Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Luis, adestrador-xogador do Nantón, lidera a táboa de goleadores

Luis, adestrador-xogador do Nantón, lidera a táboa de goleadores
Image 3ª xornada e xa é momento para ir dando conta dos goleadores das Ligas da Costa. I é que xa temos algunha que outra figura que sobresae do resto. Do primeiro que hai que falar é de Luis (vémolo na primeira foto lanzando a gol esta semana ante o Lira co brazalete de capitán). Non pasan os anos polo eterno adestrador-xogador do Nantón, que xa leva nada menos que 7 tantos en 3 encontros. É, con diferencia, o pichichi da 3ª Autonómica, por diante do muradán Seluco e do xogador do Pereiriña Víctor. Non desmerece o papel que está a desenvolver na Liga da Costa un fisterrán en Camariñas. Mané xa leva 5 goles, e supera en un ao cormelán Iago, que avisa que estará outra vez loitando polo pichichi. Na 1ª Autonómica parece que o pichichi ten nome propio. Adrián Mackaay comeza o ano como rematou o anterior: marcando. Xa leva 4, e se non o evitan os Llanero ou Taski, parece que levará a honra.

3 xornadas marcando

Un detalle co que nos podemos quedar destas 3 primeiras semanas é o mirar cales son os dianteiros que marcaron en todos os encontros. Un deles é Luis, claro, o único da súa categoría. Na Liga da Costa, Mané, Manoliño e Neucha marcaron nos 3 encontros, mentres que Jorge Pichel leva marcados nos dous encontros que xogou pois non puido estar na 1ª xornada. Tamén outro fisterrán, desta volta en Dumbría, leva marcados nos 3 encontros da 1ª Autonómica. I é que o seu apodo ten nome de gol: Adrián Mackaay (aquí o vemos de blanco a pasada semana ante o Perlío). Image

Goleadores

Máis información

  • Clasificacións, resultados, goleadores, e calendarios das Ligas da Costa, Veteranos, Cadetes, Xuvenís e Ligas Escolares.
  • Comentarios