Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Marcos Sánchez gaña coa selección galega o campionato de España de Slalom por equipos

Marcos Sánchez gaña coa selección galega o campionato de España de Slalom por equipos
A patrulla galega impusoxe ao resto dos equipos autonomicos A patrulla galega impusoxe ao resto dos equipos autonómicos A localidade murciana de Calasparra acolleu a pasada fin de semana o campionato nacional de Slalom de augas bravas para a categoría infantil. Ata alí desprazouse o deportista dumbriés Marcos Sánchez quen non foi capaz de revalidar o título de campión de España Infantil de Slalom que dispoñía. As sensacións non foron nada boas en todo a fin de semana. Na xornada do sábado escapáronselle practicamente todas as opcións de podium despois de só poder marcar como mellor posto un quinto lugar. Xa o domingo, Marcos Sánchez conseguiu marcar tempos sempre entre os tres primeiros. Mais o dumbries non volveu de valeiro das augas do río Segura xa que na competición de Slalom por Equipos - e formando equipo na patrulla de Galicia  cos deportistas Yago Varela (clube Penedo de Tui) e Pablo Vazquez (club Tea de Mondariz Balneario) -  impuxéronse con claridade ao resto de equipos que representaban as demais comunidades autonómicas, completando o podium o equipo de Pais Vasco e de Murcia. En canto a demáis representación dumbriesa en Murcia, Xiana Castro e María Canosa cumpriron no seu debut nunha competición a nivel estatal, empatando no sétimo posto despois de realizar unhas mangas dignas e nas que quedou claro que ainda poderán para a tempada que ven dar bastante máis de sí.   Novas relacionadas

Fonte

Comentarios