Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Malpica acolle esta fin de semana a II Copa da Costa de fútbol sala feminino

Malpica acolle esta fin de semana a II Copa da Costa de fútbol sala feminino
Calendario II Copa da Costa FSF 2017

Que mellor broche de ouro para a temporada exitosa do FSF costeiro, que coa celebración da II Copa da Costa de Fútbol Sala Feminino. Despois da satisfacción do ano pasado en Corme, este ano tócalle a Malpica acoller a II edición desta festa do FSF que organiza a AD Vidú, baixo a tutela da Federación Galega de Fútbol Sala.

Nesta segunda edición que terá lugar o vindeiro sábado 10 de xuño no pavillón municipal de Malpica de Bergantiños serán tres os equipos participantes, un menos que na primeira Copa da Costa de fútbol sala feminino debido a que o actual campión da liga provincial, o SD A Baña, e o Ponteceso FSF, actual campión da copa provincial, non poden asistir por falta de efectivos para a data na que se celebrará esta competición.

Por tanto, un Fisober que este ano fixo unha gran tempada que o levou a acadar a ansiada permanencia na Segunda División Nacional do fútbol sala feminino; un Villa de Cee que na súa primeira campaña na Liga Autonómica acadou manterse na categoría e competir moi ben en cada un dos seus partidos; e un Atletes que segue medrando e crecendo a pesar da súa xuventude; serán os equipos que participarán nesta segunda edición da Copa da Costa FSF que se comeza a afianzar no panorama do fútbol sala feminino da Costa da Morte.

A competición será de Liguilla. Pola mañá haberá dous encontros nos que ao Atletes de Esteiro lle tocará doble ración xa que as esteiranas enfrontaranse ao Villa de Cee e ao Fisober, ás 11.00h. e ás 13.00h., respectivamente. Mentres que pola tarde, ás 18.00h., serán o Villa de Cee e o Fisober os que se verán as caras no derradeiro partido da competición.

Este ano, a Copa da Costa de fútbol sala feminino terá como madriña a unha ilustre da zona deste deporte como é a muxiana Patri Romaní, que actualmente milita no Viaxes Amarelle FSF.

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Fonte

Comentarios