Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica acolle unha nova propia de Surf para novas promesas

Malpica acolle unha nova propia de Surf para novas promesas

Se imos ter que esperar ata o 25 de novembro para coller as ondas da praia de Lariño, en Carnota, esta fin de semana,, se o tempo o permite, será a Praia de Area Maior de Malpica a que acolla a 6ª Proba do Circuito Gallego Infantil e Xuvenil .

A cita será o vindeiro sábado día 10 de novembro, proba que fora aprazada no pasado mes de maio por previsións negativas para o desenvolvemento da competicion. A priba está artellada pola Federación Galega de Surf e Silfo surf club. O prazo de inscrición pecha o xoves ás 13:00h.

Seguinte proba en Carnota

E como diciamos, a proba de Lariño, o 5ª Proba do Circuíto Open de Bodyboard na praia do Faro (Carnota), foi suspendida polas predicións do mar. Así que queda aprazada para o domingo 25 de Novembro. Polo tanto, o prazo de inscrición segue aberto para os interesados en anotarse. Como sempre o xoves antes da competición, pechásese o prazo de inscrición, e o venres publicarase o horario dá proba e as mangas.

No caso de que as condicións non se presenten favorables o día 25 de novembro, trasladariámonos á praia de Barrañan-Arteixo.


Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas

Fonte

Comentarios