Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Ligas FS: Mandan os favoritos

Ligas FS: Mandan os favoritos

Novas xornadas das Ligas de Fútbol Sala de Corme e Carballo.

Liga de FS de Corme

Por Corme, Aldeáns e Trans. Cotelo, dous dos favoritos, a priori, para gañar a liga, son os únicos que contan os 3 partivos por vitorias. Sufriron máis os actuais campións ante o Talleres Capelán, que chegaban invitos e que a piques estiveron que sacar un empate. Non así o cadro dos Aldeáns, que aínda non recibiron ningún gol en contra.

 

Liga de FS de Carballo

Xa ca 5ª xornada en plena disputa, a 4ª xornada da Liga Regular Alonso Moda do Fútbol Sala de Carballo, deixa ao Dolce&Cafe líder en solitario, a pesar do empate de onte ante o Café Habanos.

Choque da Liga de FS de Carballo Choque da Liga de FS de Carballo  

Bar Rosalía vs Pazo do Souto (1-4)

  • Bar Rosalía; José A. Rodríguez, César García, Marcos Pailos, Carlos Márquez e Martín Puente.
  • Pazo do Souto; Daniel Taibo, Estiven Taboada, Juan Lagoa, Jonathan Pose e Jordan Abelenda.
  • Goles; Jonathan Pose 0-1 e 0-2, Martín Puente 1-2, Jordan Abelenda 1-3 e 1-4.
 

Cervecería O Pazo vs Cervecería Troula (2-3)

  • Cervecería O Pazo; Brais Álvarez, Eloy Trigo, Juan Antelo, Manuel Varela e Abel García.
  • Cervecería Troula; Sergio Collazo, Carlos Rodríguez, Daniel Fuentefría, Martín Pombo e José L. Cotelo.
  • Goles; José L. Cotelo 0-1, Jesús Rama 0-2, Juan Antelo 1-2 e 2-2, Martín Pombo 2-3. Talleres.
O segundo partido do luns sería uns dos máis intensos da xornada en canto a xogo e a resultado no marcador que se fixo de rogar ata os últimos segundos onde Martín Pombo conseguiría batir a Brais para poñerse co marcador a favor e levarse os tres puntos no Cervecería O Pazo vs Cervecería  

Capelán vs Interfutsal Deportes San Remo (4-2)

  • Talleres Capelán; Marc Añón, Eduardo Castiñeira,Javier Fernández, José M. Campos e David Periscal.
  • Interfutsal Deportes San Remo; Martín Antelo, Rubén Gómez, Jorge Panteón, Michel López e Adrián García.
  • Goles; José M. Campos 1-0, Javier Fernández 2-0, Diego Ferreiro 2-1, Eduardo Castiñeira 3-1, Federico Muñiz 3-2 e Pedro Mourón 4-2.
O Talleres Capelán volve a coñecer a vitoria ante un Interfutsal Deportes San Remo correoso pero que non puido facer frente ó xogo do Talleres Capelán e que suma así a súa 4 xornada sin puntuar.  

Cafetería Habanos 79 vs Discoteca Al Lío – Asesoría Afico (4-4)

  • Cafetería Habanos 79; Carlos Gómez, Víctor Freire, Robin Mallo, Alejandro Vázquez e Carlos Rey.
  • Discoteca Al Lío – Asesoría Afico; Damián Cerdeiro, Iván Lorenzo, Manuel Díaz, Alberto Fuentes e Miguel Veira.
  • Goles; Alberto Fuentes 0-1, Robin Mallo 1-1, Víctor Freire 2-1, Alberto Fuentes 2-2 e 2-3, Alejandro Vázquez 3-3, Miguel Veira 3-4 e Robin Mallo 4-4.
O martes tamén nos deixaba un emocionante, un partido de ida e volta con erros nas dúas defensas que os atacantes de ambos equipos aproveitaron para acumular goles no marcador destacando un novo hattrick de Alberto Fuentes que leva 7 goles en 3 xornadas e que vai lanzado cara os primeiros postos do Pichichi Clínica Fisioterapia Javi Teijeiro.  

Gontad Seguros – Carnicería Eusebio vs Tourline Express (2-1)

  • Cinco inicial Gontad Seguros – Carnicería Eusebio; José R. Carracedo, Miguel Suárez, Adrián Pose, Adrián Varela e Adrián Parga.
  • Tourline Express, Roberto C. Pardos, Iago Pardiñas, Diego Ferreiro, Marcos Castro e Gonzalo Varela.
  • Goles; Adrián Varela 1-0, Diego Ferreiro 1-1 e Miguel Suárez 2-1.
O xoves tivo un comezo agridoce para o Tourline Express que chegaron a acariciar unha moi desexada vitoria que os sacara da última posición da táboa, pero o Gontad Seguros – Carnicería Eusebio non estaba pola labor e acabou levándose o partido cun escaso 2-1 no marcador.  

Dolce&Café vs Fariña Maquinaria Agrícola (3-0)

  • Dolce&Café; Noé Lamas, Daniel Calvete, Adrián Cabrera, Jorge Calvete e Brais Corral.
  • Fariña Maquinaria Agrícola; Rubén Pose, Adrián Liñares, Carlos Cotelo, Pablo Mourelle e Jesús Eirís.
  • Goles; Daniel Calvete 1-0, 2-0 e 3-0.
No segundo encontro da noite do pasado xoves, o Dolce&Café non tivo un partido cómodo fronte a un Fariña Maquinaria Agrícola que pese a ter ocasións claras de gol acabaron co marcador a cero, en parte gracias as boas intervencións de Noé e ó pau co que se atoparon en varias ocasións, o resultado final do marcador sería dun 3-0 que demostra a boa puntería de Daniel Calvete, realizador dos 3 goles do partido.  

Máis información

Crónicas desta tempada

Crónicas do ano pasado

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Comentarios