Venres. 19.04.2024
El tiempo

Máis de 50 pilotos participan no 6º Autocross Carballo

Máis de 50 pilotos participan no 6º Autocross Carballo
Marcos Trigo, Juan Puga e Evencio Ferrero presentaron o 6º Autocross Carballo Marcos Trigo, Juan Puga e Evencio Ferrero presentaron o 6º Autocross Carballo Máis de medio centenar de pilotos participan esta sábado - 17 de setembro - no 6º Autocross Carballo, a segunda proba do Campionato Galego de Autocross que se celebra este ano no Circuíto Municipal de Bértoa. Así o explicou na mañá de onte Juan Puga, da escudaría Máis Motor, organizadora da cita coa colaboración do concello, que asegura, ademais, que "vai ser unha proba disputada porque o campionato aínda está por decidir". Así, despois de Carballo tan só quedarán as probas de Rianxo e Ourense, mais a de Bértoa é a cita que conta cun maior coeficiente e na que se xogan máis puntos. Durante a presentación do evento, tanto o alcalde, Evencio Ferrero, como o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, esperan que se cumplan as previsións e o sábado faga bo tempo, xa que dende Máis Motor calculan que arredor de 600 persoas poderían achegarse ata o circuíto municipal. 6º autocross carballo No apartado deportivo, os pilotos que ocupan os primeiros lugares da clasificación están todos moi apretados, con poucos puntos de diferenza entre uns e outros. Na categoría de +1.600 cc. Tino Iglesias ten a Miguel Pombo, piloto local, a tan só dous puntos; en -1.600 cc. tamén está nos primeiros postos Tino Iglesias, que compite nas dúas categorías, con Dani Castro, de Máis Motor, pisándolle os talóns; en carcross Quim Chamorro, de Máis Motor, é o primeiro perseguido polo subcamión de España; e en 4x4 Perfecto Calviño e Diego Mantiñán están empatados a puntos. En todas as categorías a emoción está asegurada. Horarios A cita comeza no Circuíto de Motor de Bértoa a partir das 10 horas coas verificacións, mentres que os pilotos saltan á pista ás 12 horas cos adestramentos. Xa pola tarde, as semifinais teñen lugar a partir das 15:30 horas, mentres que as finais son a partir das 17:30 horas. O prezo da entrada é de 10 euros, mentres que os nenos e nenas teñen acceso gratuíto. Novas relacionadas Fonte

Comentarios