Venres. 29.03.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Xornada para esquecer

Ligas Galegas: Xornada para esquecer

Deixouse no Conco o liderado da Liga Galega Xuvenil o Dumbría. Sorprendeu o Unión que endosou a segunda derrota da tempada ao equipo de Óscar Leis e Diego Lobelos, que pode servir de recuperación de intensidade.

Os cadetes da máxima categoría caeron con contundencia en Pontevedra e teñen a festa da visita do Celta xa con algún que outro apuro na táboa.

Liga Galega Xuvenil, xornada 9

  • Resultado: Dumbría - Unión (1-2)
  • Dumbría: Bruno, Jacobo, Jose Miguel, Canario, Eloy, Marcos Mouro, Maikel, Edu, Mauro, Javi e Juan de Dora.
  • Goles: 1-0, m.30: Juan de Dora; 1-1, m.50; 1-2, m.65: de penalti.
  • Expulsións: os dumbrieses Eloy e Canario, este por beber auga...

Primeira parte na que o Unión foi moito máis intenso e estivo mellor que o cadro dumbriés pero un gol de Juan de Dora adiantou ao equipo local, o 9º da tempada.

Seguía a mesma dinámica na segunda parte, cun cadro visitante máis entonado. Non tardou en chegar o empate, nun despexe dun defensa que pega nun rival e entra. Poudo despois adiantábase os barbanzanos cun penalti inexistente que ademais custaba 2 expulsións locais polas protestas. Con 9 e perdendo, sacaron os locais a mellor versión e tiveron 2 claras para darlle a volta, se ben os visitantes puideron matar o partido á contra.

Queda no Conco descontentos coa prepotencia arbitral, sempre deixando claro que a derrota non foi polas decisións arbitrais.

 

División de Honra Cadete, xornada 9

  • Resultado: Pontevedra - Dumbría (4-0)
  • Dumbría: Isma; Ayoze (Esteban, m.70), Josíño, Luís Mayán (Fran Moreira, m.67), Erre (Juan Álvarez, m.25); Fabio, Carlos, Martín, Carlos, Adrián e Brandon (Mario, m. 58).
  • Goles: 1-0, m.60: Ricardo de falta directa. 2-0, m.73: David Quintela tras varios rexeites dentro da área dumbriesa. 3-0, m.74: En xogada individual. 4-0, m.79: Manu García logo dunha contra.

Tarde aciaga a do Dumbría en Pontevedra, sobre todo no segundo acto, onde tras o primeiro gol local, se veu abaixo e foi incapaz de remontar. O partido comezaba igualado, ainda que con máis posesión pontevedresa, os costeiros tentaban presionar en campo contrario en busca de recuperacións rápidas. Neses primeiros minutos, b rando e Carlos estiveron bulideiros pero pouco atinados nos remates. O Pontevedra tivo a súas primeiras ocasións, pero Isma respondeu con solvencia. Mediada esa primeira parte, chegou a lesión muscular de Erre, un dos puntais deefensivos do equipo, aínda que o polivalente Adrián o substituiu con pundonor e velocidade, secando nese primeiro tempo a un dos baluartes pontevedreses, Dario. O segundo tempo iniciose cun panorama similar, ainda que as primeiras aproximacións foron dumbrinesas, carecían de mordiente. Co partido parello, chegou o desquilibrio co golazo de falta do Pontevedra. Dous minutos despois, puido empatar o Dumbria, pero a cabezada de Ayoze non foi enviada á rede por Fabio por milímetros. Cun partido aberto e de ida e volta, a calidade pontevedresa sentenciou nos últimos 10 minutos, e selou un resultado demasiado abultado, quizais, para os merecementos dos 2 equipos.

Agora preséntase a visita do lider da categoría, o Celta, ó Conco, nun partido bonito de xogar... e por que non, de tratar de puntuar.

 

Crónicas das Ligas Autonómicas

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios