Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Marta Calvo pega un salto de idade e xa vai ca Selección Galega sub17 ao Campionato Nacional

Marta Calvo pega un salto de idade e xa vai ca Selección Galega sub17 ao Campionato Nacional
Marta calvo coa Seleccion Galega sub17 Marta Calvo, primeira pola esquerda na fila de abaixo, coa Selección Galega sub17 Marta Calvo nunha foto coa seleccion Corunesa Marta Calvo, nunha foto coa selección Coruñesa A xogadora do Outes Marta Calvo pasa por ser a única xogadora da Costa da Morte que participará no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Femininas (1ª fase), que se vai a celebrar este fin de semana no campo municipal de Santa Isabel, en Santiago de Compostela. A da Serra, segue medrando e apenas uns meses despois de vencer un Campionato Galego de Seleccións Comarcais coa Coruñesa sub15, e con aínda 15 anos recén cumplidos este pasado mes de novembro, pega un salto de categoría e formará parte da Selección Galega sub17. Marta , que aínda podería xogar coa sub15 (naceu o 21/11/03), foi escollida por Quin Balbuena para asumir o posto de central ou lateral na sub17, demostrando a impresionante proxección que ten. A día de hoxe combina entre cadetes e xuvenís co Outes C.F., e os dianteiros das ligas escapan dela pola súa fortaleza física e o seu tremendo xogo aéreo. Ademais de vestir a camisola galega e de competir cas mellores de España, disfrutará de experiencias como coñecer de preto a unha das mellores xogadoras da historia, a galega Vero Boquete. Debutará o venres 14 ante Estremadura, ás 12:30h, e o domingo tocaralles xogar ante Castilla e León, á mesma hora. Veremos que resultados colleitan as galegas pensando nas seguintes fases, pois despois haberá unha segunda fase, coa que se sumarán os puntos obtidos (repártense as seleccións en distintos grupos, a sé por grupo) e as catro selecciones de cada categoría que consigan o maior número de puntos (aplicando os criterios de desempate establecidos no reglamento) clasificaranse para a fase final.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/laura-torrado-e-marta-calvo-campionas-de-galicia-coa-corunesa-sub15/ https://quepasanacosta.gal/marta-calvo-igualdade-na-costa-da-morte/

Comentarios