Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ligas Galegas: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil

Ligas Galegas: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil

O empate do Val en Carballo ante o Bergan, e a gran vitoria dos de Óscar Leis e Diego Lobelos en Viveiro, permítelles aos dumbrieses alzarse de novo ao primeiro posto da Liga Galega Xuvenil, empatado co Vilalbés e con só un punto sobre o propio Val.

No máximo nivel da División de Honra Cadete, o Conco recibía unha desas visitas que, a pesar da goleada, merece vivir. Pasou como un tornado o poderoso Celta por Dumbría, levou os puntos pero deixou moito fútbol para aprender aos de Huelvis.

Liga Galega Xuvenil, xornada 10

  • Resultado: Viveiro - Dumbría (1-4)
  • Dumbría: ⁠⁠⁠Bruno, Jacobo, Pablo, Roberto, Jose Miguel, Yeray, Marcos Mouro, Mauro, Edu, Javi e Juan de Dora. Tamén xogaron: Borja, Isma, Raúl e Luís Lojo (cadete).
  • Goles: 0-1, m.10: Javi a pase de Juan de Dora; 0-2, m.18: Marcos Mouro nun córner; 1-2, m.55: 1-3, m.60: Juan de Dora; 1-4, m.75: Juan de Dora.

Saiu o equipo moi enchufado para resarcirse da derrota da semana anterior. Javi, Edu e Juan de Dora levaban perigo constantemente e antes do minuto 20 Javi a pase de Juan de Dora e Marcos Mouro á saída dun corner metían en vantaxe aos dumbrieses. Edu e Juan de Dora tiraron ao longueiro antes do descanso dando conta da superioridade visitante.

O Viveiro viuse moi superado e tivo uns minutos antes do descanso con demasiada agresividad e impotencia e costoulle una expulsión.

Á volta da caseta o Viveiro tratou de meterse no partido e tivo 10 m moi bos nos que recortou e púxose 1-2. A partir de aí o Dumbría volveu dominar e dous goles do pichichi Juan de Dora sentenciaron o partido.

Un Juan de Dora que suma 11 tantos en 10 partidos, a só 1 do pichichi, precisamente o viveirense Arturo. Xunto co loureán, o camariñán Javi suma 5 tantos, formando unha das mellores duplas da categoría.

 

División de Honra Cadete, xornada 9

Equipo do Dumbría cadete ante o Celta Equipo do Dumbría cadete ante o Celta
  • Resultado: Dumbría - Celta (1-7)
  • Dumbría: Juan Berdullas (Isma, m.70); Ayoze, Josiño, Luís Mayán (Brais Tajes, m.53), Juan Álvarez (Luís Lojo, m.59); Brais Fernández, Fabio, Martín, Adrián, Carlos (Esteban, m.71) e Brandon (Mario, m.63).
  • Goles: 0-1, m.1: Lucas Lestón; 0-2, m.4: Johanes Serpa; 0-3, m.5: David Álvarez; 0-4,m .43: Matín Rafael; 0-5, m.59: Lucas Lestón; 0-6, m.64: Martín Rafael; 1-6, m.67: Mario anota olazo pola escuadra, quizais o mellor da mañá: 1-7, m.74: Samu Vilariño.
11 do Celta no Conco 11 do Celta no Conco

Pasou como un auténtico vendaval polo Conco o Celta, líder todopoderoso da categoría, e encontrouse cun Dumbría quizais máis timorato que noutras batallas, cun punto de intensidad menor.
E se ese baixón é diante dun equipo de tanta calidade, a consecuencia é un resultado tan contundente. Cun 0-3 no marcador ós 5 minutos, ainda que o porteiro cético fixolle a parada da xornada a Adrián con 0-1, o dumbría levantou a cabeza e dou unha boa réplica durante o que restaba de primeiro acto.

O tempraneiro gol olívico no comezo do segundo tempo, non menguou a ilusión do equipo local que intentaba estirarse, sobre todo en combinacións pola esquerda. Os últimos minutos deixaron máis goles para o líder, pero o mellor foi o de mario, o habilidoso mediapunta dumbrinés. Desmarcouse con intelixencia nun saque de banda, recibiu, escorado e colocou na escadra contraria o balón cunha volea extraordinaria. Esa foi a única alegría da mañá. Ademais do orgullo que deben de manter estes rapaces por xogar na máxima categoría do fútbol cadete, e máis con equipazos como esta xeración dos anos 2000-2001 celeste, que cada semana fai as delicias dos afeccionados na Madroa e nos campos de Galicia que visita.

 

Crónicas das Ligas Autonómicas

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios