Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Dous de tres non é mal comezo

Ligas Galegas: Dous de tres non é mal comezo

Arrincou a tempada oficial para os 3 equipos dumbrieses en Liga Galega, que representarán ao Fútbol da Costa na elite do fútbol galego. E na primeira xornada, dúas vitorias e unha derrota, un balance máis que satisfactorio para os costeiros, que permite seguir soñando.

 

Liga Gallega Xuvenil, Grupo Norte, xornada 1

  • Resultado: Dumbría - Bergantiños (2-1)
  • Dumbría: Jorge, Josiño (Mario, m.65), Eloy, Ayoze, Juan Álvarez, Jacobo (Esteban, m.80), Fabio, Isma Pose (Mauro, m.55), Martín, José Miguel e Xabi Castro.
  • Goles: 1-0, m.54: Xabi Castro cruza tras bo centro de Jacobo; 1-1, m.80: Roi no un para un; 2-1, m.82: José Miguel marca un golazo de volea cunha folla seca a pase de Martín.
José Miguel Sendón "Mataso" anotou o gol da victoria dunha extraordinaria volea José Miguel Sendón "Mataso" anotou o gol da vitoria dunha extraordinaria volea

Partido moi equilibrado entre dumbrieses e carballeses. Empezou mandando o Dumbría, que quería ter o balón, pero algo nervioso e impreciso, perdendo o balón con relativa facilidade. O Bergantiños intentaba saír xogando dende atrás pero sen demasiada claridade. Isma Pose facía un par de internadas, e Martín probaba dende lonxe, nas poucas ocasións que houbo na primeira media hora. Estirouse o Bergan nos últimos minutos da primeira e tivo unha boa ocasión para abrir o marcador.

Na segunda saía máis tranquilo o Dumbría, con Fabio, Jacobo e Martín combinando ben e aproveitando a velocidade de José Miguel pola banda. Así chegaba o gol de Xabi Castro que metía en vantaxe aos locais.

O Bergan pegaban un arreón final e conseguían empatar. Pero nada máis sacar de centro, Martín combinaba con José Miguel, que se sacaba unha volea espectacular, unha folla seca preciosa que devolvía a poñer aos dumbrieses por diante no marcador.

Quedaban pouco máis de 5 minutos e o Bergantiños pecharon aos locais que conseguiron defenderse ata o final mantendo os 3 primeiros puntos no Conco.

 

Liga Gallega Cadete Grupo Norte, xornada 1

  • Resultado: Porto Burela - Dumbría (1-3)
  • Dumbría: Juan, Jonny, Samuel, Quintáns, Anxo (Nando, m.55), Berto, Moisés, Xan, Alex Sendón, Adrián e Dylan (Christian, m.58).
  • Goles: 0-1, m.7: Adrián; 1-1, m.20: Noel nun córner; 1-2, m.40: Adrián; 1-3, m.72: Christian.

Os dumbrieses desprazabanse A Marosa no primeiro partido do ano. Empezaron ben as cousas para os visitantes que conseguiron adiantarse por medio de Adrián despois de un gran remate dende fóra da área que se colou pola escuadra da portería local. Os locais non se amedrentaron e foron un vendaval con continuas chegadas a meta visitante e acadaron o empate a saída dun córner.

Seguían insistindo os de Burela ante a portería do Dumbría. Unhas veces a súa falta de puntería e outras as intervencións do cancerbeiro Juan facian que o dominio local fora estéril. Cando xa acababa o primeiro tempo, Adrián de novo volvía a poñer por diante aos visitantes sen tempo xa para mais novedades ata chegar o descanso.

Isto veulle de perlas ao Dumbría que, tras correxir erros, saíron mellor no segundo tempo e a pesar do dominio local non pasaban apuros atrás coma no primeiro tempo. Desta forma conseguían ter máis o balón e chegar á portería local con perigosas contras. Estas deron o seu froito no minuto 72 co definitivo 1-3 que sentenciaba a contienda obra do debutante Christian tras unha boa combinación na banda esquerda entre Nando e Alex Sendon que chegaba á liña de fondo para asistir o seu compañeiro.

Tres puntos fantásticos para os dumbrieses que reforzan o traballo dos nenos de cara a afrontar unha tempada que se presenta dura.

Os cadetes ao remate do partido Os cadetes ao remate do partido  

Liga Gallega Infantil, xornada 1

  • Resultado: Residencia - Dumbría (2-0)
  • Dumbría: Emil, Alex Díaz, Carlos Caamaño, Yeray, Periscal; Lucas Toba, Lucas Carballo; Bryan, Iago Muíño, Ángel e Yago Baña. Tamén xogaron: Fabián, Sambade, Jorge Trillo, Iván e José.
  • Goles: 1-0, m.70: de penalti; 2-0, m.77.
Infantis do Dumbria ante o Residencia 2

Este novísimo e renovado Dumbría infantil, con moitos xogadores que ascenderon a cadetes e cun equipo con moitos rapaces de primeiro ano, deixou unha boa imaxe na Cheda, en Lugo, ante un rival superior física, que non futbolisticamente.

Prantouse con moita orde no campo o equipo de Emilio Corzón e Carlos Antelo (o sábado ás ordes de Huelvis), moi contundente, e durante boa parte do primeiro tempo, o partido xogouse ao ritmo do que quixeron os medios centros visitantes, os dous Lucas. Co equipo ben replegado atrás, tocaba roubar e saír á contra e de feito o Resi non tivo nin unha soa ocasión no primeiro tempo, pero si que Yago Muiño e Lucas Toba probaron ao meta local.

Na segunda metade, seguía o Dumbría moi ordenado, e recuperando moitos balóns. Nun roubo chegou a mellor ocasión para os costeiros, pero Ángel mandaba alto un gran pase de Yago Muíño.

Pasaban os minutos e o nivel físico baixaba, mentres o Resi metía máis carne no asador. Os últimos minutos foron de dominio local, pero sen grandes ocasións, e o primeiro gol chegaba nunha man nunha xogada embarullada tras un corner. Estirouse o Dumbría pero nunha contra sentenciaba o cadro lucense.

Cómpre destacar destacar a magnífica actitude e presencia do terreo de xogo do equipo dumbriés, sobre todo no aspecto defensivo.

Infantis do Dumbria ante o Residencia  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios