Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Mala semana para as mozas do volei costeiro nas Ligas Galegas

Mala semana para as mozas do volei costeiro nas Ligas Galegas

Mala semana para as mozas do volei costeiro, na pasada xornada das Ligas Galegas.

As infantís do Manuela Rial caeron derrotadas fronte ao Fisioterapia Cinesia de Noia por 1-3 no encontro disputado o pasado día 17, no Pavillón Municipal de Dumbría. Os parciais foron de 21-25, 25-13, 13-25 e 18-25.
As xogadoras do Manuela non estiveron nada acertadas desde a liña de 9 metros, o que impedía puntuar co saque, e tan só no segundo set foron capaces de causar problemas na recepción do equipo de Noia. Pola súa banda, as noiesas puñan en constante apuro ao equipo local á hora de sacar e baseaban o seu ataque na potencia das súas centrais que en ningún momento do partido foron controladas polo equipo local. Con esta derrota as de Noia empatan co Manuela Rial na clasificación.

Pola súa banda, o equipo cadete do Voleibol Dumbría perdía por idéntico resultado ante o V. Pontevedra, con parciais de 25-19, 12-25, 14-25 e 17-25.
Tan só no primeiro set as dumbriesas estiveron metidas no partido, logrando combinar en ataque e levando a iniciativa do xogo. A partir de aí unha serie de fallos tanto no saque como na recepción fixeron que as pontevedresas levasen o partido con certa facilidade, xa que as locais non eran capaces de atacar con fluided e con todo as visitantes empezaron a combinar e a facer estragos por zona 3.

Vindeira cita

Este sábado ás 12:00h o Voleibol Dumbría visita a cancha do líder da categoría, o Zalaeta da Coruña.

Os mozos, despois do descanso da semana pasada, xogan contra Santa Mª do Mar, os infantís ás 10:30 h e os cadetes ás 12:00 h.

Ademais, as infantís de Liga Galega xogarán o domingo 25 ás 11:00 no Pavillón Municipal de Dumbría fronte ao San Martiño de Orense.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios