Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Malpica de Irmandiños

Malpica de Irmandiños
  Un só punto separa ao Soneira do ascenso a Preferente; pode e debe chegar este domingo na Pedra Queimada; na Liga da Costa é o San Lorenzo-Sporting Zas un dos encontros máis importantes do curso O Soneira pode cantar o aliron en Malpica O Soneira pode cantar o aliron en Malpica. Foto do curso pasado de Wash Calvo A conta atrás para a nai de tódalas festas entra na súa recta final. Chegou a primeira fin de semana na que o Soneira pode ser novo campión de Primeira Autonómica, e con elo facer de Vimianzo unha sorte de capital da emoción, do orgullo e a festa con retranca. Só un punto separa aos de Manolito. E enfrente estará un rival que xa bastante mérito e dignidade ten amosado ao competir prácticamente todo o mes con once futbolistas. As realidades son case antagónicas: un conxunto abatido e descendido contra outro case en Preferente, un proxecto que ten pegado múltiples trocos e que ten 'pescado' no fútbol da Coruña contra unha aposta do máis caseira. E sobre todo, como diría Valdano, esa máxima de que "o fútbol é un estado de ánimo", e se é así o Soneira é invencible. Non será necesaria unha charla ao estilo de Al Pacino en Un domingo cualquiera, nin videos motivacionais rollo Guardiola e Gladiator. Seguramente, o único que teña que dicir, e bastará, o técnico do Soneira é: "salgan e xoguen". Haberá desprazamento masivo, unha costume moi productiva que se está a poñer de moda no fútbol da Costa. Pero non será a da Pedra Queimada a única final da xornada en Primeira. E senón que llo pregunten a Baio e Corme, agora mesmo en postos de arrastre, e que loitan por deixarse un ao outro na táboa de clasificación. Ven o Baio de competir ben, pero tamén con baixas importantes en momentos chave. E ven o Corme de non atopar o punto defensivamente. En Asados, de non perder co Unión, o Sofán tamén terá pegado un paso importantísimo rumbo á segunda praza. Fisterra-Cee en Ara Solis sempre con ambiente Se así estaba xa Ara Solis para o Fisterra-Cee do ano pasado, esta fin de semana vai rebentar Cheira a decisiva e imprevisible a xornada na Liga da Costa, co epicentro fundamental de As Pedreiras de Verdillo. Alí, o San Lorenzo, terceiro, recibe a un Sporting Zas colíder e que aventaxa en seis puntos. De vencer, os carballeses levarían o average e algunha esperanza de loitar todavía polo ascenso. Os de Pedro Gómez non atravesan o seu mellor momento, como quedou claro en Esteiro, pero factor campo pode ser tamén determinante. Cun ollo nesa fronte estará o líder, a SD Fisterra, para quen incluso foi agridoce a derrota do San Lorenzo o pasado domingo. De ter puntuado, seguramente a contienda tería sido un calvo de cultivo para os intereses verdillos, fose cal fose o resultado. Ara Solis volverá ser un sambódromo ante un Unión Club Cee que chegará co morbo de tentar sacarlle o título ao seu eterno rival. E nesas pelexas nunha é aconsellable ter enfrente a Alfredo Cambeiro. Porteño-Ponteceso e Coristanco-Buño son os dous encontros onde se loitará por escapar dos arrastres a Terceira Autonómica. Precisamente, na categoría máis baixa Corcubión buscará o que non conseguiron a pasada semana: vencer a Camelle e Nantón respectivamente. O partido en Muxía foi suspendido polo facelemento do cadete en Ara Solis. E na Preferente, despois do 'tortazo' do Dumbría, o Xallas terá que vencer en Lugo á Milagrosa. Atentos estaremos tamén á base, cunhas semifinais da Copa da Costa Xuvenil tremendamente intensas. Ara Solis e o Hermanas Patiño acollerán sendas loitas. Ademais, rematan as Ligas Cadetes e Infatís cos flamantes campións, xa dende hai tempo, Corme e Dumbría. E ollo aos Veteranos que disputan a penúltima xornada con choques directos nun tolo treito final de tempada.  

Preferente Norte, xornada 34

 

Primeira Autonómica, xornada 32

 

Segunda Autonómica, xornada 32

 

FasedeAscenso á 2ª Autonómica

Promocion a 2  

CopadaCosta Xuvenil, volta dos Cuartos

Copa da Costa Xuvenil Horarios semis  :

Primeira Cadete, xornada 30

Primeira Infantil, xornada 30

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 28

AlevínCosta Norte F8, xornada 8

BenxamínCosta Sur F8, xornada 28

BenxamínCosta Norte F8, xornada 8

Prebenxamín Costa F8, xornada 9

 

Veteranos, 1ª División, xornada 29

Veteranos, 2ª División, xornada 29

 

Novasrelacionadas

Máisinformación

Fonte

Comentarios