Martes. 23.04.2024
El tiempo

Martes de festa en Ponteceso

Martes de festa en Ponteceso
O Bainas ganou ao Zas-Foto-Alejandro Mel O Baíñas gañou ao Zas na estrea de Corredoira e deixa ao Ponteceso no liderado-Foto-Alejandro Mel Este martes de Fútbol da Costa (tendes todos os resultados en www.futboldacosta.com e aquí o cadro da Copa da Costa 2016) déixanos un equipo vitorioso, case sen xogar: O Ponteceso.

A #LigadaCosta

O equipo pontecesán queda de líder en solitario da Liga da Costa trala derrota do Zas ante o Baíñas, no último partido da xornada 14. Foi un choque moi emotivo, no que se estreaba Corredoira no banco verde, ante a que foi a súa casa durante moito tempo. O equipo vimiancés adiantouse ao comezo da segunda metade cun tanto de Mario Casal, na ocasión menos clara do partido e coa axuda dun defensa, pois houbo varias ocasións nas que se cantou o gol. Como unha do Zas na que non chegaron a rematar en boca de gol, e os puntos quedaron en Vimianzo, para un Baíñas que ademais, gañou aos puntos, pois marcou e soubo defener con moito oficio a súa vantaxe. A #MarcaCorredoira xa se nota en Baíñas.

Estreouse a #CopadaCosta

Arrincou a Copa da Costa 2016 e o fixo sen sorpresas. O Soneira batiu ao Coristanco cos goles de Vía Rápida (2), Basti (2), Richi, Óscar e Cristian Figueroa. Mentres o Outes dou conta do Camelle, equipos que coincidían na campaña 2011-2012 na 3ª, pero sobre os que os anos pasaron de xeito diferente. O equipo de Manu Roque estivo moi serio e concentrado e gañaron por un claro 0-4 con 2 goles de David, un de Piki e un de Veleiro.

O Ponteceso, campión da Liga Norte Xuvenil

[fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/876384965813495/" width="660" height="500" onlyvideo="1"] Así celebraba o equipo pontecesán o alirón da Liga Xuvenil Norte, cando faltan 3 xornadas para o remate da primeira fase. Os de Fernando vencían apuradamente en Arliña e suma 11 puntos máis que un Cabana que non pasaba do empaye en Camariñas. O cadro cabanés ten un pé na fase de campións, e o Baio colícase, tras vencer ao Zas, como aspirante a esa 3ª pero o Coristanco está moi preto, pois tamén vencía ao Porteño. Baio-Zas Xuvenil-Foto-Alejandro Mel O Baio gañou ao Zas e achégase á Liguilla de Campións-Foto-Alejandro Mel Polo Sur, o Xallas xa ten o pase á Liguilla de campións asegurado dende hai tempo pero aínda terá que esperar para celebrar o alirón. Por detrás, o Cee vén con moita forza, e xa asegurou a súa praza na Liguilla de campións tamén tras vencer no derbi ao Fisterra. Parece que o Montelouro ten un pé nesa Liguilla, pois saca 7 puntos ao Outes, pero cun partido máis. Montelouro-Corcubion - Foto-Xose Sendon O Montelouro puido co Corcubión e mete un pé na Liguilla de campións- Foto-Xose Sendon

Malas Ligas Galegas

Non foi bo martes para os equipos dumbrieses das Ligas Autonómicas. O equipo xuvenil, que viña de gañar ao líder, foise do partido tras varias decisións arbitrais polémicas, e caía 4-0 en Boiro, un dos rivais directos que tamén gañaban, provocando que os de Leis e Lobelos acaben a semana na 5ª praza, pero aínda a 3 do liderado. Mentres, os cadetes caían en Vigo ante o Coruxo e seguen complicándose a salvación.  

Copa da Costa, Previa

Cadro da Copa da Costa 2016 665  

2ª Autonómica, xornada 14

Baíñas 1-0 Zas
 

Liga Galega Xuvenil, xornada 14

Boiro 08/12 - 18:30 Dumbría

División de Honra Cadete, xornada 14

O Grove 3-1 Dumbría
 

Liga Xuvenil Sur, xornada 15

Outes 1-1 Esteirana
Fisterra 1-4 Cee
Montelouro 6-1 Corcubión
Os Miúdos 3-0 Castriz

Liga Xuvenil Norte, xornada 15

Baio 4-0 Zas
Muxía 0-1 Ponteceso
Coristanco 5-3 Porteño
Camariñas 0-0 Cabana
 

Liga Alevín F8, xornada 11

Lira A 5-2 Xallas B
As Baleas 4-6 Dumbría B
Sofán Afición 1-2 Outes A
Dumbría A 3-0* Os Miúdos B
Os Miúdos A 1-2 Xallas A
Cee A 4-3 Fisterra
Lira B 0-10 Esteirana A
Sp. Zas 1-4 Sofán Respeto
  • O Dumbría-Os Miúdos B estaba para o luns 7 e o cadro muradán non se preentou.

Liga Benxamín F8, xornada 11

Sofán 0-5 Outes
Dumbría 12-2 Os Miúdos B
Os Miúdos 2-2 Xallas
Cee 8-4 Fisterra
 

Ligas de Veteranos, xornada 12

At. Milagrosa1-2San Lorenzo
Soneira2-1Dumbría
 

Crónicas da semana

 

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios