran factura. Non sufríu o cadro dumbriés e xa no desconto, Isma puxo a puntiña.

División de Honra Cadete, xornada 7

Val Miñor - Dumbría (3-0)

  • Dumbría: Isma; Esteban (Ayoze, m.15), Josiño, Luís Mayán, Erre; Fabio ( Lojo, m.65) , Carlos, Adrián, Martín, Mario (Juan Álvarez, m.60) , Brandón (Brais Rey, m.70)
  • Goles: 1-0, m.43: á saída dun córner; 2-0, m.70: nunha falta lateral rematada de cabeza; 3-0, m.81: no desconto, nun erro na saída de balón.

Tarde aciaga a do Dumbría cadete en Nigrán diante dun Val Miñor superior, ainda que acadou os seus goles en accións puntuais. Saiu o Dumbría tratando de presionar en campo contrario a saída de balón, pero con menos recuperacións en zonas perigosas, ainda que Brandon tivo algunha escaramuza de perigo. A lesión de Esteban motivou a entrada de Ayoze Pomares, o fisterrán que levaba máis de 7 meses de baixa por unha lesión de rodilla, e foi das poucas notas positivas da xornada. O Val Miñor conectaba con velocidade cos seus puntas, e intuíase perigo en cada aproximación ainda que a defensa costeira e o seu porteiro Isma amosaban seguridade. Isma evitaba á media hora a mellor ocasión local, atallando un man a man cando casi se cantaba o gol.

Ó Dumbría costáballe recuperar e combinar, e non podía habilitar balóns en condicións cara os seus puntas. Con empate chegabase ó descanso. Na saída dos vestuarios, os locais encerraron ós costeiros na súa área, e logo dun paradón de Isma á saída dun corner, na seguinte acción, un barullo mal resolto polos zagueiros visitantes, deixaba franco o primeiro gol do encontro.

Tratou de estirarse o equipo de Huelvis, pero a contundencia defensiva dos locais impedía as ofensivas do Dumbría, que se trataba de volcar, pero sin moito acerto. Cando faltaban 10 minutos, chegou o segundo, tamén nunha acción a balón parado, defendida de maneira "contemplativa" pola zaga do Dumbría.

Nos últimos minutos, á desesperada Carlos puido recurtar distancias, e Brais Rey evitaba unha clara ocasión local tamén, ainda á costa de lesionarse na súa rodilla. No valbordo final posterior á lesión, chegaba o terceiro e definitivo gol.

Crónicas das Ligas Autonómicas

Crónicas da semana

Máis información

Fonte

Comentarios