Xoves. 07.11.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Doble tropezo pero boas sensacións

Ligas Galegas: Doble tropezo pero boas sensacións

Non foi boa a fin de semana para os Dumbrías das Ligas Autonómicas. Dñuas derrotas que saben a pouco, pois tanto os xuvenís de Lobelos e Leis como os cadetes de Huelvis mereceron algo máis.

Liga Galega Xuvenil, xornada 11

  • Resultado: Dumbría - Lalín (0-1)
  • Dumbría: Bruno, Jacobo, Jose Miguel, Pablo, Roberto, Yeray, Marcos Mouro, Edu, Mauro, Juan de Dora e Javi. Tamén xogaron: Eloy, Borja, Maikel e Raúl.
  • Goles: 0-1, m.75.

Partido con moi pouco ritmo, aínda que o Dumbría foi máis dominador, en ningún momento logrou romper o partido. As mellores ocasions foron dos costeiros, Mauro, Juan de Dora e Borja tiveron as máis claras, pero ou ben non acertaron ou o porteiro do Lalin estivo máis entonado. O Lalín facía perigo a balón parado, ademais de nun centro chut que se envenenou e acabou pegando no pau.
A 15 do final nunha falta lateral rematada de cabeza chegou o gol do Lalín. Tocaba arriscar aí ao cadro dumbriés e tivo o empate. Nada menos que un penalti. Juan de Dora lanzou pero o porteiro acertou e parouno. Seguiu atacando ata o final do Dumbría pero non logrou o empate.

 

División de Honra Cadete, xornada 11

  • Resultado: Conxo - Dumbría (3-1)
  • Dumbría: Juan; Martín, Ayoze, Luís Mayán (Brais Rey, m.67), Juan Álvarez (Luís Lojo, m.62); Brais Fernández (Mario, m.62), Josiño; Adrián, Carlos, Fabio (Jonny, m.82) e Brandon.
  • Goles: 1-0, m.25: Lorenzo aproveita unha contra santiaguesa. 1-1, m.27: Carlos fusila coa dereita doblando as mans do porteiro do Conxo, logo dun bo pase de Brandon; 2-1, m.58: Varela tras unha xogada individual; 3-1, m.60: Joel de forte disparo desde 25 metros.

Sin puntos pero ca cabeza alta regresou o Dumbría da súa visita a Villestro para xogar cun Conxo veloz, e cun puntiño de agresividade superior. O partido estivo equilibrado no primeiro acto, co Dumbría apretando en campo contrario e xerando perigo logo das recuperacións con Brandon e Carlos, e o Conxo pendiente de cerrar filas, recuperar e correr cun lorenzo bulideiro na punta de lanza, ademais de volcarse en cada balón parado.
O partido desnivelouse nunha contra santiaguesa, onde quizais faltou entendemento entre a liña defensiva e o porteiro, e o atacante santiagués aproveitouse do despiste. Non baixou o Dumbria a súa intensidade, e ós 2 minutos, Brandon descolgábase á media munta, e filtraba un bo pase para que a enorme potencia de Carlos fixera o resto. Zambombazo coa dereita do baiés, que o porteiro do Conxo non é quen de rexeitar. Nos últimos 10 minutos de primeiro tempo seguiu o Dumbria acercándose o portal local, con Fabio e Adrián superando ós seus pares

O segundo tempo empezou con asedio dumbriés, velocidade e bo xogo, poñendo en moitos apretos á meta local. Primeiro Carlos prantábase só e enviaba desviaddo, o mesmo que Adrián. Noutra combinación, Carlos asistia a Brandon, que desde o punto de penalti axustaba ó pau, pero o meta facía unha parada miragreira. Cando se mascaba o gol visitante, chegou unha contra veloz do Conxo, e unha boa acción individual, remataba co segundo do Conxo.
Este golpe afectou o Dumbría, que vía como 2 minutos despois, un tralazo lonxano se transformaba no terceiro. O Dumbria tratou de volcarse, e o Conxo interrumpía cada arremetida con faltas, para evitar a progresión. Nos últimos minutos, un remate o pau de Carlos foi o triste epílogo dun equipo que o buscou de tódalas maneiras posibles, que tivo ocasións para gañar, pero que veu sin premio, e complica a súa clasificación.

Agora veñen partidos importantes para sacar a cabeza, e coa actitude do pasado sábado é máis que probable que se volva á senda vitoriosa.

 

Crónicas das Ligas Autonómicas

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios