Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mario, catro goles buscando a salvación

Mario, catro goles buscando a salvación
Está nunha situación límite o Outes. Complicada e paradóxica, pois pode ganar case todo en fútbol base pero o senior está a sufrir moito. E podería estalo máis de non ser a clara vitoria conseguida a fin de semana pasada contra o Zas. Esa vitoria tivo un nome propio: Mario Roo Ferrer. Autor nin máis nin menos que dos catro tantos que se viron no Cunchido, o ex xogador de Negreira e Noia cumple a súa cuarta tempada en Outes, sendo un home importante o ano do ascenso e os dous de 1ª Galicia, e agora é un dos xogadores de referencia dun Outes que se xoga a tempada este domingo en Vimianzo ante o Baíñas. Unha vitoria deixaraos fora do descenso directo, e dependendo do resultado o Cee, incluso do arrastre. Isto nos contou Mario: QPC - Vaia tarde tiveches contra o Zas. Tiñas marcado algunha vez 4 goles? Pois a verdade é que non son un rapaz moi goleador, teñoos marcado nalgún torneo de fútbol sala pero o que a fútbol campo se refire non pasei de dous no mesmo partido. QPC - Saíuvos un partido redondo xusto no mellor momento. Pois a verdade é que como equipo fixemos un dos mellores partidos da tempada.  Eles tampouco presentaban a intensidade doutros dias, o cal vexoo normal dado que teñen o seu obxectivo máis que cumplido. Nos sabíamos da importancia que tiña polo que saímos moi serios e ordenados e as ocasións foron chegando. Co primeiro tanto pouco antes do descanso, que sempre da algo de tranquilidade e confianza, fomos con vantaxe ó descanso. Na segunda metade máis do mesmo, o Zas apenas creou perigo e os nosos goles foron chegando. QPC - Estades nunha situación complicada a pesar da vitoria. O vestiario todavía cre na salvación? A verdade e que a situación non é nada fácil pero como se di a esperanza é o ultimo que se perde, e nos loitaremos ata o final. QPC - Que cambiou en Outes para pasar de tan boas tempadas a loitar por non descender a 3ª? Pois este ano todo se torceu un pouco, a falta dun goleador como Piki, un líder como Amoedo e uns capitáns como David e Saúl nótanse e moito. E se a maiores lle engadimos o sen fin de lesións de longa duración como a de Chua, Martin, Elias, pois supoño que todo iso tivo moito que ver.     QPC - Para quen non te coñeza, quen é Mario Roo futbolísticamente? Pois empecei con sete anos nas categorías inferiores do Noia ata o 2º ano de xuvenil, no que me chamou o Negreira para xogar na Liga Nacional e aceptei. A seguinte campaña paseina adestrando e debutando co primeiro equipo na 3ª División. O ano seguinte regresei a un Noia que se atopaba na 1ª Galicia, fomos campións de liga e conseguimos o ascenso a Preferente, onde estaría ata mediados de tempada, e ahí por motivos laborais decidín fichar polo Outes. Ese mesmo ano gañamos a liga da costa e conseguimos o ascenso a primeira, unha pena que tras dous anos descendamos por motivos de arrastres. QPC - Que tal te atopas no Cunchido? Estou moi contento tanto coa directiva como cos compañeiros, dado que fomos xuntos á escola e xa nos coñecíamos a maioría de tempo atrás. Mención especial á grandísima afección que temos, acompáñanos todos os domingos dando forza e ánimos dende as gradas. QPC - Que che parece o fútbol costeiro en xeral e a actual Liga da Costa en particular? Unha liga moi competida, moi igualada, non hai ningún equipo peor que outro, calquera lle gañaba a calquera e iso fai unha liga moi bonita. Nos mesmos perdemos co Cee, un dos que loita por salvarse e lle gañamos ó Corme, Baíñas ou Esteirana, que son dos máis fortes. É unha liga que da gusto xogala, non ten nada que envexarlle a ningunha outra, en case todos os campos están as gradas cheas todos os domingos dando apoio aos seus equipos. É unha liga espectacular e sendo unha 2ª Galega conta con xogadores de moito nivel, isto faina moito mais competida e interesante. De feito no que respecta a 3ª, 2ª ou 1ª Galicia non creo que haxa ningunha con moitos máis espectadores.

Comentarios