Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Primeiro paso, adiante

Ligas Galegas: Primeiro paso, adiante
Os Cadetes do Dumbría foron invitados ao Anxo Carro a ver o choque do Lugo co Almería de 2ª División Os Cadetes do Dumbría foron invitados ao Anxo Carro a ver o choque do Lugo co Almería de 2ª División Primeira fin de semana dos dous Dumbrías de Liga Autonómica, e boas sensacións. Falabamos hai pouco co coordinador do fútbol base dumbriés, Óscar Leis, e xa nos contaba que a pretemporada é boa e que o obxectivo é manter as dúas categorías e subir de novo os infantís á Liga Galega. Polo de agora, o sábado viaxaban a Lugo os Xuvenís para estrear categoría e o facían con vitoria. Xa o domingo, a Lugo para caer ante un dos grandes da máxima categoría, pero a disfrutar do fútbol de 2ª División no Anxo Carro, gracias ao detalle do CD Lugo.

Liga Galega Xuvenil, xornada 1

Residencia – Dumbría (2-3)

  • DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Jose Miguel, Pablo Paz, Canario, Yeray, Maikel, Mauro, Juan de Dora, Edu e Javi. Tamén xogaron: Marcos Mouro, Jacobo. Isma e Eloy.
  • Goles: 0-1, m.25: Edu tras unha xogada de Juan de Dora e Javi; 1-1, m.35: tras unha falta; 1-2, m.55: Marcos Mouro; 2-2, m.65; 2-3, m.88: Juan de Dora.
O debut dos xuvenís de Óscar Leis e Diego Lobelos na Liga Galega Xuvenil foi bo, aínda que hai que correxir varias cousas. Empezou creando boas ocasións e pronto Juan de Dora tivo a primeira pero marchoulle alta. Despois Maikel cun disparo ca esquerda puido marcar. Chegou o 1-0 nunha xogada por banda dereita onde participaron Juan e Javi que tras un bo regate deulle o pase a Edu que finalizou chegando desde atrás. Nunha falta lateral empatou o cadro lucense cun bo remate de cabeza, pero o Dumbría seguía dominando e Juan de Dora levantou o balón por encima do porteiro marcando un golazo pero o arbitro anulariao para sorpresa de todos por unha inexistente falta de Javi. Na segunda parte, máis do mesmo. Ocasións visitantes e contras locais. Marcos Mouro, nun barullo na área e cando levaba só 30 o segundo no campo, fixo o 1-2 pero os locais volveron a empatar nun despiste dumbriés atrás. De aí ao final o Dumbría parecía o equipo local e meteu aos lucenses na súa área con ocasións para Juan; Marcos Mouro ao pau; unha doble ocasión de Isma que lla sacaron na raia de gol; un novo gol anulado a Juan por un fóra de xogo inexistente; un disparo a portería de Edu que cortou un defensa ca man pero que o colexiado non viu… O gol tiña que chegar e a falta de dous minutos Juan de Dora fixo o 2-3 para completar a feliz estrea dumbriesa na categoría Nacional. Selfie do debut dos Xuvenis con JP

División de Honra Cadete, xornada 1

Lugo – Dumbría (3-0)

  • DUMBRÍA: Juan Berdullas (Isma, m.41); Esteban (Lojo, m.50), Josiño, Luís, Erre, Fabio, Carlos Claro, Adrián (Juan Álvarez, m.70), Mario (Fran Moreira, m.60), Martín Pereira (Brais Rey, m.76) e Brandón.
Resultado excesivamente abultado o que acadou o CD Lugo diante dun Dumbría que, sobre todo no primeiro tempo, tivo contra as cordas o xogo combinativo do Lugo, a base de presión en campo contrario, bos roubos de balón e contraataques fulminantes. De feito as mellores ocasións ata o minuto 39 de partido eran dos costeiros. Cun Brandón moi bulideiro, con Mario entre liñas facendo dano, e coa velocidad de Adrián e Martín, os de Huelvis e Diego Cespón trataba de ti a ti ó Lugo. Acercamentos perigosos de brandon, 2 tiros ben respostados polo imponente meta local, e unha ocasión clarísima de Martín diante do porteiro, que tardou demasiado en elexir a mellor opción e o final o seu tiro acabou desviado. Con este panorama de máximo equilibrio chegou o minuto, clave. Ese 39 de partido. O central lucense faise cun balón en medio campo, avanza poderoso 15 metros e desde máis de 30 conecta un zurdazo potentísimo imparable para un Juan que tan só tivera que intervir, eso sí con bastante acerto nun remate nun córner A ese gol seguiulle, sin solución de continuidade, unha contra lucense, que Erre neutralizaba no limbo da área, quizais facendo falta fora, pero co dianteiro caendo dentro, que o arbitro sancionou como penalti, que se convertiu no inxusto 2-0 ó final do 1º acto. Na segunda parte o panorama seguiu parello. Cun Dumbría arriscando máis e tendo opcións. Sobre todo un tiro libre indirecto dentro da área lucense, que Fabio estrelou no traseiro dun defensor sobre a liña de gol, e unha picardía de Brandon, que lle roubou a carteira á defensa local, e só ante o cancerbeiro roxiblanco, non foi quen de convertir, cunha nova gran parada da figura do encontro. Cun Dumbría volcado, xa no desconto do 2º tempo, chegou o terceiro lucense. Desde o Dumbría CF queren agradecer todas as atencións que tivo o CD Lugo, invitando a toda a expedición costeira, xogadores, técnicos e pais a presenciar o partido da Liga Adelante, a 2ª División nacional, entre o CD Lugo de luís Milla e o Almería de Sergi Barjuán, que rematou con vitoria local por 1-0.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios