sábado. 14.12.2024
El tiempo

Ligas Autonómicas: Unha cara derrota e unha doce vitoria

Ligas Autonómicas: Unha cara derrota e unha doce vitoria
Os Cadetes do Dumbría levantan o voo Os Cadetes do Dumbria

Saíu cara a visita do Dumbría xuvenil a Conxo, pois ademais da inxusta derrota sufriron 4 lesións que merman o potencial para as vindeiras xornadas. A máis grave, a rotura de clavícula de Toja.

Máis doce foi a saída dos Cadetes da máxima categoría ao campo do Santa Mariña, de onde voltaron con 3 puntos que deixan aos de Huelvis, nada menos que na 6ª praza.

Liga Galega Xuvenil, xornada 5

Conxo - Dumbría (2-1)

  • Dumbría: Bruno, Roberto, Jose Miguel, Pablo, Canario, Yeray, Mauro, Marcos Mouro, Maikel, Juan de Dora e Javi. Tamén xogaron: Isma, Jacobo, Edu, Toja e Raúl Lago.
  • Goles: 1-0, m.30; 0-2, m.55; 1-2, m.72: Isma.
  • Lesión: Toja cunha rotura de clavícula.

Saíu o equipo dumbriés ben ao campo do Conxo e tanto Juan de Dora como Javi, aínda que moi vixiados, levaban perigo á área rival. Ata 3 ocasións moi claras tivo o equio de Leis e Lobelos, un remate de cabeza de Marcos que saíu pegado o pau, un disparo de Mauro que rozou o poste e unha xogada combinativa moi bonita a que Maikel por centímetros non chegou para empurrar a gol.

Pouco a pouco o Conxo foi saíndo de atrás e nunha xogada por banda esquerda marcaría o 1-0 na única ocasión que tiveron na primeira parte.

Na segunda foise arriba o Dumbría, e acorralaron na área ao rival, pero non deron concretado ningunha das ocasións e nunha contra chegaba un inxusto 0-2.

Cos cambios feitos chegaría a lesión de Toja, rotura de clavicula, co correspondente traslado á Rosaleda, ademais da lesión de Pablo co que acabaría o Dumbría con 9 sobre o campo. Aínda así tiveron arrestos para recurtar co gol de Isma, e no desconto Yeray rematou de cabeza ao longueiro un balón que botou na raia e Juan de Dora no rexeite pero paroulla o porteiro.

Mala tarde non só no resultado se non sobre todo polas lesións musculares de Roberto, Canario e Pablo, ademais da rotura de clavícula de Toja.


División de Honra Cadete, xornada 5

Santa Mariña - Dumbría (1-3)

  • Dumbría: Isma, Esteban (Brais Tajes, m.52); Josiño, Luís Mayán (Juan Álvarez, m.60) (Lojo, m.70), Erre, Fabio, Carlos, Adrián, Martín, Mario (Brais Fdez., m.53) e Brandón.
  • Goles: 0-1, m.10: Adrián recolle un rexeite; 0-2, m.24: Adrián marca un golazo de volea dende fóra da área; 0-3, m.36: Carlos de gran tiro dende fóra da área pola escuadra; 1-3, m.49: nun córner.

Partidazo dos de Huelvis, que fixeron uns primeiros 60 minutos impresionantes. Saíron dende o minuto 1 a apretar en todo campo, recuperando e creando ocasións ben arriba. Martín, Brandón e Mario xa tiveran varias ocasións antes de que Adrián Canosa, o da Ponte do Porto, marcase dous bos goles, sobre todo o segundo. Completou a primeira metade outro golazo do baiés Carlos dende fóra da área.
Ademais, o equipo non sufría atrás malia que o cadro local combinaban ben, pero a defensa estivo moi ben e Isma só tivo que salvar un bo balón.

Saíu perfecta a preparación do partido e na segunda metade mantívose o guión. Saíron enchufadísimos os costeiros e Fabio mandou un penalti ao poste e Carlos fallou un man a man. Aí os locais fóronse algo arriba, e marcaron de córner. Agobiaron durante 10 minutos, pero a entrada de Brais Fdez. deu máis tranquilidade ao medio campo e permitiu acabar sacando algunhas contras rápidas que puideron ampliar o marcador.


Crónicas das Ligas Autonómicas

Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

Comentarios