Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Malpica prepárase para a II BTT

Malpica prepárase para a II BTT
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na II BTT Malpica-Nariga que terá lugar o vindeiro 5 de novembro. A ruta completa consta de 48 quilómetros, cun desnivel total acumulado de 1350 metros, nos que se combinan todo tipo de terreos. Como novidade - segundo indica a organización - fixarase un punto de cronometraxe en Nariga para aqueles participantes que desexen facer só a primeira parte da proba (27 quilómetros). A saída realizarase ás 10 horas dende o porto de Malpica e entre as 13:30 e as 17 horas ofreceráselle un xantar a todos os participantes. Os interesados en participar teñen ata o 3 de novembro como data límite para anotarse. O custe é de 20€ por participantes nos que se inclúe a comida. A organización - que conta colaboración do concello de Malpica - repartirá trofeos entre os dez primeiros clasificados e haberá varios sorteos de agasallos entre todos os participantes. Máis información Fonte

Comentarios