Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Martín Varela pecha a tempada a golpe de títulos

Martín Varela pecha a tempada a golpe de títulos

Non puido disfrutar do soño das Olimpiadas, pero o cormelán Martín Varela non desiste. O integrante da Asociación Deportiva Vidú, competiu este fin de semana na primeira edición do Open Cidade de Móstoles. Tras proclamarse campión a semana pasada no Open de Ferrol, o cormelán decidiu competir nesta primeira edición do Open de Móstoles para dar por finalizada a tempada en canto a torneos nacionais.
De aquí a final de ano participará no Campionato de España por Autonomías e no Máster Nacional de tenis en cadeira de rodas.

Triunfo en Móstoles

No cadro individual Varela (nº 1 do ranking nacional) partía como cabeza de serie nº1 e alcanzaba a final esperada ante o rioxano Juanjo Rodríguez (nº 4 do ranking nacional) e segundo cabeza de serie do torneo.

En primeira rolda xogou ante o xogador cacereño José Calzada ao que superou con facilidade cun dobre 6/0. Xa en cuartos enfrontouse ao xogador madrileño Carlos Fernández, ao que vencía por 6/1 e 6/0.
En semifinais disputouse un dos mellores partidos do torneo, o que enfrontou a Martín Varela e ao mozo xogador local Roberto Chamizo (nº 6 do ranking). Chamizo proclamouse o ano pasado Campión do Mundo Junior se tenis en cadeira de rodas e este ano a pesar de non disputar moitos torneos mantén un bo nivel de forma.
O cormelán Varela xogou un moi bo partido, o que lle permitiu vencer en dous sets, 6/4 e 6/0. Chamizo realizou un bo primeiro set pero no segundo Varela mostrou un mellor estado de forma e fíxose co partido.

A final esperada disputouse o domingo 9 entre Varela e Juanjo Rodríguez. É a terceira final que disputan estes xogadores este ano en torneos nacionais e en todas venceu Varela. De novo un entonadísimo Martín non deu opcións a Juanjo e venceu na final por un dobre 6/2.

Na competición de dobres Varela fixo parella con Manuel Cantelar alcanzando a final do torneo, onde caeron ante a parella Chamizo-Gutierrez nun axustadísimo 6/7, 6/4 e 11-9 no super tike break.

Vindeiras probas

Martín Varela termina o ano vencendo nos torneos de Caspe (Aragón), Ferrol e Móstoles; ademais de proclamarse Campión de España e Campión Galego da especialidade neste 2012.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios